01/09/2026
📢🎉 RECORDADE! 🎉📢
📅 Este venres 4
⏰ A partir das 22:30 h
📍 No Campo dos Gozos
🎶✨ A HISTORIA DA VERBENA ✨🎶
Un espectáculo musical para todos os públicos que fai unha viaxe pola historia das festas populares e das orquestras galegas, desde o século pasado ata a actualidade.
A través de música en directo, baile, humor e imaxes, La Oca Band interpreta cancións que marcaron distintas épocas, acompañada por Pepo Suevos como narrador.
O espectáculo conta ademais coa participación de numerosos artistas da verbena galega, tanto actuais como figuras míticas, como Lito Garrido (Panorama), Blas Piñón (París de Noia), Pili Pampín, integrantes de Los Satélites, El Combo Dominicano, Cinema, Costa Oeste, entre outros.
✨ Como novidade, conta cun tema propio, “De Noite Soñei”, gravado coa participación dun coro de máis de 70 integrantes de orquestras galegas.
💃🎤 Unha proposta divertida e didáctica para lembrar, cantar e percorrer a evolución da verbena galega.
🎶✨ NON O PERDADES! ✨🎶