Delegación de Alumnos Escola de Enxeñaría Forestal

Delegación de Alumnos Escola de Enxeñaría Forestal Delegación de Alumnos Escola de Enxeñaría Forestal

O pasado venres 3 de outubro o alumnado da materia "Organización industrial e procesos na industria da madeira" visitaro...
06/10/2025

O pasado venres 3 de outubro o alumnado da materia "Organización industrial e procesos na industria da madeira" visitaron a empresa de mobiliario de cociña e baño Senssia.

Alí puideron observar e comprobar directamente os sistemas de fabricación deste mobiliario dende o subministro e tipoloxía de material ata a fabricación e embalado do mesmo.

Moi agradecidos aos técnicos da empresa que ofreceron moita información.

GRADUACIÓN 2025 🎓O pasado venres celebrouse na nosa Escola o acto de graduación da promoción 2021-2025.Unha emotiva cele...
11/06/2025

GRADUACIÓN 2025 🎓

O pasado venres celebrouse na nosa Escola o acto de graduación da promoción 2021-2025.

Unha emotiva celebración onde se recoñeceu o traballo e esforzo destes novos enxeñeir@s forestais que rematan o seu paso pola Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra.

Parabéns a tod@s, desfrutade do logrado!

11/06/2025
17/05/2025

Feliz DÍA DAS LETRAS GALEGAS 💙🌳

Hoxe o alumnado da materia de Xestión de Espazos e Biodiversidade visitou o Parque Natural das Dunas de Corrubedo e as L...
16/05/2025

Hoxe o alumnado da materia de Xestión de Espazos e Biodiversidade visitou o Parque Natural das Dunas de Corrubedo e as Lagoas de Carregal e Vixán.


Os alumnos/as de Silvicultura regresan a Pontevedra logo dúns días realizando prácticas na paisaxe protexida C***o do Bi...
11/05/2025

Os alumnos/as de Silvicultura regresan a Pontevedra logo dúns días realizando prácticas na paisaxe protexida C***o do Bico (Paredes de Coura). 🌲🤗👏


No día de onte o Faro de Vigo publicou unha nova sobre o traballo con drons na nosa Escola 🌳O profesor Juan Luis R. Somo...
05/05/2025

No día de onte o Faro de Vigo publicou unha nova sobre o traballo con drons na nosa Escola 🌳

O profesor Juan Luis R. Somoza explica como os alumnos/as coñecen, tanto nas aulas como en campo, as múltiples aplicacións destes equipos no ámbito profesional dun enxeñeir@ forestal.


El profesor Juan Luís Rodríguez imbuye a sus alumnos de Forestales en el apasionante mundo del uso de drones con fines científicos

XORNADA DE CONFRATERNIDADE 🌳No día de onte celebramos unha xornada de confraternidade promovida dende a Delegación de Al...
01/05/2025

XORNADA DE CONFRATERNIDADE 🌳

No día de onte celebramos unha xornada de confraternidade promovida dende a Delegación de Alumnado para toda a comunidade académica da Escola de Enxeñaría Forestal.

A xornada comezou co descubrimento dunha obra en pedra, realizada e cedida polo CIFP de Cantería de Galicia, que dende onte loce na entrada da Escola. No acto de descubrimento estivo presente o director xeral de centros e RRHH da Consellería de Educación, D. Jesús Manuel Álvarez, a vicerreitora do campus de Pontevedra, Dna. Eva Mª Lantarón e o director do CIFP de Cantería de Galicia, D. David Alvariño.

Logo, a xornada continuou cun xantar de confraternidade do alumnado, profesorado e persoal da Escola.

Grazas, unha vez máis, a tod@s os que colaborastes para levar a cabo esta iniciativa!

Dirección

Pontevedra

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Delegación de Alumnos Escola de Enxeñaría Forestal publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Delegación de Alumnos Escola de Enxeñaría Forestal:

Atajos

Compartir