11/06/2026
V FEIRA DE SOUTOMAIOR
Por segundo ano consecutivo, o noso alumnado do club de ciencias obtén na feira de ciencias de Soutomaior o pase a Openscience de Cambre con 2 proxectos; "Nacer e medrar en ácido", co premio innova ,e "A ciencia feita arte:seguindo os pasos de Anna Atkins" , o premio rigor científico e obpremio revelación secundaria.
Estamos moi orgullosos polo traballo do noso alumnado, que pese as datas nas que nos atopamos, con exames e probas finais, e coa xornada de calor extrema que vivimos hoxe, souberon sobrepoñerse á adversidade e demostrar todo o traballado durante estes últimos meses.
Agora toca un merecido descanso, e en setembro empezaremos o novo curso do club de ciencia coa nosa presencia nunha das maiores feiras científicas de Galicia.