03/08/2026
O pasado venres participamos en ES-Factory Pop Up, un espazo que reuniu en Vigo once iniciativas de economía social e emprendemento para achegar os seus proxectos á cidadanía.
Foi unha oportunidade para dar a coñecer o Xeocámping Montañas do Courel, compartir a nosa maneira de entender o turismo sostible e conversar con todas as persoas que se achegaron ao noso espazo.
Grazas á organización por crear un punto de encontro onde demostrar que emprender tamén é xerar impacto social, crear comunidade e construír proxectos con propósito! 💚
E, por suposto, grazas a todas as persoas que pasastes a saudarnos para compartir un anaco do voso tempo connosco.
Seguimos! 🌿
Rede Eusumo ES-Factory. Economía Social Galicia-Norte de Portugal Xeocámping Montañas do Courel