20/05/2026
✨ Onte Porriño converteuse nun punto de encontro de talento e oportunidades co primeiro “O Porriño Conecta Talento”, unha xornada dinámica con máis de 50 empresas, entrevistas directas, networking, talleres e o innovador Talent Pitch, onde o talento se presentou en só 2 minutos.
O IES Ribeira do Louro estivo presente como centro de FP de referencia, unha cita imprescindible para darnos a coñecer, compartir a nosa oferta formativa e poñer en valor o noso compromiso cunha FP conectada co tecido produtivo, destacando especialmente o noso papel puntero no uso da tecnoloxía aplicada nos ciclos de formación. 🎓