Lana Animación Sociocultural

Lana Animación Sociocultural Profesional galega dedicada á animación sociocultural

📣 Dinamización comunitaria
🌱 Educación en valores
🏐 Xogos
🌟 Risoterapia
🎨 Obradoiros artísticos
💐 Ocio, animacións e eventos

Como hai moi bos profesionais e proxectos no mundo, pero ás veces é difícil atopalos, 𝗮𝗾𝘂𝗶́ 𝘃𝗮𝗶 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗺𝗶𝗻̃𝗮𝘀 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗺𝗲𝗻𝗱...
02/09/2026

Como hai moi bos profesionais e proxectos no mundo, pero ás veces é difícil atopalos, 𝗮𝗾𝘂𝗶́ 𝘃𝗮𝗶 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗺𝗶𝗻̃𝗮𝘀 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗺𝗲𝗻𝗱𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝗶𝘀.

Noe é unha persoa apaixonada, cercana e moi dedicada. É 𝗲𝗱𝘂𝗰𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝗶𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗱𝗮 𝗲𝗻 𝗮𝘂𝘁𝗶𝘀𝗺𝗼 e asesora e acompaña, desde unha perspectiva respectuosa e neuroafirmativa, a familias, persoas autistas, centros educativos e profesionais.

No seu perfil Noemí Noya | Educadora Social & autismo atoparedes de xeito gratuito 𝗺𝗼𝗶𝘁𝗶́𝘀𝗶𝗺𝗮 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗶𝗱𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝘀𝗼𝗯𝗿𝗲 𝗮𝘂𝘁𝗶𝘀𝗺𝗼 𝗲 𝗶𝗻𝗰𝗹𝘂𝘀𝗶𝗼́𝗻.

Salientar que recomendo especialmente a súa 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗖𝗿𝗲𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗛𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮𝘀 𝗦𝗼𝗰𝗶𝗮𝗶𝘀 en Canva, porque mestura dun xeito equilibrado tanto parte teórica coma práctica, no meu criterio ambas indispensables. As historias sociais permiten explicar situacións da vida cotiá ou aspectos da nosa cultura dun xeito práctico e visual, especialmente útil para persoas autistas, aínda que poden ser un recurso interesante para todo tipo de persoas.

Ademais, Noe tamén ofrece 𝗮𝘀𝗲𝘀𝗼𝗿𝗶́𝗮𝘀 𝟭:𝟭 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗼𝗲𝗱𝘂𝗰𝗮𝘁𝗶𝘃𝗼𝘀 𝗼𝘂 𝗱𝗲 𝗹𝗲𝗰𝗲𝗿 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗼 𝗺𝗲𝘂. No meu caso, axudoume con tips e recomendacións concretas para adaptar os meus espazos e programacións a persoas autistas con diferentes necesidades de apoio, algo que me resultou moooi útil nas Xogotecas de Verán e nos aniversarios infantís. 🤗

En resumo, podedes atopar:
* Asesorías familiares
* Apoio e acompañamento a persoas adultas autistas
* Cursos de formación, como o de Creación de Historias Sociais que vos comentaba
* Asesorías en aula

Un deses perfís que paga a pena seguir! 🌱

𝗛𝗮𝗶 𝗰𝘂𝗺𝗽𝗹𝗲𝘀 𝗯𝗲𝗻 𝗹𝗶𝗻𝗱𝗼𝘀 𝗲 𝗹𝗼𝗴𝗼 𝗲𝘀𝘁𝗮́ 𝗼 𝗱𝗲 𝗖. 😎C. e a súa irmá levan meses compartindo comigo tardes de experimentos, xogo...
25/08/2026

𝗛𝗮𝗶 𝗰𝘂𝗺𝗽𝗹𝗲𝘀 𝗯𝗲𝗻 𝗹𝗶𝗻𝗱𝗼𝘀 𝗲 𝗹𝗼𝗴𝗼 𝗲𝘀𝘁𝗮́ 𝗼 𝗱𝗲 𝗖. 😎

C. e a súa irmá levan meses compartindo comigo tardes de experimentos, xogos, aventuras e algunha que outra falcatruada na Tribo de Xogos da Fundación Pazo de Mos.

