CIFP Porta da Auga

CIFP Porta da Auga Centro integrado de formación profesional.

Administración e xestión, servizos socioculturais e á comunidade, electricidade e electrónica, edificación e obra civil, transporte e mantemento de vehículos.

O 25 de novembro conmemoramos no centro o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.As activi...
01/02/2025

O 25 de novembro conmemoramos no centro o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
As actividades que se realizaron foron: lectura dun manifesto contra a violencia, e unha actividade centrada nunha análise musical de cancións que, ou ben normalizan a violencia de xénero, ou ben empoderan ás mozas na súa loita.

Hoxe, o alumnado e profesorado dos Ciclos Formativos da familia de Administración e Xestión, tivemos o pracer de asistir...
01/02/2025

Hoxe, o alumnado e profesorado dos Ciclos Formativos da familia de Administración e Xestión, tivemos o pracer de asistir ao taller de emprendemento e análise de inversión impartido por Omar Rodríguez Cabaleiro, asesor de Banca Persoal, onde se falou sobre os distintos tipos de produtos de pasivo bancarios e como dar os primeiros pasos no mundo do investimento tendo en conta os obxectivos financieiros e o perfil de risco.
O futuro financiero comeza hoxe! Grazas ao alumnado e profesorado polo seu interese e participación activa. Estamos seguros de que están dando os primeiros pasos cara unha xestión intelixente das súas finanzas.

ÚLTIMO CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL DE NIVEL INTERMEDIO!Queres aprender a empregar a intelixencia artificial xenerativa...
01/02/2025

ÚLTIMO CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL DE NIVEL INTERMEDIO!
Queres aprender a empregar a intelixencia artificial xenerativa? Gustaríache editar imaxes e crear deseños personalizados? Queres coñecer como navegar e mercar de xeito seguro en internet?
Estes son algúns dos contidos deste curso.
MATRICÚLATE dende a web do centro, chamando ao 982 12 88 94 ou achégade polo CIFP Porta da Auga.

ÚLTIMO CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL DE NIVEL INTERMEDIO!Queres aprender a empregar a intelixencia artificial xenerativa...
01/02/2025

ÚLTIMO CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL DE NIVEL INTERMEDIO!
Queres aprender a empregar a intelixencia artificial xenerativa? Gustaríache editar imaxes e crear deseños personalizados? Queres coñecer como navegar e mercar de xeito seguro en internet?
Estes son algúns dos contidos deste curso.
MATRICÚLATE dende a web do centro, chamando ao 982 12 88 94 ou achégate polo CIFP Porta da Auga.

O día 9 de decembro celebrouse no salón de actos do CIFP Porta da Auga o taller de emprendemento: “Reparación de vehícul...
01/02/2025

O día 9 de decembro celebrouse no salón de actos do CIFP Porta da Auga o taller de emprendemento: “Reparación de vehículos eléctricos”.
Vimos que partes podemos reparar nos vehículos eléctricos nos talleres multimarcas, o cal é unha forma de negocio moi importante, para o que se precisa unha formación que nos distinguirá do resto dos profesionais da reparación do automóvil, o que conleva unha mellora sustancial nos emolumentos a cobrar.

O día 10 de decembro compartimos con MAPFRE Seguros, un espazo cheo de aprendizaxe e de consellos prácticos sobre como o...
01/02/2025

O día 10 de decembro compartimos con MAPFRE Seguros, un espazo cheo de aprendizaxe e de consellos prácticos sobre como os seguros nos poden brindar tranquilidade e seguridade en cada unha das etapas das nosas vidas.
A charla foi impartida polo Xefe de Formación da Dirección Xeral Territorial Noroeste, Julio Arias De la Calle, e o director da oficina de MAPFRE en Ribadeo, Xosé María Rañón Peceux. Agradecemos a todos os asistentes e poñentes por facer un éxito deste evento.

O día 11 de decembro, Fernando Rodríguez De la Torre da axencia de publicidade “Con C de comunicación” de Santiago de Co...
01/02/2025

O día 11 de decembro, Fernando Rodríguez De la Torre da axencia de publicidade “Con C de comunicación” de Santiago de Compostela, impartíu a formación “COMO PRESENTAR PROXECTOS EN PÚBLICO PARA EMPRENDER”, onde tratou diversos aspectos tales como: ter en conta o público ao cal imos facer a presentación, a forma de comunicar ese proxecto (contacto visual, expresión facial e postura corporal), tendo en conta as partes da presentación do proxecto (introdución, desenvolvemento e peche) e, por último, ter en conta as pautas xerais do deseño.

Dirección

Avenida De Luarca, 4
Ribadeo
27700

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
15:30 - 21:00
Martes 08:00 - 15:00
15:30 - 21:00
Miércoles 08:00 - 15:00
15:30 - 21:00
Jueves 08:00 - 15:00
15:30 - 21:00
Viernes 09:00 - 15:00
15:30 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIFP Porta da Auga publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CIFP Porta da Auga:

Atajos

Compartir

Categoría