09/10/2026
O alumnado de 3.º da ESO participou onte na actividade Ruta de Marisqueo, unha experiencia que lle permitiu coñecer de primeira man o mundo do marisqueo e a súa importancia na contorna do noso colexio.
Unha oportunidade para achegarse á realidade do noso litoral, descubrir os oficios tradicionais e comprender a importancia de preservar os recursos mariños e o patrimonio natural de Galicia.
Esta iniciativa enmárcase nun proxecto europeo no que colabora a Deputación de Pontevedra, que aposta polo coñecemento, a sostibilidade e a posta en valor do noso territorio.
Aprender do noso mar é tamén aprender a coidalo.