CEIP Couceiro Freijomil

CEIP Couceiro Freijomil Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de CEIP Couceiro Freijomil, Colegio, Avenida do Peirao, s/n, Puentedeume.

FORMÁNDONOS PARA DAR O MELLOR AO NOSO ALUMNADO.O Equipo Docente do Ceip Couceiro Freijomil está formado por persoas que ...
08/03/2026

FORMÁNDONOS PARA DAR O MELLOR AO NOSO ALUMNADO.

O Equipo Docente do Ceip Couceiro Freijomil está formado por persoas que amosan diariamente un grande interese por satisfacer a demanda educativa e formativa da diversidade de alumnado que acode á nosa escola. Somos conscientes de que cada día preséntase como un reto profesional para o cal debemos actualizarnos e deste xeito aportar o noso gran de area para o benestar e avance de cada neno e nena.

Como soporte deste enriquecemento está a vontade individual de formación tanto oficial como privada e autodidacta. O Centro de Formación e Recursos Educativos de Ferrol facilita diversidade de opcións formativas ao profesorado do centro. A través do PFPP (plan de formación permanente do profesorado) e os seus itinerarios que desenvolvemos no centro así como cursos ou seminarios.

Neste curso 25-26 continuamos a formación en Atención á diversidade iniciada hai dous cursos: Tea, Tdah, Altas Capacidades; Polos Creativos con Robótica, Impresión 3D, Chroma, Cortadora Láser; e nova formación en Primeiros Auxilios; seminarios sobre o Enfoque pedagóxico Reggio Emilia, Xogos de aula e gamificación e cursos como Elaboración de recursos educativos con IA, Situacións de Aprendizaxe na área de matemáticas na Educación Primaria, Estratexias prácticas de apoio a e persoas no espectro autista na escola e no fogar, Coordinación de profesorado especialista en atención á diversidade e formacións on line como Cerebro e lectura, Grid 3...

Sen embargo non queremos que esta formación repercuta so no ámbito escolar senón que aspiramos a abrir a mesma ás familias do noso alumnado polo que contactamos con expertos que poidan aportar información e recursos nos diferentes ámbitos en Xornadas Compartidas de Formación Escola-Familias.

ASÍ O VINDEIRO MARTES 10 DE 17:00H A 18:00H ACOMPAÑARANOS A ASOCIACIÓN ÁUREGA (ESPECIALISTAS EN AACC) QUE IMPARTIRÁ UNHA CHARLA PARA FAMILIAS E PROFESORADO. ENRIQUECEREMOS A XORNADA CUNHA PEQUENA EXPOSICIÓN DE LECTURAS RECOMENDADAS E RECURSOS DE INTERESE.

GRAZAS FAMILIAS!A comunidade educativa do Ceip Couceiro Freijomil damos as grazas a todas as familias que nos visitaron ...
07/03/2026

GRAZAS FAMILIAS!
A comunidade educativa do Ceip Couceiro Freijomil damos as grazas a todas as familias que nos visitaron nas dúas Xornadas de Portas Abertas. Foi un pracer para nós contar coa súa presenza e amosar un chisco máis de preto o Proxecto da nosa escola e o corazón e ilusión con que nela traballamos.

Agardámosvos no Couceiro!. Un lugar para medrar, aprender e ser feliz.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2026-2027.A piques de iniciar o mes de marzo e lembrando que o vindeiro martes realizaremos...
28/02/2026

SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2026-2027.

A piques de iniciar o mes de marzo e lembrando que o vindeiro martes realizaremos a segunda xornada de Portas Abertas informamos que desde mañá DÍA 1, comeza o proceso de SOLICITUDE DE ADMISIÓN de alumnado en centros docentes que abranguerá ata o DÍA 20.

"INICIA CON NÓS UN NOVO CAMIÑO DE APRENDIZAXES E AMIZADE".

Toda a información no enlace:

A piques de iniciar o mes de marzo e lembrando que o vindeiro martes realizaremos a segunda xornada de Portas Abertas informamos que desde mañá DÍA 1, iniciase o proceso de SOLICITUDE DE ADMISIÓN de alumnado en centros docentes que abranguerá ata o DÍA 20, previo ao posterior proceso de matric...

VEN COÑECERNOS!Achéganse as datas oficiais de SOLICITAR PRAZA ESCOLAR para o vindeiro CURSO 26/27. Desde o CEIP Couceiro...
21/01/2026

VEN COÑECERNOS!
Achéganse as datas oficiais de SOLICITAR PRAZA ESCOLAR para o vindeiro CURSO 26/27. Desde o CEIP Couceiro Freijomil e con 50 anos de historia abandeirando o ensino público da contorna, invitamos a todas aquelas familias interesadas en coñecer o noso proxecto de centro así como o lugar onde se desenvolve, a visitarnos nos DOUS DÍAS de PORTAS ABERTAS.
Toda a comunidade educativa estaremos encantados de recibilas!

