Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia

Escola Superior  de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia Escola oficial da Xunta de Galicia que proporciona formación en Conservación Restauración de Bens Culturais. O título obtido é de Grao.

Grao en estudios de conservación e restauración de bens culturais, equivalente a todos os efectos a Grao Universitario. Especialidades en arqueoloxía, escultura e pintura.

🔨 Para aprender a unir… primeiro hai que romper!O alumnado de 1º xa está mans á obra coas primeiras prácticas de adhesió...
05/10/2026

🔨 Para aprender a unir… primeiro hai que romper!
O alumnado de 1º xa está mans á obra coas primeiras prácticas de adhesión en materiais pétreos.
Neste caso, traballan con probetas de granito que primeiro hai que fragmentar para despois experimentar con diferentes técnicas e materiais de adhesión.
Porque en conservación-restauración, ás veces, romper tamén forma parte da aprendizaxe. 🥽🪨

✨ A nosa comunidade segue crecendo! 🎨🏛️​Onte vivimos un día moi especial na Escola Superior de Conservación e Restauraci...
02/10/2026

✨ A nosa comunidade segue crecendo! 🎨🏛️
​Onte vivimos un día moi especial na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. O alumnado de 2º curso organizou a xa tradicional xornada de benvida para recibir ás novas incorporacións de 1º.
​Foi unha oportunidade perfecta para romper o xeo, compartir os primeiros consellos e, sobre todo, facer equipo. Porque a conservación e restauración do noso patrimonio non só se aprende nas aulas e obradoiros: tamén se constrúe xuntos, día a día, apoiándonos como comunidade.
​Dende a Escola queremos agradecer a 2º curso a súa iniciativa e agarimo na organización, e darlle unha calurosa benvida ao alumnado de 1º. Esperávos un ano cheo de aprendizaxes, retos e moita paixón polo patrimonio!
​Benvid@s! 🛠️📐✨
​

📚 COORDINACIÓN DA BIBLIOTECAConvócase a todo o alumnado, especialmente a aquel que é novo na Escola, a unha reunión info...
14/09/2026

📚 COORDINACIÓN DA BIBLIOTECA

Convócase a todo o alumnado, especialmente a aquel que é novo na Escola, a unha reunión informativa sobre o uso e funcionamento da biblioteca.

📅 Luns, 14 de setembro
🕥 10:30 h
📍 Aula 3.13 — segundo andar, aula teórica de primeiro curso.

👉 Se acabas de chegar á Escola, esta reunión é especialmente para ti. Agardámoste! 📖

Comezamos un novo curso!Onte demos a benvida ao curso académico 2026/27 cun encontro de presentación no que compartimos ...
10/09/2026

Comezamos un novo curso!

Onte demos a benvida ao curso académico 2026/27 cun encontro de presentación no que compartimos co alumnado as principais novidades e informacións para este novo ano.

Un curso que comeza con novos retos, proxectos e experiencias por diante, e no que agardamos seguir aprendendo, conservando e compartindo xuntos.

Benvidas e benvidos á ESCRBCG, e especialmente a quen comeza este ano a súa andaina connosco.

Volve o Encontro de Conservación e Restauración. Será o 19 e o 20 de novembro no , organizado en colaboración coa .Este ...
07/09/2026

Volve o Encontro de Conservación e Restauración. Será o 19 e o 20 de novembro no , organizado en colaboración coa .

Este ano aproximarémonos ao fascinante universo do dourado a través da experiencia de profesionais e investigadoras e investigadores de referencia. Abordaremos a súa historia, os materiais e procedementos empregados na súa execución, así como os avances máis recentes no seu estudo, conservación e restauración.

A inscrición é de balde e xa está aberta. Tes o programa completo en https://museo.depo.gal.



Vuelve el Encuentro de Conservación y Restauración. Será el 19 y el 20 de noviembre en el Museo de Pontevedra, organizado en colaboración con la Escuela Superior de Conservación y Restauración de Bienes Culturales de Galicia.

Este año nos aproximaremos al fascinante universo del dorado a través de la experiencia de profesionales e investigadoras e investigadores de referencia. Abordaremos su historia, los materiales y procedimientos empleados en su ejecución, así como los avances más recientes en su estudio, conservación y restauración.

La inscripción es gratuita y ya está abierta. Tienes el programa completo en https://museo.depo.gal.

Particular precisa profesional da conservación restauración.------------------- Se necesita un restaurador profesional e...
04/09/2026

Particular precisa profesional da conservación restauración.
-------------------
Se necesita un restaurador profesional especializado en escultura de madera policromada para revisar el estado de la imagen procesional de San Julián y presupuestar su restauración. Imagen procesional en madera policromada, con notables desperfectos por el paso del tiempo en la policromía de la cabeza, cuerpo y manos, así como holgura en las articulaciones de los brazos. La imagen se encuentra depositada en el Museo de Pontevedra y su revisión se llevará a cabo en el domicilio particular. Los interesados pueden ponerse en contacto en el móvil nº 673 382 676 para coordinar la visita.

🎓✨ Comezamos un novo curso!O mércores 9 de setembro, ás 12:00 h, damos a benvida ao alumnado da Escola para a presentaci...
03/09/2026

🎓✨ Comezamos un novo curso!

O mércores 9 de setembro, ás 12:00 h, damos a benvida ao alumnado da Escola para a presentación do curso 2026-27.

📍 Agardámosvos na Aula Magna, entrando pola Facultade de Belas Artes.

Un bo momento para reencontrarnos, coñecernos e poñer en marcha todo o que nos traerá este novo curso. Vémonos! 🙌

Avanzamos no compromiso coa protección e conservación do patrimonio artístico galego 🏛️​A pasada semana tivemos o pracer...
04/08/2026

Avanzamos no compromiso coa protección e conservación do patrimonio artístico galego 🏛️

​A pasada semana tivemos o pracer de examinar algunhas das obras do artista lalinense Antonio Taboada Ferradás, "Wily", co obxectivo de iniciar unha colaboración coa Asociación de Amigos da Obra de Wily para garantir a preservación do seu patrimonio.

​No cadro deste encontro, a asociación doou á biblioteca da Escola unha publicación especializada sobre a vida e obra do autor, un recurso documental fundamental para abordar as futuras tarefas de intervención cos máis altos estándares técnicos.

A ADMINISTRACIÓN da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia permanecerá pechada dura...
03/08/2026

A ADMINISTRACIÓN da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia permanecerá pechada durante o mes de agosto.

Dirección

Rua Xeneral Martitegui, 1, BAJO(JUNTO COL. FROEBEL)
Pontevedra
36002

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00

Teléfono

+34886159735

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia:

Atajos

Compartir