Biblioteca Santa Comba

Biblioteca Santa Comba Ofrecendo servizos e realizando actividades que axudan os cidadáns a ser libres.

A Biblioteca Municipal de Santa Comba é un servizo público comprometido coa promoción lectora e a educación da cidadanía,dentro da igualdade e a diversidade social.

30/10/2025
22/10/2025

📚✨ Imaxinas unha presentación de libros na que acabas rindo, participando… e mesmo facendo un truco de maxia? Pois iso é exactamente o que vai pasar con Crónicas do Mago Errante

O venres, 24 de outubro ás 19:00h, na Biblioteca Pública Municipal, o autor Daniel Ares Blanco chega disposto a romper todos os tópicos: nada de discursos longos nin charlas aburridas. Aquí hai humor, maxia e moita interacción co público.

💬 Se vas, non esperes quedar sentado en silencio… porque o máis probable é que acabes formando parte do espectáculo!

🎁 E para poñer a guinda, sortearanse dous libros entre os asistentes. Así que quen sabe… igual saes de alí coa túa próxima lectura baixo o brazo.

👥 Actividade pensada para adolescentes e adultos, pero aberta a calquera con ganas de pasalo ben.

✍🏻 Inscribete na propia Biblioteca Pública Municipal ou enviando unha mensaxe de WhatsApp ao 663729177.

22/10/2025

🗓📣 O vindeiro martes 21 de outubro, de 16:30 a 18:00 horas, tedes unha cita coa escritora e compositora Lucía Aldao na Biblioteca Pública Municipal.

Especialista en talleres, obradoiros e espectáculos que comparten todos eles o espírito de achegar a lectura e a escrita a todo o mundo, Lucía Aldao tráenos o seu Obradoiro de Escrita Creativa.

✍️🪶 Escribir é un paseo da man das palabras, e cada rúa que collemos vai enchéndoas de novos significados!

📚 Coincidindo coa proximidade da celebración do Día Internacional das Bibliotecas, convidámoste a xogar, rir, pensar, descubrir e compartir neste obradoiro exprés.

👉🏼 Dirixido a público adulto.

ℹ️ As inscricións pódense realizar na propia Biblioteca Pública Municipal ou enviando unha mensaxe de WhatsApp ao 663 729 177.

22/10/2025
07/10/2025

📚🌸 O pasado sábado tivemos o pracer de acoller na nosa biblioteca ao grupo FAC (Familias Acompañando a Familias), da man das artistas Lidia Suárez e Adriana Noronha.

📖✨ Foi un obradoiro creativo e moi divertido, no que os pais e nais dos nenos e nenas participantes descubriron a importancia de axudar aos máis pequenos a conectar coas emocións e os sentimentos a través da arte.

👨‍👩‍👧‍👦 Entre libros, debuxos e actividades prácticas, pasárono en grande e compartiron momentos cheos de aprendizaxe e ilusión.

🙏 Dende a Biblioteca Municipal queremos agradecer de corazón a todas as persoas que participastes con tanto entusiasmo, así como ao noso Concello e ao programa Ler Conta Moito pola súa colaboración.

06/10/2025

Lembra que para participar debes anotarte na Biblioteca Pública Municipal de Santa Comba ou no Telef: 663729177

❤️ Neste obradoiro de emocións, cada neno ou nena de entre 3 a 8 anos, xunto coa súa familia, identificará e validará as emocións dunha maneira divertida, traballando a intelixencia emocional a través de manualidades sinxelas e xogos.

👨‍👩‍👧‍👦 Pasarémolo moi ben en compañía e poderedes recrear estes momentos na casa sempre que queirades.

📅 Sábado, 4 de outubro de 2025 ás 12:00h na Biblioteca Pública Municipal de Santa Comba

👉 Non podes faltar. Agardámoste.

28/05/2025

📚Este venres, 30 de maio, ás 20:00 h, tes unha nova cita na Biblioteca Pública Municipal de Santa Comba cos encontros Verbas da Terra.

✍️ Nesta ocasión acompáñanos o noso veciño e escritor Manuel Durán, que nos falará da súa primeira novela “Amor de Terra", do seu proceso de escritura e de como a emigración e a morriña influiron na súa obra e na súa vida. Pero tamén lle preguntaremos pola súa presencia en redes sociais, nas que ten máis de 50.000 persoas que o seguen.

🌱 Será unha nova ocasión para charlar sobre literatura, pero tamén sobre historias de vida, xa que na súa poesía Manuel fala de vivenzas e emocións que nos son comúns: a morriña, a ledicia e o amor son protagonistas e fanse verbas.

➡️ Agardámoste na biblioteca para que formes parte desta conversa e para seguir sementando cultura e palabras con raíz na terra. Este será o derradeiro encontro do ciclo, pero temos pensadas novas actividades e sorpresas para que goces da e na túa biblioteca. Non faltes!

27/05/2025

Dirección

Santa Comba
15840

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 20:30
Martes 08:30 - 20:30
Miércoles 08:30 - 20:30
Jueves 08:30 - 20:30
Viernes 08:30 - 20:30
Sábado 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Santa Comba publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Biblioteca Santa Comba:

Atajos

Compartir

Categoría