19/07/2026
Hai momentos que nunca se esquecen, por moitos anos que pasen. E este campamento é, sen dúbida, un deles.
Despois dun tempo en silencio, volvemos escoitar as risas, a música das mañás, o barullo das veladas, o tintinar das culleres e pratos ... Como se o tempo nunca pasase e o campamento estivese simplemente agardando por nós.
Este ano, ademais, emocionoume ver a Andrea e a Lucía como monitoras. Elas tamén foron un día nenas de campamento e iste ano, coas súas mochilas cheas de ilusión , regresaron para coidar, ensinar e facer felices a outros nenos xunto con Aarón. Hai poucas satisfaccións tan grandes como comprobar que aquilo que un día recibiron é agora o que elas son capaces de ofrecer. Porque iso significa que o campamento deixou unha pegada fonda, desas que permanecen para sempre.
E é que un campamento non se vive só nas actividades. Vívese tamén arredor dunha mesa, preparando unha comida con agarimo, vendo como regresan cansos pero felices, escoitando as súas anécdotas mentres repiten prato ou despedíndoos cada noite coa certeza de que ese día lles regalou recordos que os acompañarán toda a vida.
Grazas ao arcebispo de Santiago pola súa visita —o noso querido Paco foi compañeiro de fatigas en numerosos campamentos—; a cada neno, que lle deu sentido a cada instante; a cada familia, pola confianza; a Luis, a Chus e ao seu marido, por facer que este regreso fose máis doado.
Rematamos co cansazo dos días felices e coa certeza de que, cando algo se leva dentro, sempre acaba atopando o camiño de volta.
30/06/2026
🏖 Ola, familias!
Xullo xa está aquí e, aínda que trae vacacións, tamén vén con algunhas datas e xestións importantes que convén ter presentes.
📌 Neste carrusel resumimos toda a información clave:
* Horario de atención presencial do Equipo Directivo.
* Resolución das axudas de libros, material escolar e FondoLibros.
* Entrega de vales e historiais académicos de 6º de primaria.
* Nova axuda da Xunta para usuarios/as do servizo de comedor.
* Data límite para cubrir as enquisas de satisfacción.
➡️ Desliza as imaxes e toma nota das datas máis importantes.
Como sempre, para calquera dúbida, podedes contactar con nós!
18/06/2026
𝗤𝘂𝗲 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿 𝗺𝗮𝗻𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝗿𝗲𝗺𝗮𝘁𝗮𝗿 𝗼 𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗼𝗻 𝗱𝘂́𝗮𝘀 𝘅𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗰𝗵𝗲𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗲, 𝗱𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗶𝗼́𝗻 𝗲 𝗯𝗼 𝗮𝗺𝗯𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲! ⚽️🤾♀
Onte e hoxe celebrouse a segunda edición da Pío League, unha iniciativa que nos permitiu g***r de grandes momentos de fútbol e datchball. Foron xornadas marcadas polo compañeirismo, a participación e as ganas de pasalo ben.
Parabéns a todos os participantes pola súa deportividade, e unha felicitación especial aos equipos campións! 🏆🎉
Para o ano máis...e mellor! 👌
15/06/2026
🚀 ESTREAMOS WEB!
Seguimos en colexiosanpiox.gal, pero con moitas novidades. 🥳
👉 Agardamos que vos guste tanto como a nós! Se xa lle botastes unha ollada, deixádenos nos comentarios que sección vos parece máis útil ou que contidos botades en falta. 👇✨
E se aínda non a coñecedes... aquí tedes un adianto:
🏠 Portada máis útil e práctica: ademais do banner amarelo con anuncios e novidades, incorporamos un panel de atallos cos accesos máis frecuentes a un clic.
🏫 Nova sección sobre nós: o lugar onde contamos polo miúdo o noso modelo educativo e información clave, tanto para as familias actuais como para as novas. E isto é un proxecto vivo! Pronto ampliaremos con proxectos do día a día, saídas e actividades complementarias.
🖥️ Secretaría Dixital renovada: máis visual e intuitiva que nunca. Toda a documentación importante á man (aínda que moitos trámites podedes seguir facéndolos comodamente por Dinantia).
📻 Radio Escolar cun só clic: estreamos reprodutor integrado! Ademais de iVoox, Spotify e Apple Podcasts, agora podedes darlle ao play directamente desde a web.
🧠 Navega con sentidiño: transformamos esta sección. Ademais de recursos TIC e consellos para as familias, explicamos de primeira man a nosa visión pedagóxica sobre a tecnoloxía.
🍏 Servizos complementarios: mantemos as seccións de sempre (acollida matinal, actividades extraescolares e o menú mensual do comedor), pero ampliamos e melloramos a información.
🧡 Punto Laranxa Dixital: integramos na web esta iniciativa da contra o acoso escolar (función tamén habilitada desde o inicio de curso en Dinantia).
✨ E moito máis...
Colexio San Pío X - A túa #PequenaGranEscola
Unha escola para aprender, unha familia para medrar.
10/06/2026
🧮🤖 Así traballamos na aula de PT coa mestra Alba! A través de materiais manipulativos e propostas lúdicas que permiten aprender de forma activa, significativa e motivadora.
Coas regletas, as moedas e o Sphero Mini desenvolvemos habilidades matemáticas como o cálculo, a numeración, a lóxica, a resolución de problemas e o valor do diñeiro, ao tempo que potenciamos a atención, a anticipación, a orientación espacial, a lateralidade e o pensamento estratéxico.
Porque cando o alumnado experimenta, manipula e xoga, a aprendizaxe convértese nunha experiencia máis comprensible, funcional e motivadora. 🧮🤖✨
10/06/2026
⚽ A PÍO LEAGUE xa está en marcha!
Carla, Ander e Juan (4º de primaria) presentan un dos proxectos máis emocionantes do final de curso: a PÍO LEAGUE, o gran torneo deportivo do Colexio San Pío X que se celebrará a semana que vén.
Ao longo do podcast descubriredes cómo se desenvolverá esta competición e todas as novidades, na que participará o alumnado de primaria.
https://open.spotify.com/episode/1Kwxh7c31p6RLtVCDYUq0U?si=HTCuOn7dSSqhEFPPk2pPlg
P21: A Pío League 2026 xa está en marcha!
Onda San Pío X · Episode