04/07/2025
🎙️📻 Comezamos coa nosa Radio Escolar en A Vaca Marela!
Esta semana puxemos en marcha a primeira sesión do proxecto “A Vaca Marela Radio”, unha iniciativa didáctica que combina expresión oral, escritura creativa, competencias dixitais e traballo en equipo.
👩🏫👨🏫 A través deste obradoiro de podcast escolar, o alumnado:
✅ Aprende a planificar e escribir guións, empregando estruturas básicas de presentación e descrición.
✅ Mellora a súa expresión oral en lingua galega, traballando a entoación, a fluidez e a confianza ao falar.
✅ Desenvolve competencias dixitais, utilizando ferramentas como o procesador de textos e o programa Audacity para gravar e editar as súas intervencións.
✅ Explora diferentes xéneros radiofónicos: entrevistas, noticias, humor, publicidade, música ou debates, tal e como brainstormearon na pizarra.
✅ E sobre todo… divírtense comunicando, escoitando e creando xuntos/as!
🗣️ Nesta primeira sesión, o alumnado presentouse, falou dos seus gustos, da súa escola e da súa vida cotiá, e comezou a familiarizarse coas ferramentas de edición sonora. Foi un espazo de aprendizaxe vivo, creativo e participativo.
🎧 Esta experiencia non só reforza o uso do galego, senón que fomenta a autonomía, a escoita activa e a expresión das emocións.
🔊 A radio escolar xa está en marcha… e isto só é o comezo!