Fundación Alexandre Bóveda

Fundación Alexandre Bóveda

Compartir

Páxina oficial do Facebook da Fundación Alexandre Bóveda. Non usar mentres esteades ben acompaña

Amalia Bóveda depositará as cascas da árbore onde foi fusilado o seu pai ante o cadro de Castelao 15/08/2026

🍂⭐ As cascas do piñeiro, contra o que foron fusilados hai 90 anos Alexandre Bóveda, Víctor Casas, Amancio Caamaño, José e Germán Adrio, Telmo Bernárdez, Paulo Novás, Ramiro Paz, Luis Poza, Benigno Rey e Juan Rico, reuniranse por vez primeira coa "Derradeira leición do mestre".

Grazas, sempre, ao valor, á afouteza e ao profundo amor de Amalia Álvarez Gallego 💜💐.

Amalia Bóveda depositará as cascas da árbore onde foi fusilado o seu pai ante o cadro de Castelao O acto vai celebrarse este luns 17 de agosto ás 11.30 horas diante do cadro 'A derradeira leición do mestre', pintado por Castelao, que permanece temporalmente no Museo

14/08/2026

🌟 O vindeiro luns, 17 de agosto, temos unha programación completa para celebrar o Día da Galiza Mártir.

Un ronsel de actos en colaboración co Museo de Pontevedra, o Concello de Poio e o Concello de Pontevedra, e acompañados pola Fundación Castelao.

Sinalamos que o acto do Museo será pechado, só para autoridades, formacións políticas e prensa, debido ás condicións de acceso á Sala de exposicións temporais, ao aforo máximo establecido, e a que o Museo os luns non abre ao público.

Podes acompañarnos nos demais actos, para o que deixamos unha infografía con tódolos detalles 👇🏻

26/06/2026

🎉 Presentamos o cartel da VIII Semana cultural‼️

Baixo o título "Pensamento e innovación na Galicia da II República. Paralelismo coa situación actual", trataremos a situación do Ensino e as vangardas artísticas dos anos '30 e a renovación da política económica e da sociedade galega pola que traballou Alexandre Bóveda, no 90 aniversario do seu pasamento polas armas.

Contaremos con Amalia Bóveda e Valentín G. Bóveda para a apertura das sesións e pecharemos cunha visita guiada polos reloxos de sol de Igrexa de San Bieito de Fefiñáns e falando das eclipses solares deste ano e dos que veñen.

🎙️ Teremos tamén acompañamento musical de Erea Castro, Grupo Barahúnda e Francisco Castro.

Un programa completo, co que vos convidamos a acompañarnos:

🗓️ 1-4 de xullo
⏰ 20h
📍 Terraza baixo os Magnolios. Pazo de Fefiñáns.

Photos from Rafa Domínguez's post 23/06/2026
Photos from Fundación Alexandre Bóveda's post 12/06/2026

💐 Onte o presidente e varias membros do Padroado da Fundación Alexandre Bóveda estivemos acompañando á nosa presidenta de honra, Amalia Bóveda, que agora tamén é Premio pontevedresa de honra 2026.

O seu férreo compromiso coa Memoria democrática e o legado de Alexandre Bóveda fíxoa merecente deste galardón, outorgado polo Diario de Pontevedra. 🏆

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Pontevedra?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Dirección


Pontevedra
36005