Obradoiros de Emprego Redondela

Obradoiros de Emprego Redondela A finalidade deste Facebook é contribuír á inserción laboral do persoal participante nos Obradoiros de Emprego Duais de Redondela.

Os Obradoiros de Emprego de Redondela son proxectos mixtos de formación e emprego promovidos polo Concello de Redondela e cofinanciados pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social (no caso dos obradoiros ordinarios)

O seu obxectivo é mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas de Redondela maiores de dezaoito anos, a través da súa cualificación profesional en alterna

ncia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social. A formación que se está a impartir correspóndese cos certificados de profesionalidade, e o alumnado conta cun contrato de formación.

12/09/2025

Aquí tedes un resumo dos 9 meses do Obradoiro de Emprego "Polo Mar de Redondela"

Hoxe o Obradoiro de Emprego "Polo Mar de Redondela", despois de 9 meses de funcionamento, chegou ao seu fin :(Á clausura...
12/09/2025

Hoxe o Obradoiro de Emprego "Polo Mar de Redondela", despois de 9 meses de funcionamento, chegou ao seu fin :(

Á clausura e entrega de diplomas acudiu a delegada Provincial da Xunta, o director territorial da Consellería de Emprego, a alcaldesa de Redondela e o concelleiro de Emprego. Tamén Faustino Otero, o antigo propietario do bote "Manuel", do que fixemos este ano unha réplica exacta: o "Novo Manuel".

Moitas grazas a todos/as os/as nosos/as "Seguidores/as" polos vosos ánimos e felicitacións!

O bote "Novo Manuel" xa ten a súa vela orixinal rematada, aínda que imos cortar a pica uns cms para poder realizar a "ma...
05/09/2025

O bote "Novo Manuel" xa ten a súa vela orixinal rematada, aínda que imos cortar a pica uns cms para poder realizar a "manobra choqueira" e que pase a percha con facilidade por enriba do pau

Como o Obradoiro de Emprego "Polo Mar de Redondela" remata a vindeira semana :( , hoxe realizamos a derradeira entrega a...
03/09/2025

Como o Obradoiro de Emprego "Polo Mar de Redondela" remata a vindeira semana :( , hoxe realizamos a derradeira entrega a Cáritas-Redondela de produtos ecolóxicos cultivados polo noso alumnado-traballador: ... 521 kg!!!!

* ACELGA: 10 kg
* ALLO PORRO: 6,5 kg
* BERENXENA: 5 kg
* CABAZAS Variadas (Cacahuete, Provenza, Samaín Galega): 342,5 kg
* PEMENTO Variado (Herbón, Italiano, Morrón, Reus): 17 kg
* PEPINILLO: 4,5 kg
* SANDÍA: 53,5 kg
* TOMATE Variado (3 Cantos, Amarelo, Azul, Fandango, Miño, Negro, Ventureiro): 78,5 kg
* XUDÍA PLANA: 3,5 kg

Bo traballo!

Entregados hoxe a Cáritas-Redondela 180,75 kg de produtos ecolóxicos, da horta do Pousadouro, cultivados polo alumnado-t...
27/08/2025

Entregados hoxe a Cáritas-Redondela 180,75 kg de produtos ecolóxicos, da horta do Pousadouro, cultivados polo alumnado-traballador da especialidade "Forestal/Xardinería/Agricultura Ecolóxica" do Obradoiro de Emprego "Polo Mar de Redondela":
* BERENXENA: 8,75 kg
* CENORIA: 3 kg
* COGOMBRO: 6,5 kg
* PEMENTO variado (Herbón e Morrón): 2,75 kg
* SANDÍA: 53,75 kg
* TOMATE variado (3 Cantos, Amarelo, Azul, Fandango, Negro e Negro Santiaguiño): 97,5 kg
* XUDÍA plana verde: 8,5 kg

O bote "NOVO MANUEL" pasou hoxe, satisfactoriamente, a "Inspección a flote" de Capitanía Marítima!
26/08/2025

O bote "NOVO MANUEL" pasou hoxe, satisfactoriamente, a "Inspección a flote" de Capitanía Marítima!