𝗖. 𝗲́ 𝗱𝗲𝘀𝗮𝘀 𝗽𝗲𝗾𝘂𝗲𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝗽𝗮𝘀𝗮𝗻 𝗱𝗲𝘀𝗮𝗽𝗲𝗿𝗰𝗶𝗯𝗶𝗱𝗮𝘀: trapalleira, curiosa e cun sorriso permanente nos beizos. É inevitable que quen a coñeza non lle colla cariño inmediato.

Cando souben que ía animar o seu aniversario púxenme mega nerviosa. Cando xa coñezo a un peque de antes, sempre experimento máis presión por estar á altura (isto pásalle a máis animadoras ou son eu a rara? 😂).

E en fin, non sei canto tivo que ver o espazo da Fundación Pazo de Mos, canto a familia riquiña que hai detrás organizándoo todo, canto o tempo soleado ou canto o propio grupiño de peques, pero finalmente 𝗰𝗼𝗻𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗮𝗿𝗾𝘂𝗲𝗹𝗹𝗮𝗿 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝘁𝗮𝗿𝗱𝗲 𝗯𝗲𝗲𝗲𝗻 𝗰𝗵𝘂𝗹𝗮, cunha 𝗯𝘂𝘀𝗰𝗮 𝗱𝗼 𝘁𝗲𝘀𝗼𝘂𝗿𝗼 𝘀𝗼𝗯𝗿𝗲 𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗶𝗱𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗱𝗼𝘀 𝗻𝗼𝘀𝗼𝘀 𝗼𝗰𝗲́𝗮𝗻𝗼𝘀. 🙌💚

Levámola a cabo por tódolos xardíns do pazo, e creédeme, as fotos NON lle fan xustiza ao enorme que é este sitio nin á cantidade de recantos nos que podo esconder pistas e probas. Unha tolemia de espazo. 😂

Poder festexar o seu día, despois de tantos meses compartindo na Tribo, 𝗺𝗼𝗹𝗼𝘂 𝗱𝗲𝗺𝗮𝘀𝗶𝗮𝗱𝗼. Ah, e enriba, me convidaron a torta e TORTILLA! Se non teño o mellor traballo do mundo eu xa... 🤷‍♀️

Fai uns meses, unha clienta díxome que lle parecían caras as miñas tarifas porque coñecía unha moza que facía xogos por ...
19/08/2026

Fai uns meses, unha clienta díxome que lle parecían caras as miñas tarifas porque coñecía unha moza que facía xogos por 40 €.

E quedei pensando que, se nunca traballaches neste sector, 𝗲́ 𝗯𝗮𝘀𝘁𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗶𝗳𝗶́𝗰𝗶𝗹 𝗶𝗺𝗮𝘅𝗶𝗻𝗮𝗿 𝘁𝗼𝗱𝗼 𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗵𝗮𝗶 𝗱𝗲𝘁𝗿𝗮́𝘀 𝗱𝗲𝘀𝗮𝘀 ❞𝗱𝘂́𝗮𝘀 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀❞ 𝗱𝗲 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲.

