Casa Niño A Croa

Casa Niño A Croa Espazo educativo de atención individualizada á infancia en idades comprendidas entre os 3 meses e

Chegamos ao remate doutro curso máis. 💛E eu, moi feliz de seguir vivindo todo isto cos nenos e nenas de Riotorto, compar...
31/07/2026

Chegamos ao remate doutro curso máis. 💛

E eu, moi feliz de seguir vivindo todo isto cos nenos e nenas de Riotorto, compartindo aprendizaxes, aventuras e momentos que quedan para sempre no corazón.

Celebramos os últimos cumpleaños no niño, disfrutamos de días de piscinas e fixemos actividades con esas plantillas tan chulis que nos agasallou a mamá de Alén. 🥰

Tamén tivemos un día de convivencia coas familias e desprazámonos ata Muvicla, (gracias ao Concello de Riotorto por facelo posible), onde por fin puidemos ver de preto os tractores dos que tanto falamos ao longo deste curso. Porque, algún día, nin os bos días se daban… xa entrabamos falando de que o día anterior foran en tractor! 🚜😄

Agora toca g***r dun merecido descansiño. 🏖️ E á volta, máis aventuras, máis aprendizaxes e máis momentos compartidos. Iso si, desta vez contaremos cunha tribu un poco diferente, porque dous paxariños voan cara o cole de maiores.
Dende aquí, desexarlles todo o mellor nesta nova etapa. Aínda que seguirei visitándovos, acompañándovos e vendo como acadades novos logros. 💛

Grazas por tanto, pequenos e pequenas. E grazas tamén ás familias por formar parte desta fermosa aventura.

Felices vacacións!
🌊☀️🏖️

29/07/2026
Abraio. 🪄 Abraio co camión que limpa as calles de Riotorto.Abraio coa ITV dos tractores.Quen me ía dicir que pasaría tan...
17/07/2026

Abraio. 🪄

Abraio co camión que limpa as calles de Riotorto.

Abraio coa ITV dos tractores.

Quen me ía dicir que pasaría tanto tempo observando estas dúas escenas.

A vida lévanos sempre con présa. Imos tan rápido que, ás veces, olvidámonos de parar e marabillarnos co máis sinxelo, co que acontece diante dos nosos ollos cada día.

E entón chegan eles. Detéñense. Miran.
Ves como os seus ollos se fan máis grandes do normal e che dicen:

-Nine, mira… tractor!

Observan coma se o mundo fose novo, porque para eles realmente o é.

Cantas veces pensamos que somos nós quen lles ensinamos a descubrir a vida, cando en realidade son eles os que nos lembran como se fai.
Os que nos convidan a parar, a respirar e a volver abraiarnos co cotián.

Porque, ás veces, a maxia non está nas grandes cousas, nin en mil actividades que tentamos facer…
Está nun camión limpando as rúas, nun tractor pasando a ITV... e en dous pequenos ollos que o contemplan todo coma se fose a primeira vez.

🥵 🥵 🥵 Para estes días de calor nada mellor que contrastar con algo moi frío.🧊 🧊 🧊
10/07/2026

🥵 🥵 🥵

Para estes días de calor nada mellor que contrastar con algo moi frío.

🧊 🧊 🧊

Unha semana chea de eventos. ✨ Hoxe remataron os nenos e nenas do cole de maiores o curso académico, e coma sempre, o Ce...
19/06/2026

Unha semana chea de eventos. ✨

Hoxe remataron os nenos e nenas do cole de maiores o curso académico, e coma sempre, o Ceip De Riotorto quixo invitarnos a formar parte desta despedida.

En breves, dúas crianzas do niño voarán a este centro e antes disto, fomos tomar contacto co cole, coa aula, cos seus compañeiros e coa profe. Levámoslles o conto de Ganapán e Garabato que son un can e un gato que se fan amigos e aprenden a facer cousas un polo outro, como os dous ratiños que pronto irán po cole.

Tamén formamos parte da maxia do festival de fin de curso, e moita emoción para os que teñen irmáns maiores actuando no evento. ✨

E para rematar a semana, descubrimos que un sapo 🐸 vive no noso arenero.

Como xa dixen, unha semana chea de eventos. ✨

Que bonito é poder disfrutar e atopar, a cada paso que damos, un tesouro no noso precioso rural.Que misterio esconderá a...
05/06/2026

Que bonito é poder disfrutar e atopar, a cada paso que damos, un tesouro no noso precioso rural.

Que misterio esconderá a cor verde da nosa bonita natureza, que nos atrapa inexplicablemente?

Creo que son moi afortunada. 🍃💚🌱🌿

💛 Foto de familia 📸Hoxe celebramos o Día da Familia e queremos enviar un forte abrazo a todas esas familias que se const...
15/05/2026

💛 Foto de familia 📸

Hoxe celebramos o Día da Familia e queremos enviar un forte abrazo a todas esas familias que se constrúen de mil maneiras diferentes.

Porque a familia non é só o fogar: tamén son os momentos compartidos, o traballo en equipo, o xogo, o cariño e as persoas que camiñan ao noso lado cada día.

Neste niño, tamén formamos unha pequena gran familia, chea de sorrisos, aprendizaxes e moito amor. 🫶

O pasado 23 de abril celebrouse o día do libro. 📕 📖 📗 Non quixemos pasar sen facer o encontro dos pequeniños do niño e d...
30/04/2026

O pasado 23 de abril celebrouse o día do libro.

📕 📖 📗

Non quixemos pasar sen facer o encontro dos pequeniños do niño e do Ceip De Riotorto, cos maiores das casas do maior e das vivendas comunitarias.

Regalámoslles unhas flores, que tamén aproveitamos a repartir polo pobo, e intercambiamos unhos contiños.

Porque cando os pequenos e os maiores se xuntan, dase un conta de que o paso dunha idade a outra é fugaz, que o tempo voa sen avisar.
E nestes encontros, entre risas e recordos, daste conta que todos formamos parte da mesma historia, dun mesmo libro que se escribe cada día.

📕 📖 📗

Moito traballo hoxe en Riotorto. Achégase a feira do ferro e os mellores observadores fomos comprobar que todo quede cor...
17/04/2026

Moito traballo hoxe en Riotorto.

Achégase a feira do ferro e os mellores observadores fomos comprobar que todo quede correctamente no seu sitio.

Tiñamos por diante a un montón de obreiros coas carpas e por detrás a Mario facendo un furado coa pala que quedaron asombrados do fondo que era! Canto que ver hoxe por aquí polas rodrigas…

Agora a disfrutar da feira!

Dirección

Ríotorto
27744

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Casa Niño A Croa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Casa Niño A Croa:

Atajos

Compartir

Categoría