Biblioteca De Pontecesures

Biblioteca De Pontecesures Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Biblioteca De Pontecesures, Educación, Rua Raimundo garcía Dominguez "Borobó" 22, Puentecesures.

01/06/2026
📚Novo encontro literario na Biblioteca Pública de Pontecesures 📚O vindeiro xoves 4 de xuño ás 20:00 h recibiremos a Marí...
01/06/2026

📚Novo encontro literario na Biblioteca Pública de Pontecesures 📚

O vindeiro xoves 4 de xuño ás 20:00 h recibiremos a María José Lorenzo para a presentación do seu libro Ruphert, te necesito.

Agardámosvos! ✨

Próxima xuntanza do Club de Lectura! 📖
18/05/2026

Próxima xuntanza do Club de Lectura! 📖

15/05/2026

𝐋𝐄𝐓𝐑𝐀𝐒 𝐆𝐀𝐋𝐄𝐆𝐀𝐒 𝟐𝟎𝟐𝟔 - 𝐀 𝐁𝐈𝐁𝐋𝐈𝐎𝐓𝐄𝐂𝐀 𝐒𝐀𝐄 Á 𝐑Ú𝐀

🐾📚 Celebra as Letras Galegas dun xeito solidario! 📚🐾

Lembra que o venres 15 de maio, a nosa biblioteca sae á rúa! 🌳 Achegarémonos á Prazuela para festexar o noso idioma e, ao mesmo tempo, axudar aos gatiños e gatiñas das colonias felinas de Pontecesures. 🐈

Cómo funciona? Moi doado!
👉 Ti traes penso para gatos.
👉 Nós dámosche un libro en galego! 📖✨

É a oportunidade perfecta para descubrir novas lecturas na nosa lingua e botar unha man aos peludiños que viven na rúa. Toda a axuda conta!

🗓️ Venres 15 de maio
📍 Na Prazuela
⏰ De 17:00 a 20:30 horas

Anímate a participar!

12/05/2026

𝐋𝐄𝐓𝐑𝐀𝐒 𝐆𝐀𝐋𝐄𝐆𝐀𝐒 𝟐𝟎𝟐𝟔🌞

A escritora e xornalista Begoña Caamaño é a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. Feminista e activista política, a autora de 𝐂𝐢𝐫𝐜𝐞 𝐨𝐮 𝐨 𝐩𝐫𝐚𝐜𝐞𝐫 𝐚𝐳𝐮𝐥 e 𝐌𝐨𝐫𝐠𝐚𝐧𝐚 𝐞𝐧 𝐄𝐬𝐦𝐞𝐥𝐥𝐞, recibeu o premio da Crítica de Narrativa Galega e o Antón Losada Diéguez, entre outros.
Foi, asemade unha das promotoras da Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación e activista incansable en todo tipo de accións a prol da defensa dos servizos públicos e as causas sociais.

En Pontecesures,𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐫𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐚 𝐬𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐋𝐞𝐭𝐫𝐚𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚𝐬 coas seguintes actividades:

👉15 de maio 𝐀 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚 𝐬𝐚𝐞 á 𝐫ú𝐚
Por segundo ano, troco solidario de libros por alimento seco (penso) para os gatos/as das colonias felinas do Concello de Pontecesures (A Prazuela)

👉16 de maio 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐌ú𝐬𝐢𝐜𝐚 𝐞 𝐁𝐚𝐢𝐥𝐞 𝐓𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥
A AC Xarandeira xunto a AC San Pedro de Carcacía, desenvolverán o tradicional pasarrúas ás 18:00 horas, comezando a actuación de música e baile tradicional en torno ás 18:30 horas na Prazuela.

👉21 de maio 𝐁𝐞𝐠𝐨ñ𝐚 𝐂𝐚𝐚𝐦𝐚ñ𝐨: 𝐯𝐢𝐭𝐚𝐦𝐢𝐧𝐚 𝐁 𝐞 𝐂
O mago Martín Camiña visitará o CPI de Pontecesures ás 12:30 horas para ofrecer ao alumnado un espectáculo de maxia no que a protagonista será a autora homenaxeada no Día das Letras

27/04/2026
Próxima sesión do Club de Lectura! 📖
20/04/2026

Próxima sesión do Club de Lectura! 📖

20/04/2026

𝗗Í𝗔 𝗗𝗢 𝗟𝗜𝗕𝗥𝗢 𝟮𝟬𝟮𝟲 📕

O vindeiro 23 de abril, 𝗰𝗲𝗹𝗲𝗯𝗿𝗮𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗼 𝗗í𝗮 𝗱𝗼 𝗟𝗶𝗯𝗿𝗼 𝗰𝗼𝗮 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝘁𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗮 ú𝗹𝘁𝗶𝗺𝗮 𝗼𝗯𝗿𝗮 𝗱𝗼 𝗲𝘀𝗰𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿 𝗲 𝗽𝗼𝗲𝘁𝗮 𝗰𝗲𝘀𝘂𝗿𝗲ñ𝗼 𝗖á𝗻𝗱𝗶𝗱𝗼 𝗗𝘂𝗿𝗼.

𝗣𝗿ó𝘅𝗶𝗺𝗮 𝗘𝘀𝘁𝗮𝗰𝗶ó𝗻, a sétima obra e primeira novela do escritor de Porto, presentarase na Biblioteca Municipal de Pontecesures o 𝘃𝗶𝗻𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼 𝟮𝟯 𝗱𝗲 𝗮𝗯𝗿𝗶𝗹 á𝘀 𝟮𝟬:𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀, participando na mesa, ademais do autor:

𝗙𝗲𝗿𝗻𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗦𝗮𝗹𝗴𝗮𝗱𝗼. Escritor e xornalista
𝗦𝗲𝗿𝗴𝗶𝗼 𝗦𝘂á𝗿𝗲𝘇 𝗕𝗮𝗻𝗱í𝗻. Pintor e deseñador gráfico
𝗖𝗮𝗿𝗹𝗼𝘀 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗼𝘀. Pintor e mestre

📚✨ Seguimos ampliando a nosa colección!Grazas ao premio da Campaña de Animación á Lectura María Moliner, seguimos incorp...
16/04/2026

📚✨ Seguimos ampliando a nosa colección!

Grazas ao premio da Campaña de Animación á Lectura María Moliner, seguimos incorporando novidades á biblioteca para tódolos gustos. Novas historias, máis lecturas e máis motivos para pasar pola biblioteca!

📖 Achégate e descubre os novos títulos!

📢 📚AvisoA biblioteca permanecerá pechada o xoves 2 e venres 3 de abril.Desculpen as molestias!
30/03/2026

📢 📚Aviso
A biblioteca permanecerá pechada o xoves 2 e venres 3 de abril.

Desculpen as molestias!

Dirección

Rua Raimundo García Dominguez "Borobó" 22
Puentecesures
36640

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca De Pontecesures publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría