Outonía: Educación Social e Sustentabilidade rural

Outonía: Educación Social e Sustentabilidade rural 🌱Economía social sen ánimo de lucro.
🌱Educación social para os territorios rurais e afíns. Contáctanos, seguro que chegamos a acordo.

Innovación e participación social, formación e consultoría, intervención socioeducativa Apostamos por xerar propostas educativas adaptadas ás necesidades e intereses das persoas coas que traballamos. Facémolo, como se leva realizando no rural toda a vida: con coidado e a lume paseniño.

Podemos darvos a turra cun carrete infinito sobre o que aconteceu esta pasada finde?🥹Custa non emocionarse ao volver sob...
01/09/2026

Podemos darvos a turra cun carrete infinito sobre o que aconteceu esta pasada finde?🥹

Custa non emocionarse ao volver sobre as instantáneas. 🌞Agradecer, unha vez máis, a todos os corpos que nos acompañastes. A todis que fixestes parte do territorio, as que vos deixastes afectar polas mutacións e polas conversas que medran desde o "estar".

Non sabemos como será Outonía no vindeiro lustro, mais nesta incerteza hai algo certo: se continuamos tan arroupadas, facendo comúns e co peito cheo de agradecemento, só podemos pedir outros +20. 🎂

🍀E que veñan!🐜

[Paisaxes Candentes]📍Amiguiñes, na víspera das Festas Mutantes un pouquiño máis de info para situarnos no territorio.A m...
28/08/2026

[Paisaxes Candentes]

📍Amiguiñes, na víspera das Festas Mutantes un pouquiño máis de info para situarnos no territorio.

A meirande parte das Festas, acontecen na 🏚Aira da Muradella [en vermello, no mapa]. Será o punto de referencia para iniciar as derivas e percorridos. Tamén a zona de concertos e intervencións artísticas.

🌞Raigada é un pobo grande de rúas estreitas. Polo que vos pregramos que non baixedes os coches polo núcleo central. Non hai zonas de aparcadoiro como tal, pero podedes estacionar arredor da estrada principal [áreas amarelas] e camiñar ata a Aira.

Na praza, podedes atopar o Bar da Edita onde tomar o café ; )

Vide con gana 💞

🔹Laboratorio Mutante. Paisaxes Candentes. Unha iniciativa de Outonía S.Coop.Galega .coop
🔹𝗙𝗶𝗻𝗮𝗻𝗰𝗶𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼: AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

27/08/2026

[Paisaxes candentes]

🖌 Que ilusión poder contarvos que as benqueridas compañeiras tugas da farán parte das Festas Mutantes.

Coa súa oficina experimental e itinerante, achegarán todo o bo da serigrafía artesanal. Poderemos estampar esta marabilla de deseño que crearon para a ocasión entre outras ideas!🌱

💭 Non esquezades traer a vosas sacas, camisolas, teas... ou calquera outra que desexedes estampar.

🔹Laboratorio Mutante. Paisaxes Candentes. Unha iniciativa de Outonía S.Coop.Galega .coop
🔹𝗙𝗶𝗻𝗮𝗻𝗰𝗶𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼: AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Con medio pé xa a remollo e a cadeira buscando a fresca, baixamos o ritmo ata finais de agosto.O descanso tamén é políti...
07/08/2026

Con medio pé xa a remollo e a cadeira buscando a fresca, baixamos o ritmo ata finais de agosto.

O descanso tamén é política e nós acollemos o privilexio de poder parar en verán.
Ogallá teñades unha boa dose de sombra,
de soñar durmidas e espertas
e de g***r a vida sen presa.

Vémonos á volta!

[Paisaxes candentes]Amigu*s, ben dicíamos que agosto se fechaba polo alto.😍 Desta man coas marabillosas  e , nun convite...
05/08/2026

[Paisaxes candentes]

Amigu*s, ben dicíamos que agosto se fechaba polo alto.😍 Desta man coas marabillosas e , nun convite a coñecer 💧"O que a auga nos deu"💧

As artistas, foron as responsables de escoitar, falar, facer e idear unha devolución das pezas do Laboratorio que sexa á vez punto de activación e encontro comunitario. O vindeiro 📅 30.08, as 19.00h na Capela dos Navallos (Celavente, O Bolo), presentarase unha peza artística de palabra falada e música. 🎤💬

🌱Vide a centos!

🔹Laboratorio Mutante. Paisaxes Candentes. Unha iniciativa de Outonía S.Coop.Galega .coop
🔹𝗙𝗶𝗻𝗮𝗻𝗰𝗶𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼: AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

[Paisaxes candentes]📣Se as celebracións non forman parte do proceso... non son tal cousa! Traemos unha proposta para fec...
30/07/2026

[Paisaxes candentes]

📣Se as celebracións non forman parte do proceso... non son tal cousa! Traemos unha proposta para fechar agosto que agardamos vos namore tanto coma a nós.

Entre ruínas e posibilidades, xuntámonos para celebrar os procesos que transforman. Un día para camiñar, escoitar, compartir mesa e festa. Porque facer comunidade tamén é facer territorio. 🌱✨

🔸E... un pequeno segredo, aproveitaremos a ocasión para festexar o 💠 5º aniversario da cooperativa 💠

Sendo así, ves brindar con nós?🍻

🔹Laboratorio Mutante. Paisaxes Candentes. Unha iniciativa de Outonía S.Coop.Galega .coop
🔹𝗙𝗶𝗻𝗮𝗻𝗰𝗶𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼: AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

A pasada semana fechamos este curso de 🔹Fiando (a) memoria🔹, unha iniciativa que facilitamos e deseñamos para o Concello...
11/06/2026

A pasada semana fechamos este curso de 🔹Fiando (a) memoria🔹, unha iniciativa que facilitamos e deseñamos para o Concello do Barco de Valdeorras, que vincula a recuperación do patrimonio material e inmaterial e a xeración de narrativas propias a través dos puntos de encontro entre mulleres adultas.

