Asociación Cultural Trépia

Asociación Cultural Trépia Aulas de pandeireta e canto tradicional, gaita, percusión, zanfona, pandeiro, baile tradicional, acordeón cromático e diatónico... e moito máis! - trepia.org

Na A.C. Trépia teñen cabida moitas e variadas actividades culturais. O eixo central, como é óbvio, é a música tradicional; pero ese eixo é traballado desde unha óptica aglutinante innovadora. Quer dicer, que dado que a música tradicional representa unha expresión cultural colectiva atemporal (existiu onte, existe hoxe, e existirá mañá; abranguendo e incorporando características e matices de todas as épocas ao longo da súa vida), non podemos separar esta expresión cultural doutras manifestacións contemporáneas. As gravacións do arquivo de rcolleitas conteñen mostras máis antigas, pero tamén outras rexistradas no 2005, 2006... até a actualidade. Como pretender, pois, musealizar e anquilosar como algo estático a nosa música tradicional? É algo vivo, activo e presente na sociedade do século XXI; e como tal, non se lle poden negar as posibilidades que ten en canto música contemporánea que é. Así pois, esta asociación ten participado en inicativas como DuploR (Concertos Regueifa-Rap), os certames GzCrea (1º premio música ano 2008, 2º premio música ano 2010, 2º premio videocreación 2008 e 2010), Nsaio Xeral (2008) ou o Pecha-Kucha Night (mostra de novos creadores) en dúas ocasións. Promovemos actividades arredor da presencia da música tradicional en ambientes urbanos (como a Aña Urbana, con máis de 7 edicións) e temos participado en distintos programas socio-educativos tanto co concello de Pontevedra (Noites Abertas, aulas de baile e pandeireta en centros sociais e asociacións veciñais, programas de dinamización do rural, etc.).

17/09/2026

Link na bio

09/09/2026
18/08/2026

O obradoiro de baile tradicional deixa paso ás próximas citas festivas co concerto de Dani Fernández, o Río Verbena Fest e a Festa do Demo dentro deste mes de agosto

Se es docente dalgunha disciplina e queres formar parte do noso equipo de profesorado, manda un correo a escola@trepia.o...
14/07/2026

Se es docente dalgunha disciplina e queres formar parte do noso equipo de profesorado, manda un correo a [email protected].

"Aquí Bailase" é unha iniciativa para transformar a cidade de Pontevedra nun referente do baile tradicional galego duran...
03/07/2026

"Aquí Bailase" é unha iniciativa para transformar a cidade de Pontevedra nun referente do baile tradicional galego durante o verán, fomentando o orgullo polo noso patrimonio cultural e creando un espazo de diversión e cohesión social.

Trátase de 4 obradoiros de baile en distintos lugares pola cidade, culminando nunha gran festa na Praza da Ferraría.

Todos os obradoiros son de balde e sen inscrición previa. Son aptos para todas as idades e niveis.

14/04/2026

A duodécima edición desta cita coa música tradicional conta cunha alta participación en obradoiros e actuacións infantiles e de adultos este sábado

Un ano máis volve a Aña Urbana a Pontevedra. Gardade a data!
18/03/2026

Un ano máis volve a Aña Urbana a Pontevedra. Gardade a data!

Un ano máis saimos a cantar as Xaneiras polos bares de Pontevedra. É unha tradicion trepiana que non para de medrar!
16/01/2026

Un ano máis saimos a cantar as Xaneiras polos bares de Pontevedra. É unha tradicion trepiana que non para de medrar!

Dirección

Pasaxe San Bartolomeu, 8, Baixo
Pontevedra
36002

Horario de apertura

Lunes 19:00 - 22:00
Martes 19:00 - 22:00
Miércoles 19:00 - 22:00
Jueves 19:00 - 22:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Cultural Trépia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Asociación Cultural Trépia:

Atajos

Compartir