Así que, 𝘀𝗲𝗻 𝗮́𝗻𝗶𝗺𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝗮𝗿 𝗻𝗶𝗻 𝘅𝘂𝗹𝗴𝗮𝗿 as tarifas doutras persoas que se buscan a vida como boamente poden (creédeme, este sector está moi precarizado), este carrusel vai un pouquiño para desfogar, curarme en saúde e ensinarvos ese “detrás de cámaras”. 😂

𝗠𝗲𝗴𝗮 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗽𝗼𝘀 𝗛𝗼𝗹𝗶 𝗻𝗼 𝗰𝗮𝗺𝗽𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝘂𝗿𝗯𝗮𝗻 𝗱𝗮 @𝗰𝗼𝗼𝗽𝗲𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮𝘀𝗼𝗺𝗼𝘀𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮!  🌈Unha festiña chea de cores, ledicia e amizade, c...
15/08/2026

𝗠𝗲𝗴𝗮 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗽𝗼𝘀 𝗛𝗼𝗹𝗶 𝗻𝗼 𝗰𝗮𝗺𝗽𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝘂𝗿𝗯𝗮𝗻 𝗱𝗮 @𝗰𝗼𝗼𝗽𝗲𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮𝘀𝗼𝗺𝗼𝘀𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮! 🌈

Unha festiña chea de cores, ledicia e amizade, como ben simboliza a tradición Holi orixinal ca que demos peche ás quendas de xullo. 🥰

Grazas por darme a oportunidade de coñecer parte do voso proxecto, parte do voso espazo en verán (con horta e animaliños non humanos convivindo!), e parte do voso equipo educativo de preto. 𝗙𝗼𝗶 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗺𝗮𝗻̃𝗮́ 𝗶𝗻𝗰𝗿𝗶𝗯𝗹𝗲 que estou desexando repetir no 28 de agosto! Sinto moita envexa e tamén moita admiración! Graciñas enormes a Diana e Raquel! 😄🌱🌼💚🥳

E para outras persoas, 𝘀𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝗲𝘀𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗲𝗻 𝗹𝗲𝘃𝗮𝗿 𝗼𝘀 𝗽𝗼𝘀 𝗵𝗼𝗹𝗶 𝗮𝗼 𝘃𝗼𝘀𝗼 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 (centros de ocio, ludotecas, coles, asociacións, festas familiares de particulares...) pois xa sabedes, so tedes que contactarme! Inclúen música e xogos previos durante o tempo que queirades. 🥰🤗

Hai certos aspectos dos grupos de peques que, persoalmente, 𝗮𝗴𝗿𝗮𝗱𝗲𝘇𝗼 𝗶𝗻𝗳𝗶𝗻𝗱𝗼 𝗰𝗼𝗻̃𝗲𝗰𝗲𝗿 𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗲𝘇𝗮𝗿 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲, ...
03/08/2026

Hai certos aspectos dos grupos de peques que, persoalmente, 𝗮𝗴𝗿𝗮𝗱𝗲𝘇𝗼 𝗶𝗻𝗳𝗶𝗻𝗱𝗼 𝗰𝗼𝗻̃𝗲𝗰𝗲𝗿 𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗲𝘇𝗮𝗿 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲, sobre todo se vou quedar soa co grupo e a súa familia non vai estar presente (ou está lonxe de onde me quedo eu con elas/es). 😊

Que opinades? 𝗖𝗿𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗲 𝘁𝗶𝗽𝗼 𝗱𝗲 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝘀𝗲 𝗹𝗹𝗲 𝗱𝗲𝗯𝗲𝗿𝗶́𝗮 𝗳𝗮𝗰𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗿 𝗮́ 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝘃𝗮𝗶 𝗮𝗻𝗶𝗺𝗮𝗿 𝗼 𝗲𝘃𝗲𝗻𝘁𝗼? 🧐

Déixovos a miña opinión persoal nas últimas diapositivas. 👀

𝗖𝗮𝗱𝗮 𝗲𝘃𝗲𝗻𝘁𝗼 𝘁𝗲𝗻 𝘂𝗻 𝘅𝗲𝗶𝘁𝗼 𝘂́𝗻𝗶𝗰𝗼 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝗿.Na voda de R. e M. unha das peques comezou poñendo un dinosaurio na cortiza dunha...
29/07/2026

𝗖𝗮𝗱𝗮 𝗲𝘃𝗲𝗻𝘁𝗼 𝘁𝗲𝗻 𝘂𝗻 𝘅𝗲𝗶𝘁𝗼 𝘂́𝗻𝗶𝗰𝗼 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝗿.

