07/07/2026
Somos MathCityMap PLUS!!!
Non hai moito publicábamos unha entrada sobre a ruta matemática do curso que remata. Nela o alumnado de 3ºESO deu un paseo polo lago desfrutando da natureza e as matemáticas.
Cada ano realizamos esta actividade facendo uso da aplicación MathCityMap da Universidade Goethe de Fráncfort. Desde hai un tempo o noso centro ten a honra de formar parte das Escolas Asociadas a Math City Map.
No día de hoxe temos o pracer de anunciar a toda a comunidade educativa que acabamos de recibir a confirmación de que obtivemos a categoría de Escola Asociada PLUS. Para acceder a esta categoría desde o centro foi necesario dar un paso máis alá, pois trátase dun recoñecemento ao traballo do alumnado. Queremos agradecer encarecidamente a súa implicación e esforzo a todo o alumnado de Matemáticas A de 4ºESO e de Ensino Secundario para Persoas Adultas, que traballaron no proxecto deseñando eles/as mesmos/as novas tarefas no recinto do instituto. Algunhas destas tarefas xa están organizadas en rutas matemáticas que resolverá nos vindeiros cursos o noso alumnado.
Este recoñecemento non é unha meta, senón un novo punto de partida. Seguiremos sacando as matemáticas da aula, seguiremos abrindo a mirada matemática.... porque non hai un momento na vida na que nos esteamos rodeados de beleza matemática.
Parabéns, rapazada. Este logro é voso.