Facultade de Comunicación UVIGO

Facultade de Comunicación UVIGO Facultade de Comunicación. Campus de Pontevedra. Univ. de Vigo. www.csc.uvigo.es

Novos Cinemas organiza grazas ao apoio da vicerreitoría do Campus de Pontevedra e coa colaboración da Facultade de Comun...
24/09/2026

Novos Cinemas organiza grazas ao apoio da vicerreitoría do Campus de Pontevedra e coa colaboración da Facultade de Comunicación o obradoiro Filmes como marismas, destinado ao estudantado do campus de Pontevedra (grao, mestrado, doutoramento, etc.) matriculado no curso académico 2026/2027, ou que rematase o seu itinerario académico no curso 2025/2026 (grao, mestrado, doutoramento, etc.)

O taller ofertará 10 prazas. O equipo do festival seleccionará a dez aspirantes, que desenvolverán os seus proxectos audiovisuais supervisados pola cineasta emerxente Candela Sotos (info no enlace e formulaio adxunto).

https://novoscinemas.com/filmes-como-marismas/

O período de inscrición terá lugar entre os días 24 de setembro e o de 2 outubro.

Os nosos DEREITOS e DEBERES lingüísticos na Universidade de Vigo Dereitos1. Respectar o galego, lingua propia da nosa un...
24/09/2026

Os nosos DEREITOS e DEBERES lingüísticos na Universidade de Vigo

Dereitos
1. Respectar o galego, lingua propia da nosa universidade.
2. Usar o galego en todas as actividades universitarias.
3. Ser atendido en galego.
4. Estudar, ensinar, traballar e investigar en galego.
5. Acceder a formularios, documentos e plataformas dixitais en galego.
6. Redactar e presentar traballos académicos en galego.
7. Formarnos e contar con recursos en galego.
8. Empregar o galego na imaxe pública e nas comunicacións institucionais.
9. Participar na vida cultural do campus en galego.
10. G***r dun contorno en que o galego se utilice con normalidade.

Deberes
1. Respectar todas as linguas e as persoas que as usan.
2. Evitar o trato lingüístico discriminatorio.
3. Favorecer o emprego do galego onde aínda non estea presente.
4. Normalizar o galego na vida universitaria.
5. Crear espazos, terminoloxía e recursos accesibles en galego.
6. Recoñecer o valor cultural e científico do galego.
7. Transmitir actitudes positivas cara ao galego en todos os ámbitos universitarios.
8. Combater os prexuízos lingüísticos.
9. Convivir valorando a diversidade lingüística como riqueza.
10. Apoiar as medidas que fortalezan o galego na comunidade universitaria.

O profesor Alberto Dafonte foi nomeado director de área do Campus Crea, cargo que lle leva a situarse á fronte dos traba...
21/09/2026

O profesor Alberto Dafonte foi nomeado director de área do Campus Crea, cargo que lle leva a situarse á fronte dos traballos para a obtención da acreditación deste proxecto como campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia (SUG). “É un proxecto importante para a Universidade e que terá unha repercusión moi positiva para o campus”, salienta Dafonte, quen xa formara parte do Comité de Dirección do Campus Crea entre 2014 e 2018.

Moita sorte e moitos éxitos nesta nova andaina 👌🏻🍀

Máis info https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/profesor-alberto-dafonte-situase-fronte-campus-crea-co-reto-acadar-acreditacion

Os días 22 e 24 de setembro vaise impartir na facultade o obradoiro VOCES DE CAMBIO para a prevención do acoso sexual e ...
18/09/2026

Os días 22 e 24 de setembro vaise impartir na facultade o obradoiro VOCES DE CAMBIO para a prevención do acoso sexual e por razón de s**o na Universidade de Vigo. A encargada de desenvolver esta actividade vai ser a experta en ensinanzas sobre sexualidade e igualdade SABELA SALGUEIRO | Educación Sexual Integral • Feminismo

Trátase dun obradoiro de 90 minutos de duración, orientado á sensibilización e prevención do acoso sexual e por razón de s**o entre o alumnado universitario.

O día 22 de 9h a 10:30h co alumnado de 4º de publicidade, de 10.30h a 12h con 1º de CAV e de 12h a 13.30h con 2º de Publicidade. O día 24 de 15h a 16:30h con 2º de CAV.

Curso Da gravación analóxica á intelixencia artificial, inserido na programación de extensión universitaria da Vicerreit...
14/09/2026

Curso Da gravación analóxica á intelixencia artificial, inserido na programación de extensión universitaria da Vicerreitoría do campus de Pontevedra, a Facultade acolle nestas semanas o curso Gravación e produción musical, que permite aos seus máis de 20 inscritos coñecer e traballar de xeito práctico cos diferentes procesos de produción musical, desde a gravación analóxica nun estudio ao uso de ferramentas de intelixencia artificial. “A idea é que saían do curso cunha visión ampla de todas as posibilidades que ofrece hoxe en día a tecnoloxía, para que logo poidan aplicar o criterio que se debería aplicar nun proceso de produción”, sinala o produtor e profesor da facultade Javier Abreu, responsable deste curso de 40 horas, que desenvolve a súa segunda edición con todas as súas prazas cubertas.