Na voda de R. e M. unha das peques comezou poñendo un dinosaurio na cortiza dunha árbore. Pouco a pouco, o resto de crianzas fóronse sumando de xeito espontáneo e natural. E así foi como 𝗮 𝗮́𝗿𝗯𝗼𝗿𝗲 𝗮𝗰𝗮𝗯𝗼𝘂 𝗰𝗵𝗲𝗶́𝗻̃𝗮 𝗱𝗲 𝗮𝗻𝗶𝗺𝗮𝗶𝘀. 😂

Encántame observar estas pequenas dinámicas que xorden do xogo libre.

Como foron 4 h de animación, deunos para facer un pouco de todo: xogo libre, relevos, xogos de auga, de agacharse, buscas, circuitos de obstáculos, medallóns de madeira, cariocas, exhibición improvisada de baile... 𝗨𝗻 𝗱𝗶́𝗮 𝗯𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗹𝗲𝘁𝗶𝗻̃𝗼! 🥳

Mentres as adultas/os bailan e festexan ao seu xeito, nós tamén o facemos ao noso. 😁

Se estades pensando en festexar unha voda, un bautizo ou calquera outro evento con peques, 𝗮𝗶́𝗻𝗱𝗮 𝗺𝗲 𝗾𝘂𝗲𝗱𝗮𝗻 𝗼𝗰𝗼𝘀 𝗱𝗶𝘀𝗽𝗼𝗻̃𝗶𝗯𝗹𝗲𝘀 𝗲𝗻 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗲 𝗼𝘀 𝗱𝗶́𝗮𝘀 𝟭𝟱 𝗲 𝟯𝟬 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼. Entre semana hai máis ocos dispoñibles e ademáis 𝗰𝗼𝗻 𝗱𝗲𝘀𝗰𝗼𝗻𝘁𝗼 𝗶𝗻𝗰𝗹𝘂𝗶́𝗱𝗼! 😄

E xa sabedes que traballo ca "garantía de Lana": 𝘀𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝗾𝘂𝗲𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗰𝗼 𝘀𝗲𝗿𝘃𝗶𝘇𝗼, 𝗻𝗼𝗻 𝗽𝗮𝗴𝗮𝗱𝗲𝘀. 🤗

𝗘𝘀𝘁𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝟰 𝘃𝗲́𝗺𝗼𝗻𝗼𝘀 𝗲𝗻 Pulpo Fiestas Vigo 𝗰𝗼 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗮𝗰𝗼𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗢 𝗣𝗶𝗿𝗮𝘁𝗮 𝗗𝗲𝘀𝗽𝗶𝘀𝘁𝗮𝗱𝗼! 😄🏴‍☠️ Unha aventura cheíña de xogos par...
27/07/2026

𝗘𝘀𝘁𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝟰 𝘃𝗲́𝗺𝗼𝗻𝗼𝘀 𝗲𝗻 Pulpo Fiestas Vigo 𝗰𝗼 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗮𝗰𝗼𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗢 𝗣𝗶𝗿𝗮𝘁𝗮 𝗗𝗲𝘀𝗽𝗶𝘀𝘁𝗮𝗱𝗼! 😄🏴‍☠️

Unha aventura cheíña de xogos para peques de 2 a 6 anos, que inclúe ratiño de xogo libre ao final no local e agasallo para tóoodolos participantes! Ímolo pasar p**a, 100% garantido!
🥰🥳🫂

Bebés desde un ano poden vir acompañados dun adulto/a. 🌿

𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀, 𝗽𝗿𝗲𝘇𝗼𝘀 𝗲 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻: 𝟲𝟮𝟯 𝟭𝟭 𝟮𝟰 𝟭𝟭