Como non podía ser doutro xeito, as despedidas foron tan diversas e enriquecedoras como o son os grupos participantes:

🌱 O luns, en Veigamuíños, pechamos arredor dunha merenda durante a que intercambiamos sementes e saberes da horta. Deste xeito afondamos na idea de seguir agromando.

🍞 O martes pechamos Éntoma, cocendo xuntas no forno comunitario no que se cocían pan e empanadas, compartimos xantar (je!) e conversa arredor da louxa e os louxeiros, recuperando historia viva na memoria.

📸 O mércores no Barco comemos xuntas e compartimos recordos e lembranzas, achegándonos a eles a través dos albums familiares .Traendo de volta as emocións a partir das imaxes.

🪁 Por último, o venres en Viloira, antes de xantar, os xogos que se atopaban gardados na memoria, voltaron saír ás rúas xunto ao alumnado de 6º curso do CEIP Otero Pedrayo, tecendo tamén unha ponte interxeracional.

Moitas grazas a todas aquelas que seguides Fiando (a) memoria 🧶

📢ÚLTIMAS PRAZAS! Campo de VoluntariadoPresentamos TERRITORIO SONORO📣 o primeiro Campo de Voluntariado artístico para pro...
09/06/2026

📢ÚLTIMAS PRAZAS! Campo de Voluntariado

Presentamos TERRITORIO SONORO📣 o primeiro Campo de Voluntariado artístico para promover unha cultura viva no 📍 Concello do Incio


Mediante as ferramentas da mediación cultural, e a partir das prácticas artísticas, desenvolveremos un proceso de recollida da memoria inmaterial no Val do Incio⛰️.


Que faremos❔❔❔❔❔
Mapear o territorio🌿, deseñar rutas sonoras, rexistrar as paisaxes e crear tres dispositivos de devolución comunitaria: 🎧 os paseos sonoros 🎧

Mais ...non todo vai ser traballar! Exploraremos o ecosistema cultural da comarca e visitaremos varios núcleos difusores de cultura expandida. Botaremos algún baile de verbena e estaremos a remollo no río Cabe.

Queres saber máis desta fantasía? ✨✨

📩 Toda a info na páxina de Xuventude [xuventude.xunta.gal]
📅 Últimas prazas

🌱 MRM: My Rural MentorMalia que levamos un tempo inmersas 🚣‍♀nesta aventura, é hoxe cando vos contamos un pouquiño máis ...
05/06/2026

🌱 MRM: My Rural Mentor

Malia que levamos un tempo inmersas 🚣‍♀nesta aventura, é hoxe cando vos contamos un pouquiño máis da(s) vida(s) ao outro lado da pantalla.

🧚Presentamos MRM, un proxecto que nace para fortalecer o benestar e o acompañamento a mocidade vulnerabilizada nas ruralidades en risco de despoboamento en Italia, Portugal e España.

Botando man das estratexias propias da mentoría social e da creación de vínculos bentratantes en tódalas esferas vitais, desenvólvese un proceso de mentoría 🫶estruturado en tres aneis (individual, grupal e comunitario) que busca reforzar as conexións sociais das persoas mozas, fortalecer o seu arraigo ao territorio e mellorar o seu benestar persoal.

A metodoloxía aspira, ademais, a favorecer que a mocidade poida 🍀 imaxinar, construír e desenvolver os seus proxectos de vida, tanto presentes como futuros, na ruralidade.

🎯MRM, ten en conta:

👥 Formación e acompañamento de mentoras
👩‍🌾 Sesións de mentoría
🌍 Proxectos comunitarios liderados pola mocidade
📢 Accións de sensibilización e intercambio

entre outras!

MRM culminará coa creación dun modelo replicable de mentoría para 🏞zonas rurais, facilitando a súa transferencia a outros territorios📦

Unhas fotiños 📸 de como avanza o proxecto, seguide de preto para máis info!

🤝 Estamos inmersas nesta iniciativa: .coop e en Galicia, e en Italia, e en Portugal.

The My Rural Mentor project is a 28 months project co-financed by the Erasmus+ programme, KA220 Cooperation partnerships in Youth.

A pasada semana pasaron cousas incribles. 🌈 Tivemos a nosa finde de lecer coma equipa, iniciando coa xuntanza das imaxes...
28/05/2026

A pasada semana pasaron cousas incribles. 🌈 Tivemos a nosa finde de lecer coma equipa, iniciando coa xuntanza das imaxes! O venres ocupamos a Ítaca .axc para pensar, revisar e activar arredor dese "como estamos a funcionar como entidade".

Un tempo para poñer enriba da mesa os procesos abertos, ver onde estamos e cara onde queremos ir. 🌿

Foi un encontro útil para ordenar ideas, compartir impresións e reaxustar o que xa está en marcha. Falamos de presente e de futuro con perspectiva 🤝

Neste tipo de espazos é onde realmente se constrúe: ao escoitarnos, ao revisar xuntas e ao tomar decisións con máis claridade. Que preciso parar e ter acompañamento nestas inmersións 🏊‍♀

Grazas a Adela polo acompañamento, polo enfoque e pola axuda á hora de ordenar (nos).

Seguimos, con máis foco e con ganas, co importante xa enriba da mesa e unha rede que se reforza en cada encontro. 🌐✨

Dirección

Lugar De Vieiros, N°4
Quiroga
27328

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Outonía: Educación Social e Sustentabilidade rural publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Outonía: Educación Social e Sustentabilidade rural:

Atajos

Compartir

Categoría