28/04/2026
O Frei nas ondas!!
Participamos na xornada radiovisual interescolar Ponte nas Ondas, compartindo directo arredor do patrimonio cultural galego.
O noso programa Son da Terra puxo o foco na gaita como símbolo da nosa identidade.
Sara, Jialan e Mateo alumnos de 1º de Bacharelato entrevistaron ao noso profe e gaiteiro Flavio nunha conversa chea de historia, emoción e reflexión sobre o valor da música tradicional. O final?… Espectacular. Unha peza en directo preparada especialmente para esta xornada que interpretou Flavio xunto a Roberto, Xosé e Rocío, da Asociación Os Fervellos do Pío.
Moitísimas grazas a estes grandes músicos por aceptar á nosa invitación, á Asociación Ponte nas Ondas e ao por acoller esta xornada en Pontevedra.
Vídeo completo da xornada (a nosa intervención a partires de 2:15’32”)
▶️https://www.youtube.com/live/W4Q5A5CBujc?si=uDct_kPRCtIZ1YdZ