Facultade Xeografía e Historia USC

Facultade Xeografía e Historia USC Conta oficial da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

09/10/2026

O ciclo 'Momentos da cultura galega' da Real Academia Galega elixiu o centenario da publicación da obra teatral O Mariscal, escrita a catro mans por Antón Vilar Ponte (1881-1936) e Ramón Cabanillas (1876-1959), como eixe do seu encontro anual. A xornada, de entrada libre, terá lugar o xoves que vén, 15 de outubro, no Museo Ramón Cabanillas (Cambados) a partir das 16:30 horas.

A Sección de Historia propón afondar na Galicia do primeiro terzo do século XX a través dun texto que contribuíu a consolidar a figura do mariscal Pardo de Cela (1425-1483) como un símbolo das liberdades galegas. A cita, coordinada polo director da Sección, Ramón Villares, celébrase coa colaboración da Deputación Pontevedra e o Concello de Cambados.

O académico Pegerto Saavedra trazará no primeiro relatorio un retrato do nobre baseado nas fontes históricas. Distan estas dos ecos populares e literarios que alimentaron a súa mitificación xa desde pouco tempo despois de que fose decapitado pola súa oposición ao poder dos Reis Católicos.

O investigador viveirés Emilio Ínsua, especialista na figura de Vilar Ponte, exporá na seguinte intervención o contexto cultural da década de 1920 en que viu a luz 'O Mariscal'. O profesor da Universidade da Coruña Antonio de Toro afondará pola súa banda na influencia do teatro irlandés no novo drama galego do primeiro terzo do século pasado; e a profesora de piano Nelly Iglesias Ríos participará cunha contribución sobre a adaptación operística da obra literararia que realizou o arquitecto coruñés Eduardo Rodríguez Losada (1886-1973), a quen lle dedicou a súa tese de doutoramento.

A tarde concluirá cunha visita ao Museo de Cabanillas guiada polo académico Francisco Fernández Rei.

Facultade Xeografía e Historia USC

📢 Peche da FacultadeInformamos de que o vindeiro luns, 12 de outubro, a Facultade permanecerá pechada con motivo do Día ...
09/10/2026

📢 Peche da Facultade

Informamos de que o vindeiro luns, 12 de outubro, a Facultade permanecerá pechada con motivo do Día da Hispanidade.

👉 A actividade académica e administrativa retomarase con normalidade o martes, 13 de outubro.

🟪 XORNADAS | Xénero, produción e coidadosA vindeira semana, o Museo do Pobo Galego, acollerá as Xornadas de Xénero, Prod...
09/10/2026

🟪 XORNADAS | Xénero, produción e coidados

A vindeira semana, o Museo do Pobo Galego, acollerá as Xornadas de Xénero, Produción e Coidados a través da perspectiva Transhistórica, organizadas no marco do proxecto Coidarq: Coidados, materialidades e espazos.

Dúas xornadas para reflexionar sobre os coidados, os vínculos, os corpos, os territorios e as memorias que sosteñen a vida, desde unha perspectiva transhistórica.

📚 O programa inclúe conferencias, ponencias, mesas redondas e actividades divulgativas, arredor de tres eixos: coidar as raíces, coidar a memoria e coidar o rural.

📅 15 e 16 de outubro de 2026
📍 Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela
📝 Inscrición: https://coidarq.com/inscripciones-abiertas-para-las-jornadas-de-genero-produccion-y-cuidados-a-traves-de-la-perspectiva-transhistorica/

As xornadas están financiadas polo Ministerio de Igualdade e o Instituto das Mulleres, no marco do PAC 2025, e contan coa colaboración da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, o Museo do Pobo Galego, o CISPAC e o Grupo de investigación Sincrisis. Investigación en Formas Culturais.

XXIII COLOQUIO INTERNACIONAL DA AEIHM | Mujeres en la Historia GlobalA Asociación Española de Investigación de Historia ...
09/10/2026

XXIII COLOQUIO INTERNACIONAL DA AEIHM | Mujeres en la Historia Global

A Asociación Española de Investigación de Historia de las Mujeres, en colaboración co Grupo Aevum. Idade Media e Medievalismos e o CISPAC, organiza este coloquio internacional que sitúa as mulleres como protagonistas dos procesos de mobilidade, encontro e intercambio, e como axentes na creación de redes entre persoas, territorios e estados.

