24/06/2026
Unha vez máis queremos denunciar o comportamento incívico e o ensañamento que hai, en especial no período estival, cunha infraestrutura pública como é o colexio de Portosín. Centro educativo da maioría de xeracións dos habitantes da vila e que coma poucos ten abertas as portas do recinto a toda a cidadanía os 365 días do ano, 24h/día.
Pois alguén decidiu na pasada noite de San Xoán que era boa idea romper uns poucos cristais dun espazo que mañá xoves empregarán nenas e nenos do colexio no plan concilia organizado pola ANPA do centro e dentro dunhas semanas as/os participantes no campamento urbano do concello.
Mírese por onde se mire, non ten explicación. É moi decepcionante ver como se repiten estes feitos cada ano.
Poñémolo de novo por aquí para ver se o/a ou os/as que fan isto son capaces de reflexionar antes de repetilo.