Fai dúas semaniñas que rematou a nosa querida Xogoteca de Verán. 🌼💚🌞Un proxecto deseñado con moitísimo 𝗮𝗴𝗮𝗿𝗶𝗺𝗼, 𝗿𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝘁𝗼...
20/07/2026

Fai dúas semaniñas que rematou a nosa querida Xogoteca de Verán. 🌼💚🌞

Un proxecto deseñado con moitísimo 𝗮𝗴𝗮𝗿𝗶𝗺𝗼, 𝗿𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗲 𝗽𝗮𝗶𝘅𝗼́𝗻 pola nosa profesión: a educación non formal.

Dúas semanas cheas de actividades socioculturais nas que so agardo deixar nos peques 𝗮 𝗺𝗲𝘁𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗽𝗲𝗴𝗮𝗱𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗱𝗲𝗶𝘅𝗮𝗻 𝗲𝗹𝗮𝘀/𝗲𝘀 𝗲𝗻 𝗻𝗼́𝘀. 😅

Comparto algunhas imaxes deses días, aínda que, como sempre digo, as educadoras/es non pretendemos (nin queremos) levar a cámara na man todo o tempo. Tamén nos gusta xogar, aprender, desfrutar, querer e vivir o presente con eles e elas. 𝗡𝗼𝗻 𝘀𝗲𝗿𝗶́𝗮 𝘁𝗮𝗻 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝗶𝗮𝗹 𝘀𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝗳𝗼𝘀𝗲 𝗮𝘀𝗶́.

Durante esas semanas fomos testemuñas de novas amizades, aventuras, xogos incriblemente enxeñosos, algún conflito, algún pe que precisaba tiritas, moitas risas e centos de pequenas anécdotas e aprendizaxes que agardo nos acompañen o tempo que queiramos. 🙌😌

Fixemos buscas do tesouro, moedas de chocolate, festa de pos holi, xincanas acuáticas, experimentos científicos, cariocas, scape rooms, paseos polo monte, slime, xadrez, globoflexia, pulseiras... Mais como sempre digo, ao final, 𝗮𝘀 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝘀𝗼𝗻 𝘀𝗼 𝗮 𝗲𝘅𝗰𝘂𝘀𝗮 para coñecernos, coidarnos e ir forxando ese compañerismo, bo ambiente e confianza tan intensa e bonita, que ao final é o que nos levamos na memoria. As actividades, inda que algunhas familias non o creades, é o de menos. 😅

𝗚𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝗦𝗮𝗹𝘁𝗼́𝗻𝘀, 𝗖𝗼𝗿𝘇𝗼𝘀 𝗲 𝗟𝗼𝗯𝗮𝘁𝗼𝘀.🦗🦌🐺 Agardo velos moi pronto, un chisquiño máis grandes, un chisquiño máis sabios, pero sobre todo con esa ledicia, empatía e curiosidade que lles caracteriza. 🤗

Por certo, 𝗼𝗱𝗶𝗼 𝗮𝘀 𝗱𝗲𝘀𝗽𝗲𝗱𝗶𝗱𝗮𝘀, inda que sexan temporais. 🥲

Grazas e polo apoio e cesión das instalacións! 🥰

(1/2)

𝗦𝗼𝗹𝘁𝗼 𝗮 𝗯𝗼𝗺𝗯𝗮 𝗲 𝗺𝗮𝗿𝗰𝗵𝗼, 𝗾𝘂𝗲 𝘁𝗲𝗻̃𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗺𝗮𝗿𝗰𝗵𝗮𝗿! 🫥Última oportunidade para 𝗿𝗲𝘀𝗲𝗿𝘃𝗮𝗿 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗮𝗻𝗶𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗮𝗻𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗰𝗼 𝗽𝗿𝗲𝘇...
16/07/2026

𝗦𝗼𝗹𝘁𝗼 𝗮 𝗯𝗼𝗺𝗯𝗮 𝗲 𝗺𝗮𝗿𝗰𝗵𝗼, 𝗾𝘂𝗲 𝘁𝗲𝗻̃𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗺𝗮𝗿𝗰𝗵𝗮𝗿! 🫥

Última oportunidade para 𝗿𝗲𝘀𝗲𝗿𝘃𝗮𝗿 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗮𝗻𝗶𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗮𝗻𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗰𝗼 𝗽𝗿𝗲𝘇𝗼 𝗮𝗰𝘁𝘂𝗮𝗹.

