30/06/2023
Xanecas tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un novo descubrimento.
Seu pai refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados ... Para apurar máis, Xanecas fregábase tamén co xabón. De súpeto, afundíuselle o dedo nun burato da barriga. Que pasara?. Tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: E por que teño embigo?.
A cousa é que Xanecas está nunha das etapas máis divertidas da infancia: a das preguntas. Por iso quere saber o porqué de todo, e interroga a papá, á irmá máis vella, ao avó...
Aproveitando a inocencia do pequeno, cada quen irá inventando unha trola sobre o estraño buraco. Finalmente, a nai lle desvela a verdadeira razón da existencia do embigo, e, de paso, un dos grandes misterios da vida.
Este álbum constitúe un valioso recurso co que lles explicar dun xeito sinxelo e divertido o misterio do embigo.
Texto de Ramón Aragüés
Ilustracións de Francesca Chessa
Dispoñible en galego, castelán e portugués.