O noso alumnado-traballador da especialidade de "Forestal/Xardinería/Agricultura Económica" anda estes días moi atarefad...
22/08/2025

O noso alumnado-traballador da especialidade de "Forestal/Xardinería/Agricultura Económica" anda estes días moi atarefado rematando exames e traballos...
A vindeira semana volverá co mantemento do xardín de Xeneral Rubín onde, despois de preparar e abonar o terreo, xa plantaron novas especies. Tamén instalaron novos adoquinados por onde a xente tiña costume de pasar

A menos de 20 días laborables para que o Obradoiro de Emprego "Polo Mar de Redondela" chegue ao seu fin, os nosos carpin...
19/08/2025

A menos de 20 días laborables para que o Obradoiro de Emprego "Polo Mar de Redondela" chegue ao seu fin, os nosos carpinteiros e carpinteiras andan a rematar parte das obras que constan no seu proxecto:
-Remates finais da COLOCACIÓN DE TARIMA que realizaron na Aula Polivalente do Multiusos de Chapela.
-Achique do bote "NOVO MANUEL", tras pasar uns días fundido para estabilizar a madeira, e xa preparando a última Inspección de Capitanía Marítima.
-Instalación das 2 CONTRAVENTÁS das Casas dos Mestres que faltaban.

A entrega a Cáritas-Redondela de hoxe consistiu en.... 384,45 kg!!! de produtos ecolóxicos cultivados polo alumnado-trab...
13/08/2025

A entrega a Cáritas-Redondela de hoxe consistiu en.... 384,45 kg!!! de produtos ecolóxicos cultivados polo alumnado-traballador da especialidade de Forestal/Xardinería/Agricultura Ecolóxica do Obradoiro de Emprego "Polo Mar de Redondela":

-ALLOS PORRO: 5,5 kg
-BERENXENAS: 1,5 kg
-CABACIÑAS: 2,5 kg
-COGOMBROS: 20 kg
-PEMENTOS (Herbón, Italiano, Morrón, Padrón): 9,75 kg
-SANDÍAS: 60,5 kg
-TOMATES (3 Cantos, Amarelo, Azul, Fandango, Negro, Negro Santiaguiño, Ventureiro): 264,45 kg
-XUDÍAS PLANAS: 19,75 kg
-XUDÍAS REDONDAS AMARELAS: 0,50 kg

(Esta entrega realízase á vez que este alumnado-traballador está a facer labores de mantemento nos xardíns de Regojo, Leira da Xunqueira e Xeneral Rubín)

Visita Formativa ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz.Realizada polo alumnado-traballador da especialidade de...
12/08/2025

Visita Formativa ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz.

Realizada polo alumnado-traballador da especialidade de Forestal/Xardinería/Agricultura Ecolóxica do Obradoiro de Emprego "Polo Mar de Redondela", como complemento á formación que está a recibir.

Moi recomendable!

Moi interesante a clase teórico-práctica sobre MODELISMO NAVAL que impartiu, para o noso alumnado-traballador de "Carpin...
12/08/2025

Moi interesante a clase teórico-práctica sobre MODELISMO NAVAL que impartiu, para o noso alumnado-traballador de "Carpintería de Ribeira", o membro de AMONAGA (Asociación de Modelistas Navais de Galicia), JUAN OLIVENCIA

Moitas grazas, Juan, por compartir os teus coñecementos e experiencia! Coma sempre, foi un pracer

O alumnado-traballador da especialidade "Forestal/Xardinería/Agricultura Ecolóxica" do Obradoiro de Emprego "Polo Mar de...
07/08/2025

O alumnado-traballador da especialidade "Forestal/Xardinería/Agricultura Ecolóxica" do Obradoiro de Emprego "Polo Mar de Redondela" continúa co mantemento e mellora dos xardíns que constan como obra de interese municipal no proxecto aprobado pola Xunta de Galicia para este obradoiro.

Agora atópanse traballando no centro de Redondela, nos xardíns da Leira da Xunqueira e Xeneral Rubín

Dirección

Redondela

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Obradoiros de Emprego Redondela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Obradoiros de Emprego Redondela:

Atajos

Compartir

Categoría