CEIP Plurilingüe A Fraga

CEIP Plurilingüe A Fraga Centro Plurilingüe de Educación infantil e Primaria O propósito do C.E.I.P.

A FRAGA é formar persoas nos ámbitos intelectual, moral e cívico, que sexan capaces de incorporarse con garantías nas seguintes etapas de formación e no medio social no que viven, baseándose nunha aprendizaxe significativa e individualizada, potenciando a autoestima, educando para a tolerancia e a solidariedade. O noso centro pretende ser un centro de referencia pola calidade do seu ensino, oferta

ndo unha formación integral baseada en principios humanos e metodolóxicos que dean resposta ás demandas da sociedade para estas etapas educativas.

Recordamos que o vindeiro luns podedes vir coñecer o noso centro. Tedes toda a información na nosa páxina web.
08/03/2024

Recordamos que o vindeiro luns podedes vir coñecer o noso centro. Tedes toda a información na nosa páxina web.

"SEMANA DA AMIZADE" http://ceipafraga.blogspot.com/2020/02/semana-da-amizade.html https://1.bp.blogspot.com/-SkFJIii1ino...
16/02/2020

"SEMANA DA AMIZADE" http://ceipafraga.blogspot.com/2020/02/semana-da-amizade.html https://1.bp.blogspot.com/-SkFJIii1ino/XkfgaJPziYI/AAAAAAAAKdk/Xwq_1Q6riM0tG0FvOSPYNdGRqaYSDUl8ACLcBGAsYHQ/s320/IMG_2817.jpg

Esta semana na Biblioteca celebramos a

SEMANA DA AMIZADE

con moitos obradoiros

que nos fixeron pensar sobre a importacia dos amigos.

Como nos dixo Roel na súa carta

"Quen ten un amigo ten un tesouro".

Estas son algunhas das imaxes.

Que ven o pasamos!!

Blog do Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria A Fraga, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña.

"NOVIDADES LECTORAS" http://ceipafraga.blogspot.com/2020/02/novidades-lectoras.html https://1.bp.blogspot.com/-LmDqmO_32...
05/02/2020

"NOVIDADES LECTORAS" http://ceipafraga.blogspot.com/2020/02/novidades-lectoras.html https://1.bp.blogspot.com/-LmDqmO_32oI/XjsArmOe5sI/AAAAAAAAKdI/9XSCViKraokvOnJqPdUN2TnAfAbnn9vbACLcBGAsYHQ/s320/roel%2B%25281%2529.jpg

NOVIDADES LECTORAS:
Ola peques e pecas
na Biblioteca do cole temos moitas novidades lectoras.
Xa sabedes, o horario de préstamo é nos recreos, pero
tamén podedes vir pola Biblioteca en horario de tarde,
Infantil, primeiro e segundo de primaria sempre
acompañados por un adulto e os demais cursos soíños.
Animádevos a vivir moitas aventuras!!!

Vémonos na Biblio!!!!

Blog do Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria A Fraga, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña.

"24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA" http://ceipafraga.blogspot.com/2019/10/24-de-outubro-dia-da-biblioteca.html https://1....
23/10/2019

"24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA" http://ceipafraga.blogspot.com/2019/10/24-de-outubro-dia-da-biblioteca.html https://1.bp.blogspot.com/-nIlZgUN_QdA/XadEFYC_tII/AAAAAAAAKWk/RitzC4yJ34khBgzGUily_5kJGt3LL04SACLcBGAsYHQ/s400/11.jpg

O Día da Biblioteca celébrase

en toda España dende 1997

cada 24 de outubro

en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992.

"...a biblioteca escolar debe facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria." Bibliotecas Escolares de Galicia.

Pregón feito por Gemma Pascual:
A SEN CONTO

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul.

Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.
Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.

Tradución: Héctor Cajaraville

Blog do Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria A Fraga, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña.

