02/10/2025
Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignas
Persoal non docente da administración e servizos dos centros de ensino concentrouse na tarde deste mércores, día 1 de outubro, diante das xefaturas territoriais de Educación para reclamar a negociación dun acordo de condicións de traballo que teña en conta as características específicas da prestación deste servizos, a creación dunha estrutura profesional nas cociñas, e recuperar e mellorar os dereitos do V Convenio colectivo.
Con estas protestas simultáneas, a CIG dá continuidade á manifestación realizada o pasado 30 de xuño diante do edificio da Xunta en Santiago de Compostela na que participaron máis de 300 traballadores e traballadoras. Porén, a Consellaría de Educación “segue a ignorar ao seu persoal dando largas a unha negociación que se tiña que ter producido xa hai anos”.
A CIG-Administración Autonómica explica que están sen negociar ratios e itinerancias, “que na Xunta hoxe xa son peores que no sector privado”; o persoal funcionario e administrativo leva máis de 20 anos sen negociar condicións”; e agora “tampouco están reguladas as funcións e as condicións laborais do persoal que quedou sen convenio logo da funcionarización”.
Un proceso, ademais, no que algunhas categorías foron funcionarizadas á baixa, desprofesionalizándoas, como é o caso do persoal coidador ou o persoal de cociña.
https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7965
28/04/2025
1 de maio co CIG.
11:30 horas dende a Praza Maior
17/07/2024
Ourense esmorece e nós querémolo impedir
16/02/2023
Educación querecargarse unha morea de prazas de centros de ensino
Para favorecer a sua nova estrutura coa que crea máis de 12 postos de subdirección e xefatura de servizo e sección, xunto a 5 postos de xefatura de negociado. Aproveitan para empeorar as condicións de traballo nos centros de ensino e nos arquivos e bibliotecas, que pasan a xornada partida (maña e tarde). E funcionarizan prazas a moreas sen negociar a estrutura salarial e mudar horarios.
RPT de Educación: resumo da xuntanza do 13/02/23
CIG-Administración Autonómica. Confederación Intersindical Galega.
26/01/2023
📣Procesos selectivos de estabilización (Lei 20/21): preguntas frecuentes, ampliación de prazo, modificación de temario e convocatorias
👉Función Pública actualizou no web o seu FAQ (preguntas frecuentes) sobre os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021. Por outra banda, lembramos que o día 23/01/2023 publicaron no DOG a modificación das convocatorias e dos temarios. Por mor das modificacións das convocatorias ampliaron o prazo de inscripción, que pasou a ser ata o día 17 de febreiro. Se necesitas axuda coa solicitude, contacta coa CIG.
🔗
Procesos selectivos de estabilización (Lei 20/21): preguntas frecuentes, ampliación de prazo, modificación de temario e convocatorias
CIG-Administración Autonómica. Confederación Intersindical Galega.
19/01/2023
📣Xunta modifica bases das convocatorias de estabilización
👉CCOO e UGT votan a favor dun texto que Xunta só nos ensinou despois de aprobado. Véndense por estar nunha "comisión de seguimento" na que amañarán “cousas que vaian xurdindo sobre a marcha”.
Nesta última semana a CIG traballou arreo e seguiu a aportar máis de trinta cuestións que necesitaban arranxo ou aclaración para o correcto desenvolvemento dos procesos selectivos de estabilización. Algunhas melloras que propuxemos foron adiante, outras non.
Moi mal se están a facer as cousas para ter que prever unha comisión de seguimento para poñer parches nunhas convocatorias de procesos selectivos.
Chegados a este punto, imos tratar de dar resposta as cuestións que nos foron chegando e que levamos, de novo, ás mesas (16 e 17 de xaneiro):
🔗
A Xunta modifica as bases das convocatorias de estabilización
CIG-Administración Autonómica. Confederación Intersindical Galega.
30/11/2022
📣A carreira profesional poderá solicitarse a partires do venres día 2
👉O luns 28 de novembro publicaron no DOG os acordos para o desenvolvemento transitorio dos sistemas de carreira profesional (carreira administrativa para o persoal funcionario e complemento de desempeño para o persoal laboral). A convocatoria para solicitar o acceso extraordinario aos graos I e II está prevista para o DOG do xoves 1. E o prazo para solicitala comeza o venres 2/12/22. Serán 15 días hábiles.
🔗
A carreira profesional poderá solicitarse a partires do venres día 2
CIG-Administración Autonómica. Confederación Intersindical Galega.
25/11/2022
Contra a crise e a pobreza
O día 29 de novembro de 2022
ás 19:30
dende a Praza Maior de
16/11/2022
📣Ordes de convocatoria de acceso aos graos I e II da carreira profesional
👉A nova Orde para acceder ao grao I e II do sistema de carreira profesional ultímase en Mesa Xeral de Empregados Públicos. No arquivo que adxuntamos vai informe cos importes e as características. No noso web poderás descargar o documento íntegro.
🔗
Ordes de convocatoria de acceso aos graos I e II da carreira profesional
CIG-Administración Autonómica. Confederación Intersindical Galega.
07/11/2022
📣A Xunta segue a manter o nivel de comisións de servizo en cantidades intolerabeis
👉Dende a toma de posesión do concurso xeral (xuño) ata outubro, incrementouse nun 400% respecto a xaneiro-xuño, o número de novas comisións de servizo e prórrogas. Un despropósito que podes valorar ollando os números que che ofrecemos. Unha mofa para o persoal.
A Xunta segue a manter o nivel de comisións de servizo en cantidades intolerabeis
CIG-Administración Autonómica. Confederación Intersindical Galega.
20/10/2022
Recuperar dereitos e salarios ✊✊