10/06/2026
O luns, 4° de primaria gozou dunha xornada diferente.
En Muimenta, acolléronlos dunha forma magnífica!
A primeira parada foi na Igrexa Vella reconvertida en espazo polivalente para eventos culturais, grazas ó traballo do vecindario e XOTRAMU, onde Pepe, Maria e Rocío abríronlles os ollos a tódolos asistentes sobre o que é realmente unha familia, aquel lugar onde te protexen , te cuidan e te queren!, hai moitos tipos de familias diferentes!!!
A segunda parada, foi a visita do Museo Pedagóxico, antiga escola onde lles ensinaron, cómo e onde aprendían os rapaces e rapazas na antiguedade, chegaban ó cole con zocas nos pés, e con unha maletiña de madeira con pizarras e enciclopedia, os nosos nenos preguntaban pola merenda, e a resposta chamoulles verdadeiramente a atención…
Logo de ensinarlles como aprendían os nosos maiores, tiveron un tempo de lecer con xogos tradicionais da man de XOTRAMU, onde as risas e a curiosidade estaban á par.
A quenda de ir visitar ós animais, nos alrededores da Casiña Verde, foi do que mais lles gustou á rapazada, os porcos celtas, as galiñas de mos, os burros, a cabra galega, as ocas…., moitos animais terapeutas que cumpriron con creces o seu traballo, xa que día a día, nesta granxa promóvese a inserción laboral da mocidade residente na Casiña Verde, casa da familia Lar.
Por último, fartaron corpo e alma cunha merendola que lles soupo a gloria!
Moitísimas grazas pola vosa amabilidade e por ensinarnos novas cousas e conceptos.
Queremos agradecer a implicación do cole, profesorado e eocar.
Programa de Formación en Proxectos de Emprendemento Rural para as ANPAs da Provincia de Lugo
Concedida por: Deputación de Lugo a través da área do medio Rural, do Mar, e Mocidade, dependente de la Vicepresidencia.
Actividade financiada pola Área de Rural, dependente da Vicepresidencia da Deputación de Lugo , no marco do Programa 'Da Escola á Granxa', cunha subvención de ata o 95% do custo total da actividade, sendo o 5% restante financiado pola ANPA.