Escola A Florida - Sanxenxo

Escola A Florida - Sanxenxo Escola pública

Grazas ás avoas e avós do centro de día de Sanxenxo polas postais de Nadal.Foi a súa resposta a unha iniciativa marabill...
15/01/2026

Grazas ás avoas e avós do centro de día de Sanxenxo polas postais de Nadal.
Foi a súa resposta a unha iniciativa marabillosa que xurde dende as titorías a partir da escritura de cartas e o envío por correos das mesmas.
Puxémonos en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Sanxenxo e coa dirección do centro de día para levar a termo esta iniciativa.
Repetiremos a iniciativa cada curso para desexarlles o mellor.
As nenas e nenos xunto coas avoas e avós son e serán o mellor da nosa sociedade, os nosos maiores polo que nos deixaron e as nenas e nenos polo futuro que lles deixaremos.
Ogallá que poidamos ir a visitalos axiña.
Feixes de apertas e bicos….. a moreas.

O martes 25 de novembro na escola da Florida alzamos as nosas voces para dicir, alto e claro, NON á violencia contra as ...
27/11/2025

O martes 25 de novembro na escola da Florida alzamos as nosas voces para dicir, alto e claro, NON á violencia contra as mulleres ♀

Cada aula escolleu a unha muller que puxo o mundo patas arriba na loita pola igualdade, e preparou o seu propio manifesto para lembrar que a igualdade non se negocia

Entre todas e todos, sementamos un mañá máis xusto e igualitario ✊🏼💜

28/10/2025

Os nenos e nenas de Infantil aprenden coas mans, xogando, descubrindo e creando.
Cada proposta convértese nunha oportunidade para medrar, adquirir autonomía e desfrutar do pracer de aprender 💫🌈

Na nosa escola xúntanse os liñaceiros (Linaria cannabina) pola mañá e pola tardiña en bandadas, o máis sorprendente xa n...
22/10/2025

Na nosa escola xúntanse os liñaceiros (Linaria cannabina) pola mañá e pola tardiña en bandadas, o máis sorprendente xa non é que nesta vila de turismo poidamos ter un refuxio de paxaros, o máis sorprendente foi ver un branco.
Aquí unha foto da coloración dun macho e as outras dúas do atopado na escola.
Na carballeira da nosa escola temos vacalouras, xílgaros (de aquí ven o nome da praia de Xilgar-Silgar), píntegas e agora liñaceiros.

Esta mañá visitounos o  Mago Paco. Compartimos maxia e matemáticas, aprendemos moito e disfrutamos aínda máis. Moitas gr...
22/10/2025

Esta mañá visitounos o Mago Paco. Compartimos maxia e matemáticas, aprendemos moito e disfrutamos aínda máis. Moitas grazas ao Mago Paco por esta sesión de matemaxia e grazas ao Concello de Sanxenxo pola iniciativa.

O venres tivemos a charla na exposición de fotografías de paxaros  feitas por Nicolas Otero Sanmartín contando a súa exp...
15/10/2025

O venres tivemos a charla na exposición de fotografías de paxaros feitas por Nicolas Otero Sanmartín contando a súa experiencia e sabiduría organizada polo Concello de Sanxenxo no pazo Emilia Pardo Bazán. Queremos agradecerlle a Nico o trato exquisito e felicitarlle polo traballo e a súa sesión pedagóxica para connosco. Parabéns!

Ás nosas pandereteiras, transmisoras da lingua viva e da cultura popular. Letras Galegas 2025.
09/06/2025

Ás nosas pandereteiras, transmisoras da lingua viva e da cultura popular. Letras Galegas 2025.

Milleiros de grazas a Silvia, a nai de Mateo e Leo Garea, e a todo o equipo de persoas que forman a familia de Froitas N...
04/06/2025

Milleiros de grazas a Silvia, a nai de Mateo e Leo Garea, e a todo o equipo de persoas que forman a familia de Froitas Nieves, que SEMPRE teñen presentes ao alumando da nosa escola. Hoxe apareceron con todas estas mazás para que todas as nenas e nenos tomen unha peza de froita. Non é a primeira vez que teñen estos detalles connosco. Está claro que hai persoas que son colaboradoras e por iso están no noso corazón. Ogallá as grandes empresas fixeran moito máis polas escolas públicas. Canto hai que aprender. GRAZAS POR SEMPRE

Dirección

Sangenjo

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola A Florida - Sanxenxo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Escola A Florida - Sanxenxo:

Atajos

Compartir

Categoría