Se reservades durante xullo ou agosto, 𝗰𝗼𝗻𝘀𝗲𝗿𝘃𝗮𝗿𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗮 𝘁𝗮𝗿𝗶𝗳𝗮, aínda que a festa sexa en setembro, en decembro ou incluso o ano que vén.

🔝 𝗫𝗶𝗻𝗰𝗮𝗻𝗮 𝘁𝗲𝗺𝗮́𝘁𝗶𝗰𝗮: 100 € + IVE
🗺️ 𝗕𝘂𝘀𝗰𝗮 𝗱𝗼 𝘁𝗲𝘀𝗼𝘂𝗿𝗼: 120 € + IVE

Se vos apetece saber máis ou comprobar dispoñibilidade, escribídeme sen ningún compromiso no 623 11 24 11. 🤗

Un mes despois de dicir que ía subir esta entrada... aquí vai! 😂𝟭𝟬 𝗹𝘂𝗴𝗮𝗿𝗲𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗺𝗲 𝗴𝘂𝘀𝘁𝗮𝗻 𝗺𝗼𝗶𝘁𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝗽𝗲𝗾𝘂𝗲𝗻𝗼𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗲...
10/07/2026

Un mes despois de dicir que ía subir esta entrada... aquí vai! 😂

𝟭𝟬 𝗹𝘂𝗴𝗮𝗿𝗲𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗺𝗲 𝗴𝘂𝘀𝘁𝗮𝗻 𝗺𝗼𝗶𝘁𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝗽𝗲𝗾𝘂𝗲𝗻𝗼𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗲𝘅𝗼𝘀 𝗶𝗻𝗳𝗮𝗻𝘁𝗶́𝘀! 🥳

En todos eles fixen animacións (aniversarios, comuñóns e algunha festiña máis), así que podo dicir de primeira man que me parecen ben chulos! 🤗

Iso si, se vos interesa visitar algún deles, 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗺𝗲́𝗻𝗱𝗼𝘃𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘂𝗹𝘁𝗮𝗿 𝘀𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲 𝗮 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮𝗰𝘁𝘂𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗱𝗮. Estas "fichas" (por chamalas dalgún xeito) poden quedar obsoletas co tempo e os espazos poden ir cambiando os seus servizos.

E para rematar, unha pequena anotación: 👉 nos espazos naturais non fai falla xuntarse 40 persoas para pasalo ben, como sempre digo, 𝗻𝗼𝗻 𝗽𝗼𝗿 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗶𝗱𝗮𝗿 𝗮 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝘅𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗮 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗲𝘀𝘁𝗮 𝘃𝗮𝗶 𝘀𝗲𝗿 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿.

De feito, na miña experiencia, moitos dos aniversarios máis bonitos foron con grupos de menos de 10 peques. Faise máis piña, hai máis tempo para compartir e coñecernos beeen todos e, tamén, pois se coida un pouquiño máis os espazos que visitamos. Como digo no "antes de nada", coidar destes espazos é o noso deber! 😄🌿

PD: A maioría das fotos son de Google e de Little Vigo / Vigo con niños, unha conta fabulosa que comparte recursos semellantes a este... pero mil veces mellor! 😂 Recoméndovos seguila se vos gusta este tipo de contido. 🤗

Dirección

Redondela

Teléfono

+34623112411

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Lana Animación Sociocultural publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Lana Animación Sociocultural:

Atajos

Compartir