30/06/2026
Pechamos unha etapa... e abrimos unha nova aventura. ⚓
Este curso despedímonos do noso Olimpo Apóstol e poñemos rumbo cara a un novo proxecto ilusionante: *Tripulación Apóstol*.
Grazas a todo o alumnado, ás familias e ao profesorado por facer posible un curso cheo de aprendizaxes, emocións, esforzo e moitos momentos inesquecibles.
Agora toca descansar, recargar enerxía e g***r dun merecido verán.
📅 Agardámosvos de novo o 9 de setembro, con ilusión renovada e preparados para navegar xuntos nun novo curso.
Reunións de inicio de curso coas familias:
- 5º/6º Infantil e ESO: 7 de setembro ás 9:30h
- Primaria: 8 de setembro ás 9:30h
Información importante:
-Publicación das listaxes provisionais do Fondolibros: 13 de xullo.
- Publicación das listaxes definitivas de Fondolibros: 27 de xullo.
-Entrega dos vales de material escolar: do 13 ao 23 de xullo.
Horario de atención ao público: de luns a venres de 10 a 14h.
Bo verán a toda a comunidade educativa!
O Equipo Directivo