Segredos de Pantón

Segredos de Pantón Esta páxina pretende ser un medio para a divulgación dos segredos que ten o concello lugués de Pantón, dende un punto de vista diferente e orixinal.

O vindeiro domingo temos un roteiro por entre o val do Regueiro para coñecer o pasado da lexendaria Quitapesares e amosa...
01/09/2026

O vindeiro domingo temos un roteiro por entre o val do Regueiro para coñecer o pasado da lexendaria Quitapesares e amosarvos fermosos lugares e pequenas grandes historias.

Non perdades a oportunidade deste roteiro, semella que vai estar moi chulo!

  BikesacraA bicicleta é  unha forma única de experimentar o territorio. Así nolo contará hoxe David, do proxecto BikeSa...
30/08/2026

Bikesacra

A bicicleta é unha forma única de experimentar o territorio. Así nolo contará hoxe David, do proxecto BikeSacra, como facer turismo e deporte á vez.

1. Para comezar esta entrevista, cal é o seu vínculo persoal e profesional co Concello de Pantón e, por extensión, co conxunto da Ribeira Sacra?

A miña relación con Pantón comezou grazas á miña parella. Levo case vinte anos vindo por aquí e, co paso do tempo, acabou converténdose na miña segunda casa. Primeiro viña como visitante, despois fun coñecendo mellor a xente, os camiños e cada recuncho da Ribeira Sacra, ata o punto de sentila tamén un pouco como miña.

Foi precisamente esa conexión coa zona a que fixo que nacese Bikesacra. Despois de tantos anos descubrindo lugares sobre a bicicleta, parecía case unha obriga ensinar todo o que esta terra ten para ofrecer. Porque ás veces os que vivimos ou vimos aquí con frecuencia esquecemos o privilexio que temos arredor.

2. Como e cando xurdiu a idea de crear Bike Sacra? Que motivacións e obxectivos había detrás deste proxecto no seu nacemento?

A idea empezou a tomar forma hai un par de anos. Sempre me gustou o ciclismo e cada vez que saía con amigos de fóra quedaban sorprendidos coa paisaxe e cos camiños da zona. Pensei que se eles o disfrutaban tanto, por que non ofrecer esa experiencia a máis xente? O obxectivo era crear algo diferente, combinando deporte, natureza e turismo, pero sempre poñendo en valor o noso territorio

3. Cales foron as principais dificultades ou limitacións ás que tivestes que facer fronte no momento de poñer en marcha a iniciativa?

Como en case calquera proxecto novo, o máis complicado foi empezar. Hai moito traballo que non se ve: permisos, seguros, investimento nas bicicletas, crear a páxina web, deseñar rutas… E tamén vencer ese medo inicial de non saber como vai responder a xente. Pero cando fas algo no que cres, pouco a pouco todo vai collendo forma.

Toda a entrevista pronto na nosa páxina web e decontado no Xornal de Lemos!

Polas terras de VilamirónO vindeiro 6 de setembro, organizamos a última actividade da nosa programación cultural de verá...
26/08/2026

Polas terras de Vilamirón

O vindeiro 6 de setembro, organizamos a última actividade da nosa programación cultural de verán.

Imos a rematar ao gran polas terras de Pombeiro, na bisbarra de Vilamirón. Onde o Duque de Arjona tivo a súa famosa Torre de Quitapesares.

Daremos un paseo duns 8 kms con pouco desnivel, entre o rego do Regueiro, historia, etnografía e coma sempre moitas historias.

O roteiro ten un custo de 2 € por persoa. Pros menores de 12 anos é de balde.
Para reservar a vosa praza podedes facelo a través de:

Correo electrónico: [email protected]
Facebook ou Instagram
WhatsApp: 662 669 223 (Lucas)

A inscrición formalízase co ingreso dos 2 € na conta da Asociación Cultural Segredos de Pantón:
ES48 2080 0471 7730 4001 9202 (ABanca)

Hoxe comezamos a semana cunhas fermosas imaxes dende o alto da aldea de Freán. Pronto traeremos unha galería máis en det...
24/08/2026

Hoxe comezamos a semana cunhas fermosas imaxes dende o alto da aldea de Freán.

