24/08/2025
O pasado 8 de Agosto foi o aniversario de Josito. Leva catro anos celebrándoo con nós e sendo a nai a única persoa que deixamos estar nas nosas sesións con todos os cativos, xa que o caso de Josito é moi especial, ten síndrome de Dravet...
Cando traballas en educación emocional, acabas creando un vinculo moi grande, e este día era moi especial por moitos motivos.
O día ía perfecto, merendola no río, tarta... Para non variar, a mamá e o papá estaban co corazón nun puño, pois estaban a ver como Josito xogaba, brincaba como calquera neno, pero disfrutando de cada momento.
Cando os papás xa estaban a recoller todo e distraídos polas tarefas, a Josito deulle unha crisis epiléptica a beira do río, polo que tiven que saír correndo a collelo e comezar o proceso...
Dun momento para outro a felicidade plena dun cativo esfumouse por culpa dunha enfermidade.
É difícil seguir emocionalmente a tope con estes casos, onde nada podes facer mais que crear pequenos momentos inolvidables para o cativo e os papás. Suficiente?