Escola de Música de Chapela

Escola de Música de Chapela Escola de música con 30 anos de experiencia na que podes aprender o instrumento que máis che guste sen límite de idade

A nosa Escola de Música é unha institución para nenos/as, xente xoven, e adultos, nas que se ofrece ó estudante, xunto coas ensinanzas instrumentais, vocais e teóricas, a posibilidade de facer música colectivamente en banda, coros e outras agrupacións, e nas que o estudante con especial talento e interese pode prepararse para uns estudos profesionais. As ensinanzas impartidas son:

THE MUSIC CLASS

(A partir de 0 anos): É un programa de música para bebés e nenos/as pequenos onde xogan, cantan e bailan en inglés. Ó ser acompañado polos pais fortalece o vínculo afectivo cos pequenos mentras estes aprenden. MÚSICA E MOVEMENTO (de 2 a 5 anos): Trátase dunha primeira toma de contacto coa música mediante o xogo e talleres musicais. A súa finalidade é o ensino musical, o descubrimento e desenvolvemento das capacidades expresivas, musicais e motrices. Divídese en tres niveis educativos segundo a idade. LINGUAXE MUSICAL (a partir de 6 anos, sen límite de idade): Actividade na cal se aprende a ler música para poñela en práctica có instrumento que se escolla. INSTRUMENTO: Terán como finalidade adquirir as destrezas técnicas e capacidades expresivas necesarias para a práctica interpretativa a nivel individual e tamén en grupo; tentarán cultivar a afección pola música como fenómeno artístico e medio de comunicación persoal; e tamén tratarán de promover a creación de agrupacións instrumentais diversas. O proceso da ensinanza e aprendizaxe deber adaptar ás características individuais sen prefixar esixencias condicionadas por un programa preestablecido. Con independencia de que o alumno poida ampliar a súa formación, inscribíndose noutras materias, a clase de instrumento debe tratar de relacionar os contidos teóricos e prácticos: neste ámbito resulta moi importante a labor de orientación en alumnos con aptitudes e vocacións destacadas. Ofrecer polo centro son: óboe, frauta, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, bombardino, tuba, percusión, gaita, pandeireta, percusión tradicional, violoncelo, batería, piano, guitar
ra, acordeón e voz. ( aberto tamén a outras posibilidades elexidas polo alumno)
A práctica instrumental abrangue:

1. APRENDIZAXE AFECCIONADA: Para o desenvolvemento persoal e a interpretación colectiva.

2. FORMACIÓN PARA FUTUROS PROFESIONAIS: Estudo individual e colectivo profesional e preparación para o acceso aos conservatorios

CONXUNTO: Tódolos alumnos que se inscriben nun instrumento poden e aconséllase
que participen en agrupacións vocais e instrumentais que a propia escola
propón. Estas actividades deben ser unha finalidade prioritaria, por canto
permiten comprender a dimensión comunicativa e cooperativa da interpretación
musical. Itinerario que contempla a formación instrumental ou vocal nas agrupacións do Centro (Banda de música, Grupo de gaita, Grupo de pandeireta). CURSOS DE VERÁN: Todos os cursos impartense tamén en verán, durante o mes de xullo. Cóntase tamén con clases de reforzo e preparación de probas de acceso a conservatorios e apoio para a recuperación de materias.

https://www.facebook.com/share/17pian3Xfe/
17/07/2026

https://www.facebook.com/share/17pian3Xfe/

A Casa da Torre acolle este venres 17 de xullo, ás 20:00 horas, a presentación da publicación da partitura do pasodobre galego Redondela, do compositor Manuel

23/05/2026
05/05/2026

Hoxe estiveron na escola o alumnado do centro de día de Chapela. Compartimos cantigas e contos. Grazas á profe pasamos unha tarde moi bonita


Venres 1 de maio a partir das 18:00 esperámoste no aparcadoiro do pavillón de deportes de Chapela. Se o tempo non acompa...
29/04/2026

Venres 1 de maio a partir das 18:00 esperámoste no aparcadoiro do pavillón de deportes de Chapela. Se o tempo non acompaña trasladámonos ao Multiúsos de Chapela.

Unha representación do alumnado de percusión da escola de música de Chapela actúa no   Boa actuación. Noraboa! Grazas ao...
25/04/2026

Unha representación do alumnado de percusión da escola de música de Chapela actúa no
Boa actuación. Noraboa!
Grazas ao noso profe e a por convidarnos

O alumnado de percusión da Escola de música de Chapela participa no Festival de percusión   este sábado a las 18:00 en e...
21/04/2026

O alumnado de percusión da Escola de música de Chapela participa no Festival de percusión este sábado a las 18:00 en el Auditorio de Valladares

Dirección

Baixos Do Pavillón De Deportes De Chapela. Avenida De Redondela Nº17
Redondela
36320

Horario de Apertura

Lunes 16:00 - 21:00
Martes 16:00 - 21:00
Miércoles 16:00 - 21:00
Jueves 16:00 - 21:00
Viernes 16:00 - 23:00
Sábado 11:00 - 13:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola de Música de Chapela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Escola de Música de Chapela:

Atajos

Compartir

Categoría