Pasantía Inés

Pasantía Inés " La educación no cambia el mundo, cambia a las personas que van a cambiar el mundo" Paulo Freire

Xa temos aberta a matrícula para o próximo curso! Non te quedes sen praza!
20/06/2023

Xa temos aberta a matrícula para o próximo curso! Non te quedes sen praza!

Xa podes reservar a túa praza para o curso 2021/22
31/07/2021

Xa podes reservar a túa praza para o curso 2021/22

02/06/2021

Estamos iniciando a conta atrás para despedir este curso e queremos que teñades opcións para as vosas tardes de verán.

➡️ ESCRITURA CREATIVA e RETA O TEU INXENIO

Son unha serie de actividades coas que a imaxinación e o traballo en equipo serán as principais ferramentas para superar os retos que vos temos preparados.

➡️ Taller intensivo de TÉCNICAS DE ESTUDO

Como cada ano realizamos o noso taller intensivo de técnicas de estudo, nesta ocasión en formato individual para adaptarnos mellor ás necesidades de cada caso.

As prazas son limitas polo que se tes dúbidas ou estás interesado nalgún dos nosos talleres podes chamarnos ao teléfono de contacto.

Prazo de Inscrición ata o 25 de xuño.

Ampliamos horarios!! últimas 4 prazas!!
01/10/2020

Ampliamos horarios!! últimas 4 prazas!!

Non quedes sin a túa praza para o vindeiro curso!
13/07/2020

Non quedes sin a túa praza para o vindeiro curso!

Reserva a túa praza!!
23/06/2020

Reserva a túa praza!!

18/06/2020

A piques de rematar un curso escolar atípico, presentámosvos o noso programa de estudo e preparación para o próximo ano académico.

T+ESTUDIO nace como un programa centrado nas necesidades que presenta o alumnado que vai dar o salto ao instituto e que neste ano inicia 1º da ESO. Para elo, a través do desenvolvemento de técnicas e hábitos de estudo, preténdese fomentar a autonomía e axudar na xestión dos seus tempos. Con todo, dada a situación actual, vemos necesario ampliar este traballo ao paso a 1º de BACH, un curso académico con maior esixencia en todas as áreas e en especial medida na análise e elaboración de textos en materias tan concretas como historia e filosofía.

Deste xeito esbozaremos un plan de traballo e organización, xunto con estratexias de estudo axeitadas, que lles permita ser capaces de abordar a totalidade do temario ao que van ter que enfrontarse.

Se para ti é importante que o teu fillo/a aprenda a estudar, sexa autónomo/a e adquira estratexias que favorezcan o seu aprendizaxe de cara ao cambio que supón 1º da ESO e 1º BACH, non dubides en chamarnos para ter máis información.

Medidas hixiénico-sanitarias que levaremos a cabo.
01/06/2020

Medidas hixiénico-sanitarias que levaremos a cabo.

Toca volver!! Abrimos a reserva de praza para os meses de xullo e agosto!!
01/06/2020

Toca volver!! Abrimos a reserva de praza para os meses de xullo e agosto!!

28/04/2020

Unha das principais dúbidas que xorden estes días en sesión é como enfrontarse aos exames online que nalgúns centros se están realizando.
Non hai unha resposta única porque a variedade de ferramentas que se empregan, a diversidade dos modelos (tipo test, pregunta corta, selección,...) e a variedade existente entre materias fai difícil poder determinar cal é a forma exacta na que se vai realizar o exame.

Pero se algo temos claro é que ao igual que nos exames presenciais debemos coñecer moi ben o noso temario e neste caso aínda máis se cabe, xa que o tempo de resposta estará moi pautado e a claridade coa que temos que ter adquiridos os contidos e maior. O contexto é novo, pero a esencia, segue a ser a mesma, polo que, o que repito continuamente é que a formulación de preguntas e a elaboración de diversas opcións para dar resposta a un contido segue a ser clave á hora de enfrontarse a un exame. Máis se cabe, cando nos axuda a pensar que preguntas tipo test podemos ter ou que temario poderíamos responder a través dunha imaxe.

Toda esta preparación pasa, sen lugar a dúbidas, por coñecer distintas ferramentas online que nos permiten acercarnos aos modelos de exame que se están a realizar. É o caso de Google Forms, GoConqr ou Google Classroom a través do paquete de Drive. Coñecer e saber como traballar con cada ferramenta é fundamental para combater a ansiedade que está a provocar a idea de ter estes controis, porque se xa tiñamos superado enfrontarnos a un exame presencial, agora debemos facelo ante un virtual.

28/04/2020

Acaban de publicar os modelos de examen da ABAU neste 2020. Podedes consultar como van ser as probas no seguinte enlace.

https://ciug.gal/gal/abau/modelos

24/04/2020

Aquí seguimos depois de máis dun mes aprendendo, aportando o noso traballo da mellor forma que sabemos aínda que teñamos unha pantalla por medio e mil e unha ferramentas online que investigar e coñecer.
Non esta sendo fácil nin para vós nin para nós, pero aquí estamos, adaptándonos e reinventándonos día a día para acadar os mellores resultados posibles e dar resposta as inquedanzas e necesidades de cada familia.
Recorda que esta é unha carreira de fondo para todos e todas, que nunca antes nos víramos nunha situación coma esta, pero que a mellor saída que temos é o traballo conxunto e as aprendizaxes que estamos acadando sen movernos das nosas casas.

Dirección

Pino-Infesta Nº33
Pino
27375

Horario de Apertura

Lunes 16:00 - 18:00
18:00 - 20:00
Martes 16:00 - 18:00
18:00 - 20:00
Miércoles 16:00 - 18:00
18:00 - 20:00
Jueves 16:00 - 18:00
18:00 - 20:00
Viernes 16:00 - 18:00
18:00 - 20:00

Teléfono

664464939

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Pasantía Inés publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría