Escola de Música de Poio

Escola de Música de Poio Clases de música a partir de 4 anos, tamén para adultos.

🌸 FESTIVAL DE PRIMAVERA DA ESMU DE POIO 🌸A música da ESMU de Poio volve ao escenario para celebrar a chegada da primaver...
16/03/2026

🌸 FESTIVAL DE PRIMAVERA DA ESMU DE POIO 🌸

A música da ESMU de Poio volve ao escenario para celebrar a chegada da primavera! 🎶

📅 Luns, 23 de marzo
🕗 20:00 h
📍 Auditorio Xaime Illa (Raxó)

As diferentes agrupacións da escola compartirán co público o traballo que estiveron preparando ao longo do curso nun concerto cheo de música e ilusión.

Animámosvos a vir coas vosas familias e amigos para desfrutar dunha fermosa tarde de música.

🌼 Entrada libre ata completar aforo

🎺🎶🌸

🎶🏕️ Campamento Musical ESMU Poio 🏕️🎶Este verán chega o Campamento Musical da Escola de Música de Poio, unha experiencia ...
10/02/2026

🎶🏕️ Campamento Musical ESMU Poio 🏕️🎶

Este verán chega o Campamento Musical da Escola de Música de Poio, unha experiencia única onde a música se combina coa aventura e a diversión.

👧🧒 A partir de 7 anos
📅 27, 28 e 29 de xuño de 2026
🎵 Concerto final: 29 de xuño ás 18:00 h
📍 Camping Os Fieitás – O Grove

Música en grupo, actividades ao aire libre, xogos, convivencia e moitas experiencias para lembrar 🎺🛶🧗‍♂️

💶 Prezo desde 110 €

📞 Información e inscricións
636 068 829
🌐 www.esmupoio.com

Concello de Poio

⚠️ Prazas limitadas

🎵

🚌🎶 Excursión a Santiago de Compostela 🎶🚌Únete á Escola de Música de Poio nunha xornada cultural e musical inesquecible e...
04/02/2026

🚌🎶 Excursión a Santiago de Compostela 🎶🚌

Únete á Escola de Música de Poio nunha xornada cultural e musical inesquecible en Santiago de Compostela.

📅 18 de abril de 2026
🕘 Saída 9:30 · Chegada 21:00
📍 Saída e chegada: aparcamento do CEIP Isidora Riestra

🎼 Actividades
• Visita guiada ao Museo Centro Gaiás
• Picnic
• Visita guiada ao Auditorio de Galicia
• Concerto da Real Filharmonía de Galicia

💰 Prezo (inclúe transporte e entradas)
• Estudantes ESMU: 19 € (23 € a partir do 20 de febreiro)
• Resto de participantes: 23 € (26 € a partir do 20 de febreiro)

📩 Inscrición na web: esmupoio.com

⚠️ Prazas limitadas

Concello de Poio

🎶 Audicións individuais – Escola de Música de Poio 🎶Do 9 ao 13 de febreiro de 2026 celebramos as audicións individuais n...
03/02/2026

🎶 Audicións individuais – Escola de Música de Poio 🎶

Do 9 ao 13 de febreiro de 2026 celebramos as audicións individuais na Escola de Música de Poio, unha oportunidade perfecta para coñecer de preto o traballo do noso estudantado e o funcionamento das clases instrumentais.

📍 Pazo Besada
🗓️ Febreiro | 9–13

🕒 Horarios por especialidade:
• Luns – Frauta traveseira e percusión (19:45 h)
• Mércores – Clarinete (19:00 h)
• Xoves – Vento metal e piano (18:00 h)
• Venres – Guitarra e saxofón (20:15 h)

Unha semana para escoitar, aprender e desfrutar da música 🎼
Entrada libre ata completar aforo.

Concello de Poio

🎵

21/01/2026

Desde a Banda de Música de Poio queremos agradecer á Deputación de Pontevedra a concesión da subvención destinada á adquisición de material musical.

Grazas a este apoio puidemos mercar novo instrumental de percusión —shaker, claves, cortina, castañolas, axóuxere, batería, pandeireta, temple blocks, bongós e cencerro— que mellora os recursos da banda e o traballo musical diario.

