22/08/2025
ℹ️ 𝐂𝐚𝐧𝐝𝐨𝐫𝐜𝐚𝐬 𝐞 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐚𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐧𝐚 𝐜𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚. 𝑹𝒆𝒔𝒑𝒆𝒄𝒕𝒐 𝐞 𝒑𝒓𝒆𝒄𝒂𝒖𝒄𝒊𝒐́𝒏
👉🏽 A 𝐈𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 e o 𝐂𝐨𝐧̃𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 son a mellor opción e convértense nos teus máis valiosos aliados.
O pasado mes de xullo constatouse por primeira vez este ano a presenza de candorcas na zona de Corrubedo. Onte coñecimos a interacción de candorcas con ata tres embarcacións ao norte do arquipélago das 𝐢𝐥𝐥𝐚𝐬 𝐂𝐢́𝐞𝐬, na 𝐂𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚 𝐕𝐞𝐥𝐚, quedando un veleiro á deriva e sendo remolcado ata o interior da ría de Vigo por Salvamento Marítimo sen maiores consecuencias.
Estas 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐚𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐜𝐚𝐧𝐝𝐨𝐫𝐜𝐚𝐬 & 𝐞𝐦𝐛𝐚𝐫𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 recreativas responden a unha modificación de comportamento que se observa nas nosas costas dende 2020, motivado seguramente por un cambio de patrón na alimentación por mor do desprazamento destes recursos, do atún vermello.
Este tipo de 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐚𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 son cada vez máis frecuentes na costa atlántica e xeran certa preocupación entre a comunidade náutica, especialmente polos danos en temóns ou orzas que poden deixar aos barcos á deriva. As autoridades recomendan extremar a 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐚𝐮𝐜𝐢𝐨́𝐧 e seguir os 𝐩𝐫𝐨𝐭𝐨𝐜𝐨𝐥𝐨𝐬 establecidos ante encontros con candorcas que vos achegamos neste post.
Iso si, cómpre deixar claro que as candorcas non son animais perigosos para os humanos. De feito, non se rexistrou nunca unha morte causada por un animal desta especie en estado salvaxe.
✔️ 𝐂𝐨𝐦𝐨 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐫 𝐞𝐧 𝐜𝐚𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐯𝐢𝐬𝐭𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬?
Son especies moi sensibles aos ruídos que emiten as embarcacións, por iso prégase unha observación moi cautelosa, sempre mantendo unha distancia prudente e silenciosa con estes animais e dende logo non perseguilas porque ademais non está permitido e estariamos a cometer unha infracción. Estas recomendacións aplícanse tamén para calquera outro cetáceo e mamífero mariño, xa ben baleas, arroaces, golfiños, toniñas, focas ou tartarugas.
✔️ 𝐂𝐨𝐦𝐨 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐫 𝐞𝐧 𝐜𝐚𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐚𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐜𝐚𝐥 𝐞́ 𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐭𝐨𝐜𝐨𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧?
𝐂𝐎𝐍𝐒𝐔𝐋𝐓𝐀 as seguintes ligazóns (tamén en comentarios) para saber como actuar e coñecer o protocolo de maneira máis estrita e pormenorizada:
➡️ 𝐆𝐫𝐮𝐩𝐨 𝐎𝐫𝐜𝐚: https://www.orcaiberica.org/recomendaciones
➡️ Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico: http://bit.ly/4fNq7Wp
➡️ CEMMAcetaceos: https://www.cemma.org/
📷 𝐈𝐦𝐚𝐱𝐞 𝐝𝐞 𝐚𝐫𝐪𝐮𝐢𝐯𝐨: esta foto correspóndese cun avistamento en setembro do ano pasado na boca da ría de Arousa, moi preto de Sálvora. As candorcas ían na procura de alimento, atún vermello. A imaxe foi tomada dende o Chasula Aves / Chasula Birds por 𝐘𝐨𝐥𝐤𝐨 𝐇𝐢𝐥𝐭𝐮𝐧𝐞𝐧 e compartida a través da CEMMAcetaceos