02/07/2026
Anpas galegas cualifican de "parche" as novas axudas ao comedor escolar e acusan a Xunta de afondar na privatización
A Confederación Anpas Galegas expresou o seu rexeitamento á nova liña de axudas para o comedor escolar presentada pola Consellería de Educación, ao considera...
02/07/2026
🌍❤️ Taboadela volve sumar solidariedade… e facémolo con moito orgullo.
Este ano, por segunda vez, colaboramos coa asociación Nam Nala , unha entidade sen ánimo de lucro que traballa en proxectos sanitarios e educativos en Senegal, levando recursos, atención médica e oportunidades a comunidades que realmente o precisan. Naceu en 2024 para dar continuidade a proxectos solidarios iniciados anos atrás en Senegal e Gambia.
📅 O 1 de agosto temos unha cita moi especial no Monte San Xoán e no Chiringuito das Piscinas, cunha xornada solidaria chea de actividades para todas as idades: maxia, presentación do proxecto, bodykombat, música africana e sorteo solidario.
✨ Cada participación conta.
✨ Cada achega suma.
✨ Cada pequeno xesto pode cambiar vidas.
Animámosvos a achegarvos, desfrutar dunha gran xornada e, sobre todo, axudar a facer posible un futuro mellor para moitas persoas.
🤝 Porque cando colaboramos xuntos, chegamos máis lonxe.
23/06/2026
⚠️ AVISO IMPORTANTE: Prohibidas as fogueiras de San Xoán en San Cibrao ⚠️
Veciños e veciñas, hoxe máis ca nunca precisamos da colaboración de todos. Na noite de San Xoán, o Índice de Risco Diario de Incendio (IRDI) no noso concello alcanza o NIVEL EXTREMO (Nivel 5).
⚠️ Por este motivo, quedan totalmente PROHIBIDAS as fogueiras no municipio.
📱 Nova ferramenta de prevención:
A Xunta de Galicia lanzou este ano a nova app ALume, deseñada especificamente para avisar de incendios forestais activos con rapidez e xeolocalización.
Se ves calquera facho de fume ou conduta sospeitosa:
1️⃣ Usa a app ALume para alertar dun lume.
2️⃣ Non dubides en chamar de inmediato ao 085.
Coidemos de San Cibrao entre todos. Grazas pola vosa colaboración e responsabilidade! 🤝🌲
17/06/2026
Estimadas familias,
Nos últimos días chegaron dende a ANPA BENCHOSEY a esta ANPA diveras inquietudes e queixas relacionadas co servizo de transporte escolar, de MONBUS. Sobre todo coa situación nas que chegan pola tarde os nenos, despois de vir no autobús coa calor, sen ningun tipo de sistema de climatización con estas altas temperaturas.
Queremos trasladar que coñecendo a situación comprendemos a preocupación que estas incidencias poden estar a xerar entre as familias afectadas, e apoiamos os movementos que consideren oportunos facer, para resolver este problema.
Aínda que o transporte non é un servizo organizado nin xestionado por esta ANPA, e as queixas son maiormente dunha das escolas unitarias, consideramos importante estar atentos ás necesidades da nosa comunidade educativa e facer seguimiento destes asuntos que repercuten no día a día do alumnado e das súas familias. Sobre todo nestas situacions, que consideramos bastante serias, xa que nos afecta a todos os usuarios do transporte escolar, que ten a Monbus nas suas rutas, xa que os autobuses van cambiando de colexios.
Por este motivo, estamos recollendo a información que nos facedes chegar e mantendo contacto, ou intentando, cos responsables do servizo de autobuses, para trasladarlle a preocupación existente.
E aínda que só falten 2 días para rematar o curso, queremos que saibades que contades co apoio e coa nosa disposición para acompañarvos e axudar na medida das nosas posibilidades, para facer mais forza, sempre colaborando para procurar o mellor funcionamento dos servizos que afectan a nosa comunidade.
Agradecemos a vosa confianza e seguiremos atentos a calquera novidade que poida resultar de interese para as familias.
Un saúdo,
--
Xunta Directiva
ANPA CEIP Seixalbo
Concello do Pereiro de Aguiar
Concello de San Cibrao das Viñas
16/06/2026
Desde el ANPA CEIP Plurilingüe de Seixalbo Y para finalizar el curso, hoy contaremos con un espectáculo de magia para todo los niñ@s de en horario lectivo.
Esperamos que disfruten.,🎩🪄✨
13/06/2026
🗓️ Xa temos data oficial para o inicio do curso 26/27!
Empezará o 9 de setembro e rematará o 21 de xuño de 2027
Tedes máis info na ligazón. E o luns estará tamén dispoñible no Diario Oficial de Galicia
ℹ️ https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50156
12/06/2026
Neste enlace podedes consular a PROPOSTA DE EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 26-27:
https://drive.google.com/file/d/1MYZ0VsgcNhLa-iTbFUK_M817eOKiawD5/view?usp=sharing
A PRE-INSCRIPCIÓN realizarase a través de este enlace, dende hoxe e ATÉ O 17 DE SETEMBRO:
https://forms.gle/oQCypuiGsqDaYDjd8
Máis DETALLES E INFORMACIÓN sobre cada unha das extraescolares e o dossier completo das propostas novas como Inglés e Kung-fu neste outro enlace:
https://drive.google.com/drive/folders/1-xvlruXRPN8AWO_qiBWdGIAnuSsUIr-I?usp=drive_link
Agardamos que vos guste a proposta e que vos apuntedes.
Calquera dúbida escribídenos ao correo da ANPA: [email protected]
LOS ENLACES SE MANDARON POR ABALAR Y A LOS SOCIOS, TAMBIEN POR EMAIL.
11/06/2026
Interesante charla sobre os RETOS DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL impartida polo noso veciño Javier Pereira Loureiro, doctor en Informática.
Será este sábado ás 20:30h no local de AGROMADAS de Seixalbo, organizadora do evento.