04/09/2026
🍽️ CONFIRMACIÓN DE PRAZAS DE COMEDOR
Informámosvos de que todas as familias inscritas no servizo de comedor teñen praza, segundo os horarios e servizos seleccionados na inscrición.
📱 Revisade a vosa inscrición na aplicación Colechef para comprobar que os días e servizos aparecen correctamente.
Lembrade que, para formalizar a praza, é necesario ter abonada a cota de socio da ANPA e o seguro de accidentes, así como estar dados de alta na aplicación de comedor.
Se detectades algunha incidencia coa inscrición, escribide a [email protected] indicando no asunto o nome do centro escolar.
Para dúbidas sobre o funcionamento da aplicación Colechef, podedes chamar ao 942 420 018.
Grazas pola vosa colaboración! 💚