Comeza o proceso de RESERVA DE PRAZA EN 1° DA ESO que estará aberto ata o vindeiro 4 de febreiro. O noso centro está ads...
16/01/2026

Comeza o proceso de RESERVA DE PRAZA EN 1° DA ESO que estará aberto ata o vindeiro 4 de febreiro. O noso centro está adscrito ao IES Breamo. Desde a administración entregouse ao alumnado a documentación pertinente para ser devolta, curberta, no prazo estipulado. O alumnado que non continúe a educación secundaria no IES Breamo deberá comunicalo á administración do noso centro e facer a solicitude de admisión no centro elixido entre o 1 e o 20 de marzo.

24/12/2025
19 DE DECEMBRO, XUNTOS CELEBRAMOS 50 ANOS!EN VÉSPERAS DE DATAS TAN ENTRAÑABLES E DESPOIS DUNS MESES DE ILUSIÓN E TRABALL...
22/12/2025

19 DE DECEMBRO, XUNTOS CELEBRAMOS 50 ANOS!
EN VÉSPERAS DE DATAS TAN ENTRAÑABLES E DESPOIS DUNS MESES DE ILUSIÓN E TRABALLO A COMUNIDADE EDUCATIVA, PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE, FAMILIAS E ALUMNADO DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL XUNTÁMONOS PARA FESTEXAR E CONMEMORAR QUE O NOSO CENTRO, XA TEN 50 ANOS!

Foi un acto memorable, aberto á vila e a todas aquelas persoas que nalgún momento formaron parte ou estiveron relacionadas coa nosa escola. Fermoso térmonos reunido para g***r da calor (aínda que a mañá ía fría) do corazón, que transmitíu o noso alumnado nas súas actuacións amosando o traballo destes meses, o himno do colexio e representando mediante cantigas unha especial escolma da vida de Don Antonio Couceiro Freijomil, mestre e literarato eumés que dá nome ao noso centro. Escoitar as verbas dun dos primeiros directores do centro, de antigas mestras e antigos alumnos achegáronnos lembranzas moi fermosas. Pasear polo noso corredor engalanado da HISTORIA DO COUCEIRO fixo que moitos nos retrotaésemos no tempo, esbozando un sorriso nostálxico. Compartir a ledicia da neta de Don Antonio Couceiro Freijomil e recibir o seu agradecemento. Escoitar os parabéns dos representantes das diferentes administracións e recibir as sentidas desculpas de quen non poido acompañarnos nesta xornada... Fainos sentir fachendosos de termos chegado ata aquí.

PORQUE SI, PORQUE ESTAMOS ORGULLOSOS DE SER DO COUCEIRO FREIJOMIL!. DE PERTENCER Á GRAN FAMILIA COUCEIRISTA!. SEMPRE ADIANTE!.

A POR OUTROS 50!.

GRAZAS A TODOS E TODAS POLA AXUDA, COLABORACIÓN, PARTICIPACIÓN E PRESENZA NESTA DATA TAN IMPORTANTE.

Enjoy the videos and music you love, upload original content, and share it all with friends, family, and the world on YouTube.

Despois dun tempo voltamos con motivo da conmemoración do 50 aniversario do noso Centro.A historia marca o futuro dun po...
13/11/2025

Despois dun tempo voltamos con motivo da conmemoración do 50 aniversario do noso Centro.

A historia marca o futuro dun pobo e O NOSO COLEXIO, abandeirado do ensino público desde 1973, este ano 2025 conmemora o 50 aniversario do seu “bautizo” co nome de Colexio Nacional Couceiro Freijomil, substituíndo á anterior denominación Colexio Nacional Arzobispo Rajoy.

Na honra de Don Antonio, veciño eumés: pedagogo, mestre, inspector de ensino primario, escritor e erudito; leva desde entón este nome. As calidades de Don Antonio Couceiro Freijomil, servizo aos demais, conversador afable, sementador de bondade e ledicia... son as que nos guían curso tras curso e caracterizan á nosa actual escola e ás persoas que a formamos.

Desde entón milleiros de pequenos pasiños encheron os corredores da nosa escola de risas, aprendizaxes e soños. Agora queremos celebrar esta historia con vós, familias, ex-alumnos, antigos docentes, ex-persoal de servizos... xentes que dunha forma ou outra sodes ou fostes parte importante nesta traxectoria.

O venres, 19 de decembro, teremos unha xornada moi especial. Será un día para lembrar, festexar e seguir facendo comunidade.

18/03/2024

Recordamos que o prazo para a presentación das solicitudes de admisión para o próximo curso remata o 20 de marzo! Esperámosvos!

08/03/2024

Aviso importante! Recordamos que o prazo para a presentación das solicitudes de admisión para o próximo curso remata o 20 de marzo! Esperámosvos!

Xornadas de portas abertas
26/02/2024

Xornadas de portas abertas

Dirección

Avenida Do Peirao, S/n
Puentedeume
15600

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CEIP Couceiro Freijomil publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría