Aloumiños no Bosque

Aloumiños no Bosque

Compartir

Aloumiños no Bosque é unha asociación sen ánimo de lucro co obxectivo de achegar a infancia á natureza.

Photos from Aloumiños no Bosque's post 18/06/2026

🌿🐴 Pechar o curso rodeadas de cabalos, natureza e persoas que comparten con xenerosidade o que saben é un verdadeiro agasallo.

Onte tivemos a sorte de visitar , onde Alberto nos abriu as portas do seu proxecto para acompañarnos nunha xornada inesquecible.

Da man de Niebla, Bella e Aira —avoa, nai e neta— achegámonos ao mundo dos cabalos desde o respecto, a observación e o vínculo. Puidemos coñecer un pouco mellor a súa forma de vida en liberdade, observar os seus comportamentos, aprender sobre as súas necesidades e descubrir a historia que cada unha delas leva consigo.

Alberto compartiu connosco moito máis que información. Compartiu tempo, presenza, paciencia e unha forma de relacionarse cos animais que nace do coñecemento profundo e do respecto.

Tamén tivemos a oportunidade de ver de preto o traballo do ferreiro mentres arranxaba os cascos das eguas, descubrindo un oficio que poucas veces temos ocasión de observar.

Nun mundo que tantas veces corre demasiado rápido, atopar persoas que se deteñen para compartir o que aman é algo que valoramos profundamente.

Grazas, Alberto, pola túa acollida, pola túa xenerosidade e por acompañarnos a mirar os cabalos con máis admiración, máis comprensión e máis respecto.

E grazas tamén a Niebla, Bella e Aira por todo o que nos ensinaron sen dicir unha soa palabra. 🤍🐴

14/05/2026

Moitas veces, o que move a buscar outro lugar para a infancia non é unha certeza.

É unha sensación.

A sensación de que o ritmo é demasiado rápido.
De que falta natureza.
De que a infancia precisa máis tempo, máis corpo, máis vínculo.

Aloumiños naceu desa pregunta.

E tamén do desexo de acompañar doutro xeito.

De crear un lugar onde a infancia poida medrar con tempo, natureza e vínculo 🌿






11/05/2026

🌿 CAMPAMENTO DE VERÁN 2026 🌿

Xa están abertas as solicitudes para o campamento deste verán ✨

Un espazo de natureza, xogo libre, comunidade e acompañamento respectuoso onde habitar o verán sen présa.

🐣 Raións (2–6 anos)
🐗 Xabaríns (7–10 anos)
🦌 Corzos (11–16 anos)

📅 Do 29 de xuño ao 14 de agosto
📍 Beiro, Ourense

💛 No cartaz atoparedes unha pequena parte da información. Se precisades saber máis sobre o funcionamento do campamento, horarios ou organización, podedes escribirnos a [email protected] e enviarémosvos toda a información que necesitedes.

📄 O enlace para facer a solicitude está dispoñible na bio.

✨ Prazas limitadas

Vémonos no bosque 🌿

30/04/2026

🌿🌞 Presentámosvos as nosas Xornadas Rexenerativas 🌞🌿

O sábado 16 e o domingo 17 de maio convocamos esta minka dedicada á rexeneración dunha parte do noso espazo.
Plantaremos 🌱 e sementaremos en diversidade, seguindo os principios da agricultura sintrópica, e aproveitaremos os recursos da contorna para crear os niños que acollerán novas especies. 🌻🪻
O refuxio xa está preparado, con árbores e sementes agardando a ser plantadas…
E ti?
Úneste a este encontro de aprendizaxe, comunidade e rexeneración? 🤲🏼💜

📧 Escríbenos a [email protected] para anotarte ou recibir máis información

Agardámoste

16/04/2026

Ás veces, para entender un lugar…
hai que vivilo 🌿

Este maio abrimos o bosque para compartir dúas tardes en familia.
Un tempo para xogar, explorar e estar na natureza, e achegarse a Aloumiños desde dentro, sen présa.

🌿 Encontro de balde

📍 Beiro (Ourense)
📅 7 e 28 de maio

Prazas limitadas
📩 Escríbenos para máis info

08/04/2026

🌿 Soltar e confiar: integrar o camiño feito

Xa temos nova data para o último encontro de Comprendendo á infancia.

Será un espazo para pechar o ciclo, mirar o camiño percorrido e integrar o vivido, soltando expectativas e confiando máis nos procesos, nas crianzas e en nós como persoas adultas que acompañan.

Pechamos un proceso compartido, tecido encontro a encontro, no bosque e en comunidade.

📅 25 de abril · 10h–13h
📍 Aloumiños no Bosque · Beiro (Ourense)

Se che resoa, escríbenos 🌱








07/03/2026

🌿 Do lugar na familia á tribo que sostén

No último encontro de Comprendendo á infancia estivemos mirando o lugar que ocupamos na familia. Falamos de orde, de coidado e de descanso, e de como cando cada persoa ocupa o seu lugar o sistema pode respirar un pouco máis.

No próximo encontro abriremos a mirada un pouco máis alá da familia nuclear para preguntarnos:
quen sostén a crianza cando non hai tribu?

🌿 Tribu e pertenza: do individualismo á rede que sostén
Un espazo para mirar a necesidade de comunidade e de apoio mutuo, e para explorar que pasa cando pasamos do “eu podo con todo” a unha crianza máis compartida.

📅 14 de marzo · 10h–13h
📍 Aloumiños no Bosque · Beiro (Ourense)

Se che resoa, escríbenos 🌱








24/02/2026

Esta primavera abrimos un tempo para xogar, explorar e vivir o bosque con calma. 🌿

O noso Campamento de Primavera é unha proposta para crianzas que precisan natureza, movemento, presenza e liberdade para ser.

📅 30 e 31 de marzo · 1 de abril
👧👦 De 3 a 12 anos
⏰ 9.30 – 14.30

As inscricións xa están abertas.

👉 Enlace para facer a solicitude: https://forms.gle/ASYPKY49FQ9YuUz66

Se tes dúbidas, escríbenos sen problema 💚

22/02/2026

Atopar o noso lugar na familia: orde natural, coidado e descanso.

Despois de mirar os vínculos e o apego no último encontro, seguimos profundizando nunha pregunta esencial:
✨ que lugar ocupa cada persoa dentro da familia?

No cuarto encontro de Comprendendo á infancia imos explorar o concepto de orde natural dentro do sistema familiar: os roles, as funcións, os equilibrios invisibles e como todo isto inflúe no benestar das crianzas… e tamén no noso.

Cando os lugares están claros, hai máis descanso.
Cando os coidados están repartidos, hai máis sostén.
Cando cada quen ocupa o seu lugar, aparece máis harmonía.

Será un espazo vivencial para observar dinámicas familiares, tomar conciencia de patróns e preguntarnos:
– Estou ocupando o lugar que me corresponde?
– Estou asumindo máis do que me toca?
– Onde queda o meu descanso?

Porque acompañar á infancia tamén implica revisar o sistema no que esa infancia medra.

📅 28 de febreiro · 10h–13h
📍 Aloumiños no Bosque · Beiro (Ourense)

Se che resoa, escríbenos 🌿





Photos from Aloumiños no Bosque's post 12/02/2026

Non hai unha única maneira de acompañar a infancia, pero si hai algo que temos claro: o tempo, o vínculo e a natureza importan.

Aloumiños é un proxecto de escola na natureza para crianzas de 3 a 6 anos, onde o xogo libre, o vínculo e o tempo sosteñen o día a día.

Sabemos que elexir un lugar para os primeiros anos dunha crianza é unha decisión importante.
Por iso abrimos as portas a familias curiosas que queiran coñecer o espazo con calma, facer preguntas e sentir se resoa co seu momento vital.

As visitas realízanse de maneira individual ou en pequenos grupos, para poder atender con coidado as inquedanzas e necesidades de cada familia.

Se sintes que a túa crianza podería medrar aquí, será unha alegría recibirvos. 🌿

📩 Escríbenos por mensaxe privada ou ao correo para concertar unha visita.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Página web

Dirección


Ourense
Orense