28/07/2026
🎓✨ A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo despídese ata setembro!
Rematamos un curso máis na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense e non podemos estar máis orgullosos de todo o vivido ao longo deste ano académico. Grazas ao esforzo e compromiso do noso estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos, seguimos construíndo unha comunidade universitaria dinámica, innovadora e comprometida co futuro. 💙
🌞 Agora chega o momento de descansar. Informamos de que a FCETOU permanecerá pechada do 1 ao 16 de agosto, ambos incluídos.
📌 A partir do 17 de agosto, poderase contactar de novo co persoal de secretaría para a realización de trámites administrativos e consultas.
🚀 Mentres tanto, xa estamos a preparar con moita ilusión o próximo curso académico, que dará comezo o 7 de setembro, cunha ampla programación na que xa estamos a traballar para seguir ofrecendo a mellor experiencia universitaria posible.
📚 Na nosa web xa podedes consultar os horarios das presentacións do luns 7 de setembro: 🔗 https://fcetou.uvigo.es/es/docencia/horarios
👋 Ademais, o alumnado que inicia este curso a súa etapa universitaria na FCETOU poderá participar na nosa Xornada de Benvida, que terá lugar tamén o 7 de setembro. Toda a información está dispoñible en: 🔗https://fcetou.uvigo.es/docs/estudantes/benvida/Xornada_de_benvida_FCETOU_2026-27.pdf
🌴 Agardamos que desfrutedes dunhas merecidas vacacións, que desconectedes, recarguedes enerxías e volvades con ilusión renovada para afrontar un novo curso cheo de oportunidades, aprendizaxe e experiencias inesquecibles.
☀️ Bo verán e vémonos en setembro!
27/07/2026
📢🎓 ÁBRESE O SEGUNDO PRAZO DE INSCRICIÓN NOS MESTRADOS DA Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Aínda estás a tempo de dar o seguinte paso na túa formación.
📅 Do 20 ao 25 de agosto abrirase o segundo prazo de inscrición nos mestrados da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense:
✅ Mestrado en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
✅ Mestrado en Xestión Empresarial do Deporte
✅ Mestrado en Economía Circular
🎯 Tres programas formativos especializados, orientados á empregabilidade e conectados cos retos actuais dos seus respectivos sectores.
ℹ️ Consulta toda a información sobre os estudos e o proceso de matrícula na web da FCETOU: 🌐 https://fcetou.uvigo.es
📧 Se tes dúbidas sobre o proceso de inscrición, podes contactar con [email protected] a partir do 17 de agosto. Lembra que do 1 ao 16 de agosto a Facultade permanecerá pechada.
🚀 Non perdas esta oportunidade de especializarte e impulsar o teu futuro profesional na Fcetou.
22/07/2026
📚🎓 O talento da UVigo abre portas aquí e no mundo!
Sabías que 9 de cada 10 persoas tituladas pola Universidade de Vigo teñen emprego? Segundo os datos do Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo, a taxa de ocupación laboral alcanza o 91,9%, superando as medias de Galicia, España e Europa.
🌍 Ademais, o talento formado nas aulas da UVigo está presente en 78 países dos cinco continentes, demostrando a versatilidade, preparación e capacidade de adaptación das súas persoas egresadas.
Na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo traballamos cada día para formar profesionais preparados para afrontar os retos dun mercado laboral en constante evolución.
🔗 Máis información na noticia de La Región: https://www.laregion.es/ourense/nueve-diez-titulados-uvigo-empleo_1_20260718-4356364.html?fbclid=IwY2xjawTNsKBleHRuA2FlbQIxMQBzcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEe9F2HRcV026V9wcXCC-aQm0foA763O2HVWbKsre33PcFA5MAh-SI3A1tT1-E_aem_NqrdeUgeeCBF9-kFwfOPXg
🎓🌍📈
21/07/2026
🌞 A finais de xullo... a actividade continúa na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo!
Mentres moitos xa están a g***r do verán, na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo seguimos sumando éxitos académicos. Nos últimos días defendéronse tres teses de doutoramento do Programa de Doutoramento en Turismo, coordinado polo profesor José Antonio Fraiz Brea.
🎓 Parabéns aos novos doutores e doutoras:
✅ Héctor José Pena Taboada, pola tese “Impacto del fútbol en la imagen y promoción de destinos turísticos: el caso de A Coruña y Vigo a través de sus clubes profesionales y del Trofeo Teresa Herrera”, dirixida por José Antonio Fraiz Brea e Valentín Alejandro Martínez Fernández.
✅ Ricardo Jorge Pacheco Coutinho, pola tese “A Importância do Voluntariado Internacional para a Imagem dos Destinos Turísticos: Um Estudo Empírico no Contexto Ibérico”, dirixida por José Antonio Fraiz Brea e Bruno Miguel Barbosa Sousa.
✅ Lígia Andreia da Silva Azevedo, pola tese “O turismo militar. Estudo sobre o turismo nos castelos de Portugal”, dirixida por José Antonio Fraiz Brea e Vítor André Leitão de Sá.
👏 O noso recoñecemento ás persoas doutorandas polo esforzo realizado ao longo destes anos e aos seus directores e directoras pola súa dedicación e acompañamento no proceso investigador.
💚 Moitos parabéns por este importante logro académico e profesional. Desexámosvos moitos éxitos nesta nova etapa!
20/07/2026
Parabéns, Elena!
Dende a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo queremos felicitar á nosa profesora Elena Rapoport, que hoxe acadou a categoría de Profesora Titular de Universidade tras superar con éxito a súa defensa ante o tribunal.
