04/06/2026
Non á lgtbifobia. Fermosos cartaces do alumnado de sexto de primaria.
Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Equipo de Dinamización da Lingua Galega - CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, Escuela, Rúa Pena Trevinca, Orense.
04/06/2026
Non á lgtbifobia. Fermosos cartaces do alumnado de sexto de primaria.
18/05/2026
Hoxe, Laura, nai dunha das nosas alumnas de terceiro de primaria, falounos sobre as aves migratorias e, en especial, contounos moitas curiosidades sobre os cirrios. Escola e familia.
17/05/2026
"Vivín unha vida de bicos e palabras,cunha lingua que canta ao falala". (Begoña Caamaño)
Feliz Día das Letras Galegas.
15/05/2026
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas cun acto moi especial, homenaxeando a Begoña Caamaño na súa faceta de locutora de radio.
14/05/2026
Xa temos o mural adicado a Begoña Caamaño, a homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas.
03/05/2026
"Ei vén o maio de flores cuberto..."
Grazas ao alumnado de quinto de primaria por manter viva a tradición.
03/05/2026
02/05/2026
Aí vén o maio
de frores cuberto ...
..
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...
Arredor do primeiro de maio sóese celebrar a chamada Festa dos Maios, na que se exalta a natureza ao principio da primavera. Orixinaria das civilizacións romanas -algunhas investigacións considérannas aínda máis antigas- , realízanse representacións, bailes, cantos arredor dos maios: estruturas inspiradas en figuras de árbores pero que, na actualidade, adoptan formas máis variadas, adornadas de follas, flores, froitos. Tamén son típicas as coplas que se cantan -moitas veces, imprímense e véndense aos asistentes- nestas celebracións.
27/04/2026
Olga Novo recibe en Barcelona o III Premio Letras Galegas Vivas A poeta e ensaísta Olga Novo foi recoñecida o pasado sábado en Barcelona co III Premio Letras Galegas Vivas, un galardón impulsado pola Asemblea Cultural Gal...