Un apoio fundamental para seguir facendo música en Poio. 🎶


Escola de Música de Poio
Concello de Poio

🎄💻 Cursos gratuitos de competencias dixitais no Nadal!A ESMU de Poio organiza unha actividade especial para estas vacaci...
06/12/2025

🎄💻 Cursos gratuitos de competencias dixitais no Nadal!

A ESMU de Poio organiza unha actividade especial para estas vacacións:
tres píldoras formativas de informática e seguridade dixital, pensadas para rapaces e rapazas de 6 a 17 anos, sexan ou non estudantes da escola.

📘 Contidos da formación:
🔐 Aprende a crear o teu escudo na rede
🎮 Level up: Domina o xogo, domina a túa vida dixital
📱 Tecnoloxía segura: goza dos dispositivos coma un pro

👨‍🏫 Impartido por un profesor especializado de ARA Formación.
📜 Cada módulo inclúe diploma acreditativo.
💯 Actividade gratuíta, con todo o material incluído (podemos facilitar tablet se é necesario).

📅 Datas: 22, 26 e 29 de decembro | 2 e 5 de xaneiro
📌 Os luns e venres das vacacións de Nadal
⏰ Horario: 11:30–13:30
📍 Lugar: Pazo Besada

📝 Inscricións abertas:
👉 https://forms.gle/wAf6XCPWT4qAFUp88

Participa e mellora as túas habilidades dixitais dun xeito divertido e práctico! 💡✨

🎺🥁🎷 Queres aprender música pero aínda non sabes que instrumento escoller?O luns 29 de setembro, de 16:00 a 20:00 h, orga...
18/09/2025

🎺🥁🎷 Queres aprender música pero aínda non sabes que instrumento escoller?

O luns 29 de setembro, de 16:00 a 20:00 h, organizamos na Escola de Música de Poio unha xornada de portas abertas para probar instrumentos.

✨ Podes probar todos os instrumentos con prazas dispoñibles e descubrir cal é o que máis che gusta.
✨ Dispoñemos dun banco de instrumentos, para que poidas comezar sen necesidade de comprar un.

📞 Reserva a túa cita de balde no 636 06 88 29 ou en esmupoio.com.

📍 Avda. Andurique 3, Poio.

✨ Que noite tan especial vivimos o luns pasado en Combarro! 🌊🎶A Praza da Chousa encheuse de música, emoción e aplausos n...
14/08/2025

✨ Que noite tan especial vivimos o luns pasado en Combarro! 🌊🎶
A Praza da Chousa encheuse de música, emoción e aplausos nun concerto no que compartimos todo o traballo e ilusión destes meses.
Grazas de corazón a todas as persoas que nos acompañastes e, especialmente, ao Ateneo Cultural Corredoira de Combarro por contar con nós nesta 43ª Semana de San Roque. 🙌💙

📸 Aquí vos deixamos algunhas imaxes para revivir xuntos esa noite máxica.

Hoxe ás 21:00 estaremos na Praza da Chousa (Combarro) dentro da 43ª Semana de San Roque.Moitas grazas ao Ateneo Cultural...
11/08/2025

Hoxe ás 21:00 estaremos na Praza da Chousa (Combarro) dentro da 43ª Semana de San Roque.
Moitas grazas ao Ateneo Cultural Corredoira de Combarro por contar con nós.
Vémonos esta noite! 🎺🎶

Hoxe ás 21:00 estaremos na Praza da Chousa (Combarro) dentro da 43ª Semana de San Roque.
Moitas grazas ao Ateneo Cultural Corredoira de Combarro por contar con nós.
Vémonos esta noite! 🎺🎶

Hashtags:

🎶 Onte a Banda de Música de Poio encheu de música a Praza do Mosteiro cun concerto cheo de enerxía e emoción. Grazas a t...
23/06/2025

🎶 Onte a Banda de Música de Poio encheu de música a Praza do Mosteiro cun concerto cheo de enerxía e emoción. Grazas a todas as persoas que nos acompañastes! 💛

Dirección

Camiño Da Fernanda 36
Poyo
36995

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
15:30 - 21:30
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 15:30 - 21:30
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 15:30 - 21:30
Sábado 09:00 - 14:00

Teléfono

+34636068829

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola de Música de Poio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Escola de Música de Poio:

Atajos

Compartir