Este importante logro é o recoñecemento a unha destacada traxectoria académica, investigadora e docente, marcada polo esforzo, a dedicación e o compromiso coa excelencia universitaria.
Estamos moi orgullosos de contar con profesionais que contribúen cada día ao avance do coñecemento e á formación do noso estudantado.
💙 Moitos parabéns por este merecido recoñecemento e moitos éxitos nesta nova etapa!
17/07/2026
Parabéns, profesor Patricio Sánchez! 🎓👏
Dende a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo queremos trasladarlle os nosos máis sinceros parabéns ao profesor Patricio Sánchez pola consecución da categoría de Catedrático de Universidade, acadada hoxe tras a defensa realizada ante tribunal.
Este importante logro recoñece unha traxectoria marcada polo compromiso coa docencia, a investigación e a transferencia de coñecemento, así como a súa contribución ao prestixio da nosa facultade e da Universidade de Vigo.
Un merecido recoñecemento ao esforzo, dedicación e excelencia académica desenvolvidos ao longo da súa carreira.
💙 En nome de toda a comunidade da FCETOU, enhoraboa por este novo fito profesional e moitos éxitos nesta nova etapa!
15/07/2026
📢 XXVIII Seminário Luso-Espanhol de Economia Empresarial (SLEEE 2026)
A Universidade do Algarve organizará en Faro (Portugal) o XXVIII SLEEE, que terá lugar do 11 ao 13 de novembro de 2026. O encontro reunirá persoal investigador, profesorado e alumnado de doutoramento para debater os desafíos actuais da economía da empresa, con especial atención á dixitalización, internacionalización e sustentabilidade das PEME.
🔹 Envío de contribucións científicas
🔹 Networking académico internacional
🔹 Intercambio de coñecemento entre investigadores de España e Portugal
ℹ️ Máis información: https://sleee2026.ualg.pt/
Home - XXVIII Seminário Luso-Espanhol de Economia Empresarial
Encontro científico que reúne a comunidade académica e empresarial ibérica para debater os desafios da economia da empresa, promovendo a partilha de
14/07/2026
🎓✨ Da aula ao emprendemento turístico: parabéns, Yendy Carolina García!
Esta mañá, a nosa alumna Yendy Carolina García, do Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde, defendeu con éxito o seu Traballo Fin de Máster titulado:
📖 “O storytelling como ferramenta estratéxica para o desenvolvemento do turismo literario en Celanova”.
A súa investigación analiza o potencial do patrimonio literario de Celanova e como as historias das persoas que habitan o territorio poden converterse nun recurso innovador para a promoción turística. Deste traballo nace “Destinos que contan”, un proxecto emprendedor recoñecido polo programa Incuvi da Universidade de Vigo, que propón achegar a riqueza cultural e humana de Celanova a través de cápsulas audiovisuais para as redes sociais.
🌍 A traxectoria de Yendy é tamén un exemplo de talento, esforzo e compromiso co territorio. Chegada desde Venezuela e afincada en Celanova, transformou a súa experiencia persoal e académica nunha proposta que aposta por un turismo de interior sostible, baseado na identidade, na memoria colectiva e nas historias que fan únicos os destinos.
👏 Desde a Fcetou queremos felicitala polo excelente traballo realizado e desexarlle moitos éxitos nesta nova etapa profesional e emprendedora.
🔗 Máis información: https://www.farodevigo.es/ourense/2026/07/10/tesis-turismo-ourense-universidad-de-vigo-132305883.html
09/07/2026
📣 Queres gañar experiencia mentres continúas coa túa formación na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo ?
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense oferta unha Bolsa de Formación en Tratamento e Difusión de Actividades Relacionadas coa Titulación (15 horas semanais). Entre as competencias que poderás adquirir destacan a busca e análise de información, a difusión de actividades académicas, o deseño de contidos divulgativos, a edición de imaxe e o uso de ferramentas TIC.
✅ Dirixida ao estudantado matriculado nalgún dos graos ou do mestrado da FCETOU.
✅ Dedicación de 15 horas semanais, compatible coas obrigas académicas.
✅ Unha oportunidade para adquirir experiencia práctica en comunicación, divulgación e promoción das actividades da facultade.
📅 Prazo de solicitude aberto ata o 31 de xullo.
🔗 Consulta toda a información e presenta a túa solicitude: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1893
07/07/2026
📢 Nova oferta de emprego para o noso alumnado e persoas tituladas!
A través do Career Center da UVigo, publícase unha oferta para o posto de Técnico/a de Cálculo en RUA Abogados, empresa líder en xestión legal e reclamacións bancarias. O posto está localizado no Carballiño (Ourense) e ofrece contrato indefinido con opción de teletraballo parcial.
🔹 Grao en Administración, Economía ou disciplinas afíns.
🔹 Dominio avanzado de Excel e capacidade analítica.
🔹 Valorarase experiencia previa en banca, asesoría financeira ou contornas xurídico-económicas.
🔹 Prazo de candidatura: 5 de agosto de 2026.
👉 Consulta todos os detalles e presenta a túa candidatura:
https://uvigo.jobteaser.com/es/job-offers/6eeea4b2-300c-45eb-942b-4149472044bb-rua-abogados-tecnico-a-de-calculo
Unha excelente oportunidade para desenvolver unha carreira profesional nunha empresa en expansión que combina tecnoloxía, análise económica e servizos xurídicos. 🚀