""Zalaira"´agasallo de Picariños para Roel." http://ceipafraga.blogspot.com/2019/10/zalairaagasallo-de-picarinos-para-ro...
16/10/2019

""Zalaira"´agasallo de Picariños para Roel." http://ceipafraga.blogspot.com/2019/10/zalairaagasallo-de-picarinos-para-roel.html https://1.bp.blogspot.com/-esYe_SF5vDU/XaQgE04DYHI/AAAAAAAAKWU/8I6rY5m_khorqmeiyocH-oVfeGgTkqIYACLcBGAsYHQ/s400/Zalaira.jpg

Recibimos un agasallo moi especial

feito polo equipo PICARIÑOS para o cole.

Un conto cheo de valores,

ZALAIRA,

onde a bruxiña Zalaira e a súa amiga a Curuxa viven grandes aventuras.

Moitísimas gracias Picariños.

Blog do Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria A Fraga, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña.

"ROEL E O RECUNCHO POLA IGUALDADE. Inauguramos a Biblioteca." http://ceipafraga.blogspot.com/2019/09/roel-e-o-recuncho-p...
30/09/2019

"ROEL E O RECUNCHO POLA IGUALDADE. Inauguramos a Biblioteca." http://ceipafraga.blogspot.com/2019/09/roel-e-o-recuncho-pola-igualdade.html https://1.bp.blogspot.com/-UtsOSRMfrmk/XZJlvOLqPmI/AAAAAAAAKVo/nYvfGzL9NaY1eTUj9r15EgVmJ7Ja8okXACLcBGAsYHQ/s640/roel.jpg

Inauguramos a nosa Biblioteca
cunha gran sorpresa:

"O RECUNCHO POLA IGUALDADE"

Con libros e contos moi interesantes
que nos trouxo Roel

das súas aventuras veraniegas.

Pasade pola Biblio a coñecer o novo recuncho

e a disfrutar das súas lecturas.

Blog do Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria A Fraga, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña.

"SEMENTEIRA DE LIBROS" http://ceipafraga.blogspot.com/2019/05/sementeira-de-libros.html https://3.bp.blogspot.com/-cutpq...
15/05/2019

"SEMENTEIRA DE LIBROS" http://ceipafraga.blogspot.com/2019/05/sementeira-de-libros.html https://3.bp.blogspot.com/-cutpq_z-LNI/XNqak0oa-4I/AAAAAAAAKQw/41wFU8igI3EW0m5SwUU9T3HMNtXEQ5eVwCLcBGAs/s400/IMG_0950.JPG

Aproveitando as

Casiñas dos Libros
que hai no pobo e coa finalidade de fomentar valores
como a solidariedade, o compartir, a empatía e xenerosidade,...

decidimos facer unha

sementeira

e deixar libres moitos libros

co fin de axudar a

transformar o mundo enteiro

nunha Biblioteca e

fomentar o amor pola lectura.

Blog do Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria A Fraga, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña.

"Mirade o que nos propón Roel....unha sementeira de libros." http://ceipafraga.blogspot.com/2019/04/mirade-o-que-nos-pro...
29/04/2019

"Mirade o que nos propón Roel....unha sementeira de libros." http://ceipafraga.blogspot.com/2019/04/mirade-o-que-nos-propon-roelunha.html https://2.bp.blogspot.com/-61Jbmx_arAo/XMd7200CmDI/AAAAAAAAKQQ/5Pkjl-h19r4ao7MOCOjwLcmpWuCAwRx8QCLcBGAs/s320/IMG_9796.JPG

Como xa sabedes,

a Roel gústalle moito ler,

e anda pola fraga a deixar libros

"nas Casiñas dos Libros"

Que ben Roel!!!!

Nosoutros tamén faremos unha

SEMENTEIRA DE LIBROS

nas casiñas.

Blog do Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria A Fraga, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña.

Dirección

Avenida Habana S/n
Puentes De García Rodríguez
15320

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Viernes 09:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CEIP Plurilingüe A Fraga publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CEIP Plurilingüe A Fraga:

Atajos

Compartir

Categoría