CIFP Porta da Auga

CIFP Porta da Auga Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de CIFP Porta da Auga, Educación, Avenida de Luarca, 4, Ribadeo.

O propósito desta xornada foi coñecer as tecnoloxías de vangarda que se están a desenvolver no ámbito da Formación Profe...
16/03/2026

O propósito desta xornada foi coñecer as tecnoloxías de vangarda que se están a desenvolver no ámbito da Formación Profesional en Galicia, fomentando a transferencia de coñecemento entre os sectores produtivos e a realidade educativa do ciclo de Instalacións Eléctricas e Automáticas.

A xornada comezou coa recepción por parte da Directora do Centro, quen explicou o papel do CGIFP como eixe da innovación, a investigación aplicada e o emprendemento na FP galega.

Bloque I: Biotecnoloxía
A primeira parada tivo lugar no Laboratorio de Biotecnoloxía. Malia ser un campo alleo á electricidade convencional, o alumnado puido comprender a importancia da automatización e a precisión en:

-Tecnoloxías de secuenciación de ADN e ARN.

-Procesos básicos de análise xenómica explicados de forma divulgativa.

Bloque II: Industria 5.0 e Ciberseguridade
Este bloque resultou de especial interese para o módulo de automatismos e comunicacións industriais:

Ciberseguridade (IT): Analizouse o traballo do "Blue Team" (equipo defensivo). Explicáronse as ferramentas empregadas para mitigar ataques comúns como MITM (Man-in-the-Middle) e DDoS, subliñando a importancia de protexer as redes de datos.

Sistemas de Produción (OT): Visitouse unha célula flexible de fabricación de SMC. Observouse a integración de autómatas Siemens S7-1500 en cada estación e a interacción cun cobot (robot colaborativo) UR, fundamentais no deseño de cadros e sistemas automatizados modernos.

Bloque III: Fabricación Aditiva
No laboratorio de impresión 3D, revisáronse diversas metodoloxías que permiten crear pezas personalizadas para montaxes eléctricas ou prototipado:

-Impresión por resina (alta resolución).

-Tecnoloxía de polvo.

-Fabricación convencional con fibra de carbono, destacando a súa resistencia mecánica e lixeireza.

Bloque IV: Emprendemento e Prototipado
Para finalizar, visitouse a área de incubación de empresas, vinculada a programas como Innovatech FP. O alumnado puido ver exemplos reais de innovación aplicada:

-Amortecedor rexenerativo: Recuperación de enerxía cinética.

-Turbina para automoción: Xeración de enerxía auxiliar

O DIOP e a Coordinación de bienestar e convivencia organizaron unha charla sobre “ Habilidades para a vida e conducta su...
16/03/2026

O DIOP e a Coordinación de bienestar e convivencia organizaron unha charla sobre “ Habilidades para a vida e conducta suicida” impartida pola Asociación Alar, dentro do proxecto Voitheia, para o alumnado dos ciclos básicos e medios.

O alumnado de 1CB, 2CB, 1CM e 1CS da familia de transporte e mantemento de vehículos realizou unha visita a MAHI (Museo ...
06/03/2026

O alumnado de 1CB, 2CB, 1CM e 1CS da familia de transporte e mantemento de vehículos realizou unha visita a MAHI (Museo da automoción e historia) e a ya-carcross en Culleredo.

Xa temos aquí o mandato do Meco A semana que vén será moi divertida! Xa estamos desexando ver os vosos disfraces!
05/02/2026

Xa temos aquí o mandato do Meco
A semana que vén será moi divertida! Xa estamos desexando ver os vosos disfraces!

Hoxe, 30 de xaneiro, no Porta da Auga estamos a celebrar o Día Escolar da non violencia e da Paz cun quiz con preguntas ...
30/01/2026

Hoxe, 30 de xaneiro, no Porta da Auga estamos a celebrar o Día Escolar da non violencia e da Paz cun quiz con preguntas de actualidade sobre os conflictos que están a suceder no mundo e outros pasados que convén non esquecer.

