Concello de Ortigueira

Concello de Ortigueira Páxina institucional do Concello de Ortigueira Información de servizo e institucional relativa ao Concello de Ortigueira.

Séguenos tamén en Twitter .

👨‍👧‍👦 O CIM de Ortigueira pon en marcha “Homes que coidan”, unha campaña audiovisual para visibilizar a corresponsabilid...
28/08/2026

👨‍👧‍👦 O CIM de Ortigueira pon en marcha “Homes que coidan”, unha campaña audiovisual para visibilizar a corresponsabilidade e o papel dos homes nas tarefas de coidados.

👉 Queres participar? Contacta co CIM en [email protected] ou no 981 402 542 antes do 11 de setembro.

🎥 Realizaranse unhas gravacións realizadas por un profesional, acordando previamente as datas en función da dispoñibilidade dos participantes.

🙌 Participa!

📣 Aviso.🔧 O repetidor de Devesos foi modificado e adaptado á dixitalización.📡 Pedimos aos veciños e veciñas de Devesos q...
28/08/2026

📣 Aviso.

🔧 O repetidor de Devesos foi modificado e adaptado á dixitalización.

📡 Pedimos aos veciños e veciñas de Devesos que realicen unha nova busca de canles na TDT para poder visualizalas correctamente.

🙏 Grazas pola vosa colaboración!

📣 Aviso de cambio de localización debido a metereoloxía.✨ As maxias subversivas de Martín Camina e Maga Fani terá lugar ...
28/08/2026

📣 Aviso de cambio de localización debido a metereoloxía.

✨ As maxias subversivas de Martín Camina e Maga Fani terá lugar o sábado, 29 de agosto, ás 19:30 horas no Teatro da Beneficiencia.

🎩 Agardámoste.

🌞🏕️ Os campamentos OcioVerán 2026 de Ortigueira chegaron hoxe ao seu fin.Jaime Ponce e Isabel Rego fixeron entrega dun o...
28/08/2026

🌞🏕️ Os campamentos OcioVerán 2026 de Ortigueira chegaron hoxe ao seu fin.

Jaime Ponce e Isabel Rego fixeron entrega dun obsequio aos máis de 80 nenos e nenas que gozaron desta iniciativa con numerosas actividades ao longo do verán. 🙌

💦 Xa están en marcha os traballos de mantemento no parque acuático de Ortigueira.🔧 Estas actuacións permitirán garantir ...
28/08/2026

💦 Xa están en marcha os traballos de mantemento no parque acuático de Ortigueira.

🔧 Estas actuacións permitirán garantir o bo estado e mantemento destas instalacións.

🌦️ O Xeoparque Cabo Ortegal xa ten meteorólogo!👤 José Manuel Sierra Pernas, Chema, veciño de Couzadoiro, será o encargad...
28/08/2026

🌦️ O Xeoparque Cabo Ortegal xa ten meteorólogo!

👤 José Manuel Sierra Pernas, Chema, veciño de Couzadoiro, será o encargado de publicar diariamente a predición meteorolóxica da zona.

José Manuel Sierra, Chema de Couzadoiro, o home do tempo da comarca, comezou este xoves cos boletíns a través da páxina web

28/08/2026

🎭 O ciclo “A cultura toma a rúa” chega esta fin de semana ao seu remate tras un mes de agosto no que a cultura tomou diferentes espazos e rúas de Ortigueira.

👥 Máis de 1.700 persoas gozaron dunha programación diversa, con música, fotografía, artes escénicas e outras propostas culturais.

🎶 Este domingo, 30 de agosto ás 20:30 horas, “BenQuerer”, de Fran Sieira, compañía de danza con Caamaño&Ameixeiras, poñerá o broche final ao ciclo.

ℹ️ https://concellodeortigueira.gal/o-ciclo-a-cultura-toma-a-rua-reuniu-a-mais-de-1-700-persoas-nas-suas-diferentes-propostas-culturais/

🌲 Continuamos cos labores de limpeza e acondicionamento do monte público de Carabelote.🚜 Empregamos maquinaria pesada pa...
27/08/2026

🌲 Continuamos cos labores de limpeza e acondicionamento do monte público de Carabelote.

🚜 Empregamos maquinaria pesada para avanzar nos traballos e mellorar o estado do monte.

Dirección

Plaza Isabel II, S/N
Ortigueira
15330

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34981400000

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Ortigueira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir