03/05/2026
Escola Infantil Lecer deséxavos a todas a nais un feliz día. Pero non queremos excluir de este bonito dia a todas aquelas persoas que desempeñan ese papel na vida de alguén. Nai e aquela persoa que nos ama,nos arroupa cando imos durmir, nos calma cando temos un pesadelo, nos abraza, nos conduce da súa man por os camiños da vida... Para as mamas e para esas persoas que sen chamarlles mamá son importantes na sua vida os nenos e nenas da escola fixéronlle un regaliño para obsequialas neste día.
01/04/2026
Finalizou o segundo trimestre. Os nenos e nenas de escola LECER de Ourense, levaron para a casa todos os traballiños deste periodo nunha carpeta para compartir con toda a familia. Vai ser un momento entrañable cando todos xuntos vexades os seus progresos. Pero ademais como estamos en Pascua nós quixemos agasallalos con un chocolate.
Felices vacacions e felices Pascuas.
19/03/2026
En escola infantil LECER celebramos o día do pai e de todas aquelas persoas que fan o papel de pai na familia, unhas veces é o pai, outras veces é a nai a que fai os dous roles e incluso unha institucion con todas as persoas que coidan e aman aos nen@s. Por iso ningún nen@ quedou excluido da preparacion do regaliño para esa persoa importante da sua vida. Sabemos que a todos vos vos fixo moita ilusion recibir este regalo e sabemos que llo fixestes saber. LECER deséxavos moitas felicidades
13/02/2026
Co xoves de compadres e o de comadres, inauguramos o entroido en Ourense. Na escola Lecer tamen. Os nenos como todos os anos fixeron as comadres, as nenas os compadres. E hoxe venres, tivemos a gran festa do entroido. Por a maña a nosa escola convertiuse nun bonito hospital cun monton de sanitarios. E por a tarde a festa continuou pero cos disfraces que trouxeron da casa. Bailamos, fixemos fotos, merendamos... e acabamos todos moi cansados pero felices.
22/12/2025
Rematou o primeiro trimestre. Xa coñecemos os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras, das profes da escola, xa conseguimos algúns hábitos.... e aprendemos moitas cousas xogando. Pasámolo moi ben. Ao remate deste trimestre levamos para a casa unha carpeta con todos os nosos traballiños para ensinarvolos a vós, papás e mamás.Mirádeos con atención. Algunhas cousas requeríron moito esforzo pola nosa parte. Ademais e como estamos no Nadal levamos unha felicitación. Nós, e tamén todo o equipo de escola infantil LECER, querémosvos desexar FELICES FESTAS e un BO ANO NOVO.
11/11/2025
Hoxe é o dia do San Martiño. En Ourense o día dos magostos. Neste tempo recollese a castaña e desde hai moitos anos facemos unha festa de reunions familiares e amigos, arredor do lume onde se asan as castañas e os chourizos.
Na escola traballamos durante toda a semana a festa dos magostos. Ata os nenos e as nenas de 2 a 3 anos fixeron un conto que despois levaron á casa.
01/11/2025
Onte rematou o mes de Outubro e con el, o día do Samaín. a escola decorámola con cousas de medo, cabaciñas, pantasmas, morcegos, arañas... e en cads clase facemos coa axuda da nosa profe algo para levar para a nosa casa. O día do Samain é festa. Este ano disfrazámonos de momias. Metíamos moito medo pero nós rímonos moito, bailamos e xogamos con globos.
22/06/2025
Remata o terceiro trimestre e remata o curso. Para algúns supón o fin dunha etapa. Deixan atras a escola infantil para comenzar no colexio no mes de Setembro. Aos outros seguiremolos tendo entre nós. A todos eles desexámoslles unhas felices vacacions e unha feliz vida.
O venres saían entusiamados coa sua maletiña chea dos seus traballos e os diplomas de fin de curso.
Esperamos que disfrutarades con eles/as, que os escoitarades, que conversarades...Recordai que é moi importante para eles.
Un abrazo para os que xa se van e para os outros dámosnolo o luns.
04/05/2025
MAMÁ. Unha das primeiras palabras que sae por a nosa boca.
Hoxe facemos unha homenaxe a aquela persoa que nos deu a vida. Pero tamen, sobre todo a aquela persoa que nos quere, que nos mima,que está ahi cando a necesitamos,que nos da seguridade, a que non nos cansamos de dar Amor e a que voltamos sempre cando as cousas se torcen. Todos e todas temos unha persoa asi na nosa vida. Hoxe é o día que lle adicamos e para demostrarlle o que sentimos entregámoslle o regalo que lle fixemos.