Xa temos as portas listas e os resultados!1° posto - 2° de Educación infantil 2° posto temos empate con - Animación Soci...
19/12/2025

Xa temos as portas listas e os resultados!
1° posto - 2° de Educación infantil
2° posto temos empate con
- Animación Sociocultural
- e 1° de Atención a persoas en situación de dependencia
3° posto - 1° de Educación infantil

Felicidades ás aulas ganadoras e ao resto do alumnado polo gran traballo que fixeron. Dende o centro estamos moi contentos cos resultados e co traballo en equipo!

Boas festas e Feliz Aninovo dende o CIFP Porta da Auga!

Este mércores 17 de decembro, o alumnado do CM de Atención a personas en situación de Dependencia e CS de Animación Soci...
19/12/2025

Este mércores 17 de decembro, o alumnado do CM de Atención a personas en situación de Dependencia e CS de Animación Sociocultural e turística visitamos distintos recursos na nosa contorna, concretamente Residencia de persoas maiores de Bretoña, Vivendas comunitarias e Casa do maior de Riotorto.

Estase levando a cabo a formación de Itinerario Gira Jóvenes Coca-Cola co alumnado de 2°CS Educación Infantil.Este plan ...
16/12/2025

Estase levando a cabo a formación de Itinerario Gira Jóvenes Coca-Cola co alumnado de 2°CS Educación Infantil.
Este plan formativo consta de 2 sesións presenciais de 5 horas cada unha que tiveron lugar os días 15 e 16 de decembro.
Nelas formouse ao noso alumnado en habilidades personais, traballo en equipo e colaborativo, aptitudes emprendedoras, obxectivos sostibles, emprendemento social, etc.; así como a visualización de diversos exemplos de dito emprendemento.
O resto da formación impartirase en xaneiro e febreiro e constará de 4 sesions online de 2 horas cada unha.

O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o CM de Atención a persoas en situación de dependencia...
04/12/2025

O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o CM de Atención a persoas en situación de dependencia únese a iniciativa Baixo o mesmo paraugas, xunto con máis de 100 organizacións de Galicia, para visibilizar a realidade deste colectivo e defender os seus dereitos e a súa inclusión en tódolos ámbitos da vida.
Para continuar con esta conmemoración, o próximo mércores día 10, 3 colectivos de personas con dependencia en diferentes ámbitos: discapacidade intelectual, Fundación Edes
autismo, Aspanaes
e discapacidade física, Enki
desplazaranse ao noso centro para presentarnos a súa actividade.

O alumnado dos ciclos formativos de Técnico Superior en Educación Infantil e de Animación Sociocultual visitamos hoxe en...
28/11/2025

O alumnado dos ciclos formativos de Técnico Superior en Educación Infantil e de Animación Sociocultual visitamos hoxe en Santiago o Espazo educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca) así como a Escola Infaltil Semente Compostela (Escola de ensino do galego, e iniciativa impulsada por Anxel Casal parella de Maria Miramontes).
Achegamonos así a recursos nos que observar na práctica os contidos da aula e poder exercer nun futuro a nosa práctica profesional.

O alumnado dos ciclos formativos de Técnico Superior en Educación Infantil e de Animación Sociocultual visitamos hoxe en...
28/11/2025

O alumnado dos ciclos formativos de Técnico Superior en Educación Infantil e de Animación Sociocultual visitamos hoxe en Santiago o Espazo educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca); así como a Escola Infaltil Semente Compostela (Escola de ensino do galego, e iniciativa impulsada por Anxel Casal parella de Maria Miramontes).
Achegamonos así a recursos nos que observar na práctica os contidos da aula e poder exercer nun futuro a nosa práctica profesional.

No CIFP Porta da Auga non olvidamos o Día  Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25N. Neste caso,...
28/11/2025

No CIFP Porta da Auga non olvidamos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25N.
Neste caso, o noso alumnado de segundo de atención a persoas en situación de dependencia e primero de educación infantil realizaron este murais para facernos reflexionar.

Dirección

Avenida De Luarca, 4
Ribadeo
27700

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 22:00
Martes 08:30 - 22:00
Miércoles 08:30 - 22:00
Jueves 08:30 - 22:00
Viernes 08:30 - 22:00

Teléfono

+34982128894

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIFP Porta da Auga publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CIFP Porta da Auga:

Atajos

Compartir

Categoría