02/07/2026
📢 MATRÍCULA ABERTA NA EMMeD! 🎼🩰
Queres aprender música ou danza con nós o vindeiro curso 2025/2026? Pois presta moita atención!
🗓 Cando? Desde o 1 de xullo, ata o 15 de xullo ás 14:00h.
💻 Como? De xeito telemático a través do formulario que atoparás na nosa web: https://escolademusicaedanza.ribadeo.org/
⚠️ Información importante:
No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, as vacantes asignaranse mediante sorteo. Se non logras praza de entrada, quedarás na nosa lista de agarda.
Non deixes pasar a oportunidade e únete á nosa comunidade educativa! 🎶🌟