06/10/2026
Hoxe, no Curso Profesional de Banda Deseñada de O Garaxe Hermético, tocou meternos de cheo no traballo dun dos grandes mestres da historieta: Alberto Breccia.
A partir das páxinas de Perramus, con guión de Juan Sasturain, estivemos experimentando cunha das técnicas que empregaba Breccia para conseguir esas texturas tan expresivas e inesperadas: monótipos feitos con tinta chinesa sobre plástico.
Manchar, presionar, retirar, mirar o que aparece e aprender a traballar tamén co accidente. Porque ás veces debuxar non consiste tanto en controlar cada liña como en saber aproveitar o que sucede sobre o papel.
Unha clase para aprender técnica, pero sobre todo para entender como Breccia convertía cada recurso gráfico nunha ferramenta narrativa.
www.ogaraxehermetico.com