14/11/2025
✨ Os días 22 e 29 de novembro estaremos en Narón impartindo un novo Seminario de Seguridade e Defensa Persoal Feminina, nesta ocasión acompañados pola psicóloga María Comillas, unha profesional excepcional que achegará a visión psicolóxica, emocional e preventiva ante situacións de risco.
👭 Un taller GRATUÍTO dirixido a mulleres e nenas (a partir de 12 anos, acompañadas por unha adulta) empadroadas en Narón.
🕘 Datas e horario:
📅 22 e 29 de novembro
⏰ 10:00 a 13:00 h
📍 Centro Cívico Social do Alto
📞 Inscricións abertas ata o día 18:
Chamar ao 633 497 990 (08:00 a 14:00 h)
Unha iniciativa promovida pola Concellería de Benestar Social, tras o éxito rotundo da edición anterior.
💪 Formación real para empoderar, previr e protexer.
Seguridade, respecto e defensa persoal ao alcance de todas.