Hoxe comezamos o curso 26/27 cun acto de benvida so alumnado de 1º do grao de Publicidade, de Comunicación Audiovisual e...
07/09/2026

Hoxe comezamos o curso 26/27 cun acto de benvida so alumnado de 1º do grao de Publicidade, de Comunicación Audiovisual e o dobre grao de CAV e PRP.

Tamén foi a presentación do equipo decanal, coordinadoras de grao, coordinador PIUNE, e os servizos de biblioteca, informática e conserxería.

Finalizamos o acto cunha charla de Santi Romero, Dtor. Creativo de Verve Creative Group, sobre a creatividade publicitaria. Todo un luxo!!! 😍😍

A Facultade converteuse este XOVES no escenario da rodaxe de A deriva, unha curtametraxe dirixida pola exalumna Iria Sil...
03/09/2026

A Facultade converteuse este XOVES no escenario da rodaxe de A deriva, unha curtametraxe dirixida pola exalumna Iria Silvosa, con idea orixinal da egresada da Facultade de Filoloxía e Tradución Nuria Vilán, na que exploran as relacións entre ciencia, poesía e danza. Presentada como “un ensaio cinematográfico con dimensión poética e científica”, trátase dunha curtametraxe seleccionada na convocatoria de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento galego da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia.

Síntome moi a gusto volvendo aquí”, recoñecía Iria Silvosa, titulada en Comunicación Audiovisual.

Máis info: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/egresadas-uvigo-converten-facultade-comunicacion-escenario-dunha-curta-que-fusiona-ciencia-poesia

O luns 7 de setembro comeza o curso 2026/2027 para todo o alumnado dos graos da Facultade de Comunicación da Universidad...
31/08/2026

O luns 7 de setembro comeza o curso 2026/2027 para todo o alumnado dos graos da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo

Para o alumnado de 1º de Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e o Dobre Grao CAV-PRP, ás 11h no Auditorio da facultade, imos presentar nun Acto de benvida ao equipo decanal, aos coordinadores de grao e os servizos que forman parte da facultade: biblioteca, conserxería, gabinete audiovisual, informáticos...

Pecharemos este acto cunha conferencia inaugural a cargo de Santi Romero, Dtor. Creativo de Verve Creative Group , toda unha institución no mundo da comunicación publicitaria e audiovisual.

Estades todas e todos convidados!!
Comezamos!! Benvidos!!!


O silencio dun home que vive nas montañas converte a Marzo Lozano, estudante de Comunicación Audiovisual, nun dos gañado...
09/07/2026

O silencio dun home que vive nas montañas converte a Marzo Lozano, estudante de Comunicación Audiovisual, nun dos gañadores do festival Curtocircuíto. A súa obra xurdiu a partir dun traballo para a materia de Cone de non ficción.

marzo🕳️ debía realizar unha curtametraxe documental de cinco minutos, que decidiu centrar nun “home de orixe alemán, que vive nas montañas de Galicia, afastado da modernidade”, explica. As gravación realizadas para este traballo académico remataron á súa vez transformándose no punto de partida de El silencio de Allen Robert Angelo, un documental de 27 minutos, que converteu este estudante da Facultade de Comunicación no gañador da sección Supernova do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto.

Xunto ao seu documental, entre os seleccionados e seleccionadas para unha sección dedicada ao cinema emerxente galego atopábanse tamén outros traballos nacidos na Universidade de Vigo, como Oda á extinción da estudante de Belas Artes Isabella Moreno, ou Persistencia do baleiro, que Moreno realizou xunto con José García Estévez. Entre as pezas seleccionadas figura aí mesmo Unha e outra vez, da tamén alumna desta facultade Alba Amoedo; Salir do limbo, do estudante de Comunicación Audiovisual Antón Rodríguez, ou Fun abalar a pedra que está no medio do mar, do alumno de doutoramento Breogán Xague.

Máis info en: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/silencio-dun-home-que-vive-montanas-converte-estudante-comunicacion-audiovisual-nun-ganadores

Pois outra promoción de publicistas que se nos vai!! E xa van 28!!O acto de graduación deste venres foi bonito, emotivo,...
13/06/2026

Pois outra promoción de publicistas que se nos vai!! E xa van 28!!

O acto de graduación deste venres foi bonito, emotivo, divertido e moi ben organizado. Elas son así, moi boas e moi bos!! Axencias do mundo atentas que hai moito

Parabéns xentiña, o futuro é voso!!!

A FAC. COMUNICACIÓN UVIGO sempre será a vosa casa.
Moita Sorte!! 🍀😍

Dirección

Campus Universitario A Xunqueira, S/n
Pontevedra
36005

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Facultade de Comunicación UVIGO publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Facultade de Comunicación UVIGO:

Atajos

Compartir