Estudo Bonobo

Estudo Bonobo O lugar onde converxen as artes!

FAMILIAS DE CAMPOLONGO! 🐵Se aínda non te apuntaches ás actividades extraescolares do CEIP Campolongo ANPA San Xosé de Ca...
06/10/2026

FAMILIAS DE CAMPOLONGO! 🐵

Se aínda non te apuntaches ás actividades extraescolares do CEIP Campolongo ANPA San Xosé de Campolongo , estás de sorte!

O prazo de inscrición segue aberto durante toda esta semana. Escolle a túa actividade e apúntate, so esta semana!

Xornada de portas abertas o martes 6 e mércores 7 de outubro, ven probar!

apúntate

02/10/2026

Boas de novo, monadas! Hoxe ábrese o prazo de inscrición de Xeración Sónica, un proxecto de creación e titorización de grupos e artistas musicais para rapacxs de 13 a 17 anos da cidade financiado polo Concellaría de Xuventude de Pontevedra e realizado pola nosa equipa no Local de Música.

O curso comeza o 5 de Novembro e dura ata Xuño, periodo no que se crearán as bandas, os temas orixinais, a ruta de concertos e a
gravación e publicación de 2 cancións en plataformas dixitais.

Qué se precisa? Saber tocar un pouco algún instrumento ou saber cantar ou incluso ter nocións de producción musical/electrónica.

ONDE E CÓMO INSCRIBIRSE?
Inscricións do 2 de Outubro ata o 23 de Outubro nesta dirección: https://apuntate.pontevedra.gal/

Déixámosvos cunha mostra dos directos das bandas do ano pasado. Podedes desfrutar do resto dos proxectos na nosa canle de YouTube!

28/09/2026

Boas de novo! Eiquí unha pequena mostra do que foi a Clausura do Salón do Libro do Rocklab do ano pasado. Imos a pola 12ª edición deste fermoso proxecto para nenxs de 4 a 13 anos e que forma parte da oferta formativa gratuíta do Concello de Pontevedra. Se estades interesados bulide a apuntate.pontevedra.gal a pola vosa praza!!

24/09/2026

O pasado curso ampliamos a nosa oferta formativa incorporando a actividade de Coro e foi un éxito rotundo. Es dos que cantas na ducha e apetéceche vir a entonar acompañado? Se é asi, agardámoste!!

23/09/2026

Boas monadas! Por aquí xa estamos a tope co novo curso, e parécenos un momento xenial para rememorar tempos pasados desfrutando dos temazos creados durante o curso 25/26. Eiquí unha mostra dun temazo da banda Donkey Mamonkey. Queredes ver máis? Pasádevos pola nosa canle de YouTube e deixádevos sorprender! Seguimos!!

🌞🌞 Achégase o fin de curso, e queremos celebralo como se merece!Foi un ano cheo de creatividade, proxectos, exposicións ...
17/06/2026

🌞🌞 Achégase o fin de curso, e queremos celebralo como se merece!
Foi un ano cheo de creatividade, proxectos, exposicións e moito traballo por parte dxs nosxs alumnxs.
Para dar o peche merecido a este curso e agradecervos a confianza posta en nós, queremos convidarvos á exposición final de Artes Plásticas de Estudo Bonobo. Unha mostra moi especial cun percorrido ó longo da nosa escola no que haberá:

-Mostra de traballos artísticos
-Exposición do proxecto final do curso
-Obradoiros plásticos
-Pinchada musical
-Petiscos

Será o sábado 27 de xuño de 11:30 a 13:00 na nosa escola, podedes vir en familia estades todxs convidadxs!!

Unha forte aperta de parte do equipo de Estudo Bonobo!!

Hai proxectos que nacen para subir a un escenario. E hai outros que nacen para cambiar vidas.Hoxe presentamos Escenas pa...
12/06/2026

Hai proxectos que nacen para subir a un escenario.
E hai outros que nacen para cambiar vidas.

Hoxe presentamos Escenas para Mauri, un maratón teatral moi especial co que queremos apoiar ao noso amigo Mauri e á súa familia Mauro na súa loita contra a enfermidade de Alexander.
Queda moito por facer. Queda moito por investigar. E queda moito camiño por percorrer para atopar unha cura. Pero tamén sabemos que, cando unha comunidade se une, é capaz de mover montañas.

Por iso, todxs xs alumnxs de Estudo Bonobo, desde xs máis pequenxs ata xs máis maiores, traballaron con toda a ilusión, o esforzo para dar vida a este proxecto de fin de curso.
Queremos axudar a Mauri a ter unha vida como a de calquera outrx nenx. E para conseguilo precisamos de vós.

Achegádevos, compartide, difundide e apoiade, porque cada entrada, cada aplauso e cada xesto conta.

O teatro tamén serve para transformar o mundo.

CulturaQueTransforma

03/06/2026

Boas monadas! Víchedes xa o resultado das nosas Bonobo Live Sessions deste ano? Foi o turno do “Currents”, de Tame Impala, e desfrutamos moitísimo facéndoo. Podes ver todo o disco interpretado en riguroso directo na nosa canle de Youtube. Botádelle unha ollada!

Volven os directos de Xeración Sónica! O vindeiro venres 13 de Febreiro ás 19:45 no Teatro Principal estaremos presentan...
06/02/2026

Volven os directos de Xeración Sónica! O vindeiro venres 13 de Febreiro ás 19:45 no Teatro Principal estaremos presentando o novo recopilatorio que estará disponible en plataformas a partir dese día.

Ademáis contaremos cuns convidadxs mois especiais, teremos ás , a Banda do Rocklab e a dúas bandas do , coma son .jabit e .

Entrada de balde, acudide co voso mellor disfraz!!




Ola monadas!!! Este sábado 20 de Decembro despediremos o ano cunha Expo de Nadal moi especial.Presentaremos o calendario...
15/12/2025

Ola monadas!!! Este sábado 20 de Decembro despediremos o ano cunha Expo de Nadal moi especial.
Presentaremos o calendario feito polxs alumnxs de plásticas (poderedes facervos con un) e teremos actuacións musicais de alumnxs da escola.
Estaremos de 11 a 13, haberá chocolate para todxs!!

🌲🎄🎁🎅🏿

Dirección

San Antoniño, 79
Pontevedra
36002

Horario de apertura

Lunes 10:30 - 13:00
16:00 - 21:00
Martes 10:30 - 13:00
16:00 - 21:00
Miércoles 10:30 - 13:00
16:00 - 21:00
Jueves 10:30 - 13:00
16:00 - 21:00
Viernes 10:30 - 13:00
16:00 - 21:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Estudo Bonobo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Estudo Bonobo:

Compartir

Categoría