📅 Do 21 ao 23 de outubro
📍 Paraninfo da Universidade, Aula 2, Aula 16
🔗 Inscricións, programa e máis información: https://xxiiicoloquio2026feminismos.aeihm.org/programa/

🟦 EXPOSICIÓN |  A Facultade de Xeografía e Historia acolle a exposición  , unha mostra sobre as deportacións aos campos ...
08/10/2026

🟦 EXPOSICIÓN |

A Facultade de Xeografía e Historia acolle a exposición , unha mostra sobre as deportacións aos campos de concentración n***s e a recuperación das pertenzas persoais das súas vítimas.

📷 Fotografías, xoias, carteiras, documentos e outros obxectos que foron confiscados no momento da detención e que, décadas despois, poden contribuír a reconstruír as historias e as vidas das persoas perseguidas polo n***smo.

A iniciativa, activa desde 2016, busca tamén localizar as familias das vítimas e devolverlles estes obxectos, que aínda hoxe permanecen en arquivos. Actualmente, arredor de 2.000 sobres con pertenzas persoais agardan ser devoltos aos seus familiares.

A mostra está organizada por Arolsen Archives, coa colaboración de Hispona, a Universidade de Santiago de Compostela e a Cátedra de Memoria Democrática da USC, e o apoio da Xunta de Galicia.

📍 Claustro do 1º andar
📅 Do 14 de outubro ao 6 de novembro

XI Xornadas Internacionais | Mujeres en la Historia: Mujeres y ejércitosXornadas organizadas polo grupo de investigación...
08/10/2026

XI Xornadas Internacionais | Mujeres en la Historia: Mujeres y ejércitos

Xornadas organizadas polo grupo de investigación Culturban-USC , dedicadas nesta edición á relación entre mulleres e exércitos. O encontro reunirá especialistas nacionais e internacionais para afondar nas experiencias das mulleres vinculadas á vida militar na Idade Moderna, abordando cuestións como a vida en campaña e nos presidios galegos, o impacto da regulación militar na vida familiar e cotiá, a xustiza militar ou as traxectorias de mulleres singulares.

📅 Venres 16 de outubro
📍 Aula 8
💻 Presencial e en liña (Microsoft Teams)
🎟️ Inscrición gratuíta: [email protected]
🔗 Máis información: https://piculturban.wixsite.com/culturban/actividades

🎓 Asignación de titor/a de TFG | Curso 2026/27Sesión de asignación de titor/a de TFG para os graos de Historia da Arte, ...
08/10/2026

🎓 Asignación de titor/a de TFG | Curso 2026/27

Sesión de asignación de titor/a de TFG para os graos de Historia da Arte, Historia e Xeografía.

📅 Martes 13 de outubro
🕐 13–16h
📍 Aula 7 ou en liña por Teams

📌 Que debes facer? Leva as túas opcións de liña temática ordenadas por preferencia. A asignación realizarase por orde de nota: se a primeira opción xa está ocupada, pasarase á seguinte.

💻 Se non podes asistir presencialmente, poderás conectarte en liña por Teams. Se non podes asistir de ningún xeito, deberás enviar as túas preferencias a [email protected] antes do 10 de outubro ás 13h.

⚫ Dende a Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela lamentamos profundamente o pasamen...
08/10/2026

⚫ Dende a Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela lamentamos profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras.

O noso afectuoso saúdo á súa familia e amizades.

Economista, escritor, pai, parella e polemista, por riba de todo foi un animal político atacado e admirado máis alá dos seus pronunciamentos

08/10/2026
08/10/2026

Dirección

Praza Da Universidade, 1
Santiago De Compostela
15703

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 20:30
Martes 09:00 - 20:30
Miércoles 09:00 - 20:30
Jueves 09:00 - 20:30
Viernes 09:00 - 20:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Facultade Xeografía e Historia USC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría