02/09/2026
💻 𝐏𝐫𝐨𝐛𝐚𝐬 𝐥𝐢𝐛𝐫𝐞𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨𝐛𝐭𝐞𝐫 𝐨 𝐂𝐨𝐦𝐃𝐢𝐱 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐦𝐞𝐝𝐢𝐨 𝐞𝐧 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚 𝐂𝐨𝐦𝐛𝐚
A 📍 𝐀𝐮𝐥𝐚 𝐂𝐞𝐌𝐈𝐓 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚 𝐂𝐨𝐦𝐛𝐚 acollerá o vindeiro 🗓️ 𝟕 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨, 🕟 𝐚́𝐬 𝟏𝟔.𝟑𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬, unha das 𝐩𝐫𝐨𝐛𝐚𝐬 𝐥𝐢𝐛𝐫𝐞𝐬 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 para a obtención da 💻 𝐜𝐞𝐫𝐭𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐂𝐨𝐦𝐃𝐢𝐱 𝐝𝐞 𝐧𝐢𝐯𝐞𝐥 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐦𝐞𝐝𝐢𝐨.
📢 O prazo de inscrición abre hoxe, mércores 2 de setembro, e permanecerá 𝐚𝐛𝐞𝐫𝐭𝐨 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝟏𝟏 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 𝐚́𝐬 𝟐𝟑.𝟓𝟗 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬.
As 📝 solicitudes deberán realizarse a través da web do CeMIT 👉 https://acortar.link/j9ZeKK
📌 Unha vez pechado o prazo, a partir do 14 de setembro realizarase o sorteo e publicarase na web a listaxe provisional. As persoas participantes recibirán tamén un correo electrónico informando da súa situación: admisión provisional, exclusión, reserva, etc.
⚠️ Tras a publicación da listaxe provisional haberá 10 días para presentar renuncias e chamar ás persoas en reserva co obxectivo de cubrir as prazas que queden vacantes.
✔️ No caso de non renunciar dentro dese prazo, a praza pasará a considerarse definitiva e unha renuncia posterior poderá supoñer penalización, agás por causa xustificada e documentada.