Pronto traeremos unha galería máis en detalle deste fermoso lugar da ribeira do Miño, na parroquia de Atán..

Rematamos o día cunhas imaxes do fermoso santuario de Augas Santas. E desta volta tanto por fóra coma por dentro.Desfrut...
20/08/2026

Rematamos o día cunhas imaxes do fermoso santuario de Augas Santas. E desta volta tanto por fóra coma por dentro.

Desfrutade!

 Nesta semana que serán as festas parroquiais de Santa María de Ferreira aproveitamos a oportunidade para traervos un re...
17/08/2026



Nesta semana que serán as festas parroquiais de Santa María de Ferreira aproveitamos a oportunidade para traervos un recorte do xornal "El Progreso" do 17 de xulllo de 1979, onde falaban da 1ª edición do Festival do Castro.

❗Importante❗Finalmente movemos a data do noso roteiro nocturno por Deade, de hoxe para o vindeiro venres 21 de agosto ás...
14/08/2026

❗Importante❗

Finalmente movemos a data do noso roteiro nocturno por Deade, de hoxe para o vindeiro venres 21 de agosto ás 21 h, o punto de encontro será diante da casa do Casebio.

Desculpade as molestias!

Esta fin de semana no Santuario de Recerendes (San Xulián de Eiré), ten lugar a festa que congrega a veciñxs e visitante...
14/08/2026

Esta fin de semana no Santuario de Recerendes (San Xulián de Eiré), ten lugar a festa que congrega a veciñxs e visitantes.

Fai xa anos sucedeu un terrible suceso con fatal desenlace, unha morte no transcurso da romaría.

Pola festa de Recerendes de 1926 tivo lugar un incidente co fatal desenlace da morte dun home. Así “El Diario de Galicia” na edición do 27 de agosto relataba así o suceso ocurrido:
“ Din de Pantón, que varios mozos ao regresar da romaría que tivera lugar no Santuario de Recerendes, na parroquia de Eiré, surxiu unha gran pelexa entre eles; onde fixéronse varios disparos de arma.
Da grave refriega resultou morto Manuel Fernández, veciño da próxima aldea do Barrio, que recibiu un tiro no ollo dereito, sen orificio de saída, e ferido gravemente no brazo dereito Antonio Fernández Gómez. O agresor foi Manuel Salgueiro González que se diu á fuga sen poder ser capturado.

Información obtida de Galiciana.

13/08/2026

XOVES AMBIENTAL ❗

Nestes tempos de abafamento, quen dera atopar un recuncho no que refrescarse coma esta familia de xabaríns.

Deade é un dos territorios históricos que acabaron por conformar o actual concello de Pantón. No seu patrimonio e na mem...
12/08/2026

Deade é un dos territorios históricos que acabaron por conformar o actual concello de Pantón. No seu patrimonio e na memoria da súa veciñanza gárdanse historias que deben ser contadas por quen ten de herdanza estes saberes.
Sabías que Deade acubilla historias máis alá das pedras e do poder civil?
Sabías que no patrimobio inmaterial desta parroquia aínda hai memoria viva de historias do alén?
Desde medicina natural da época a historias de vida e protección que a historia do estados nos fixo escribir aos humanos.

Roteiro Nocturno por Deade:

Este venres, 14 de agosto por volta das 20:30h daremos comezo ao perocrrido que durará unhas 2 horas onde coñeceremos lugares descoñecidos de Deade, falaremos da memoria viva e oral que conserva a veciñanza de pasaxes da historia que inclúen desde amoríos a asasinatos, dun convulso século XIX e escoitaremos historias do máis alá, e agardamos non ter visitas de seres escuros, pero de seguro que algún demiño fará algunha das súas.

Que máis precisades para vos anotar a esta actividade tan chula?

Dirección

Pantón
27430

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Segredos de Pantón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Segredos de Pantón:

Atajos

Compartir