26/09/2021
A Universidade de Vigo no marco da Rede Eusumo organiza a seguinte concurso de ideas:
CREA ECONOMÍA SOCIAL
Participantes: Calquera persoa ou grupo que teña unha idea de empresa de economía social para a súa implantación na Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, o concurso esta deseñado para a participación de:
Estudantes do Campus CREA de PONTEVEDRA
Persoal Docente e Investigador (PDI) do Campus CREA de PONTEVEDRA
Persoal de Administración e Servizos (PAS) do Campus CREA de PONTEVEDRA
Persoas emprendedoras en xeneral.
Obxectivo:
Identificar e recoñecer as ideas e iniciativas de emprendemento innovadoras.
Dar visibilidade entre o alumnado do campus crea das iniciativas de emprendemento actuais.
Fomentar o espírito emprendedor a través da creatividade das persoas participantes e sobre a base dun enfoque integral (social, económico, medioambiental, cultural…)
Difundir a cultura emprendedora, o talento, a innovación, a difusión do coñecemento e a transferencia de información.
Data límite para presentar a candidatura: ata o mércores 13 de outubro de 2021.
Premios:
Mellor idea de negocio en artes, comunicación e creatividade.
Mellor idea de negocio en educación, innovación social e xestión pública
Mellor idea de negocio en deporte, saúde e benestar
Mellor idea de negocio en medio ambiente e natureza
Datos de contacto: [email protected] / 687 33 37 09
Para máis información: www.creaeconomiasocial.com
20/09/2021
Obradoiros de extensión universitaria do primeiro cuatrimestre no Campus de Pontevedra.
Info: campuspontevedra.uvigo.es
Matrícula aberta ata cubrir prazas: campusactivo.uvigo.gal
Destinados á cidadanía en xeral e universitarios/as
• Comunícate coas mans. Lingua e cultura da comunidade xorda. 11/10/2021 - 01/12/2021
• Corta, pega e debuxa: iniciación en procesos manuais de reproducción en riso 17/01/2022 - 21/01/2022
• Gravado non tóxico: fotogravado con Solarplates 10/01/2022 - 13/01/2022
• Habilidades maker para educación con Escornabot: robótica educativa, deseño e impresión 3D, programación 08/11/2021 - 22/11/2021
• Iniciación ao barco dragón: piragüismo recreativo e terapeútico 09/10/2021 - 17/10/2021
• Iniciación da escalada en rocódromo 05/11/2021 - 21/11/2021
• Reportaxe fotográfica 13/10/2021 - 22/12/2021
14/09/2021
Coñeces todas as bolsas as que podes acceder para axudarte a financiar a túa carreira universitaria ??
Non deixes pasar nin unha!
•Bolsas Oportunidade ao Talento. Data límite: 11/10/2021
•Axudas para contratos predoutorais Data límite: 08/10/2021
•Bolsas de mobilidade para o estudantado de doutoramento 2020/2021 Data límite: 17/09/2021
•Axudas para redactar e defender en galego Teses de doutoramento e Premios á Calidade Lingüística nos Traballos Fin de Grao e Mestrado, 2020/2021
Data límite: 17/09/2021
•Premios aos expedientes académicos con mellores cualificacións para o alumnado dos mestrados universitarios no curso 2020/2021 Data límite: 30/09/2021
•Premios Extraordinarios de Doutoramento 2020/2021 Data límite: 24/09/2021
http://pdcrea.webs.uvigo.es/informacion/bolsas-e-axudas/
Se precisas axuda podes visitar :
https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas
ou contactar co servicio de bolsas nos teléfonos:
+34 986 813 611 / +34 986 813 612